Eventos

18/10/2022

Veciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 180 persoas dos municipios de Lugo, O Incio, O Páramo, Chantada, Castro de Rei e As Nogais as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Veciñal San Amaro de Barbaín, do Incio, e a Asociación de Comerciantes e Industriais da Milagrosa, de Lugo, viaxan á Mariña. Os primeiros comezaron a súa ruta na Granxa Gayoso Castro da institución provincial, antes de continuar cara Barreiros, para percorrer o seu paseo marítimo, visitar a praia das Catedrais e Rinlo e logo coñecer tamén o casco histórico da vila ribadense. Os de Lugo visitaron o Mazo...

leer más
Etiquetas:
18/10/2022

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.

As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Boa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 

Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.

Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os  Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Lourenzá acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, organizada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga) coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Durante a xornada, no recinto feiral laurentino, celebraranse diferentes probas e certames morfolóxicos e de andadura, entre elas, as finais do Campionato Galego Morfolóxico Oficial  de Pura Raza Galega de sementais e eguas, e tamén as probas finais do Campionato Galego de  Andadura de Cabalo Marchador Galego,  nas modalidades serrada e chapeada. O prazo de inscrición para participar nas probas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro.

A feira inscríbese no traballo de conservación e promoción do cabalo de pura raza galega que desenvolve Puraga desde a súa creacion, e incide...

leer más
Etiquetas:
16/10/2022

O Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.
 
O punto de encontro será no Peirao de San Ciprián ás 17:30 horas, e despois da andaina está prevista unha actividade de "Zumba Sentao" no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.
 
Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.
 
Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, "prendas que se entregaron nas andainas que...

leer más
Etiquetas:
15/10/2022

O vindeiro sábado, 22 de outubro, a partir das 19:30 horas arrinca o Entroido 2023 en Foz. Farao na carpa que estará no Campo da Cabana para elixir a quen será a nova raíña do Entroido 2023.

Haberá servizo de barra e unha pulpería con polbo, churrasco e xamón. 

Desde a organización recomendan non esquecer os disfraces: “non te esquezas do teu disfraz e das ganas de pasalo ben. Desde a Asociación O Noso Foz e desde o Concello de Foz desexámoslle a mellor das sortes a todas as candidatas”. 

 

Etiquetas:
14/10/2022

A Biblioteca de Ourol organiza esta actividade para nenos/as e familias desde os 3 anos e ata os 99. Hocus Pocus é un espectáculo cheo de maxia, xogos, música e diversión. 

Será o 20 de outubro ás 18:30 horas no edificio multiusos de Ourol.

Os asistentes gozarán unha festa aloucada, divertida, dinámica e con moitas sorpresas. 

Para acudir é preciso inscribirse ata o 18 de outubro no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051 (whatsapp).

A entrada é de balde. 

13/10/2022

O vindeiro domingo, 16 de outubro, ás 19.00 horas a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro acolle o acto de divulgación literaria  “Estrelas no bico, na fronte un cantar”, protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.

En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: "Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas."

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

 

Etiquetas:
13/10/2022

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.

Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...

leer más
Etiquetas:
12/10/2022

El hotel Vila do Val acogerá los días 14 y 15 de octubre el II Torneo de Bridge Valadouro.

En el evento participarán 38 parejas procedentes de Asturias, Cantabria, Castilla-León, Galicia y Portugal. El torneo comenzará a jugarse el viernes a las 19:30 horas y continuará el sábado a las 17:30 hasta su finalización sobre las 20:30 horas. 

Está organizado por el Club Bridge Cidade de Lugo desde donde señalan que “la finalidad es dar a conocer la comarca de A Mariña a través de bridge, así como este juego que es universal”. Durante la mañana del sábado los asistentes harán una visita a la Torre del Mariscal Pardo de Cela, que será guiada por Jesús Pisón. Y el domingo se acercarán hasta la Basílica de San Martiño de Mondoñedo. 

La directora del hotel Vila do Val, María Hermida, asegura que “...

leer más