Eventos

08/05/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar.

“O vindeiro 10 de maio achégate á chaira fronte ao Pavillón Municipal de Viveiro e participa nunha experiencia única: un Escape Room pensado para sensibilizar sobre os riscos dos xogos de azar. Unha actividade diferente, divertida e con conciencia. Serás quen de saír a tempo?”, anuncia o Concello de Viveiro.

A duración é de 45 minutos, para grupos de ata 5 persoas cunha idade mínima de 14 anos. A entrada é gratuíta.

Etiquetas:
08/05/2025

O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa  incluirá na súa  cuarta edición máis de 200 actividades formativas nas que participarán 7.500 alumnos e alumnas de infantil e primaria de toda a provincia.

O deputado Daniel García achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que particpan nesta edición do programa,  o proxecto de maior investimento -200.000 euros - e proxeccion que está a desenvolver a área de Rural.

O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa – Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós e Agromuralla - e coa presidenta da Fapacel Isabel Calvete, serviu para coordinar as actividades a...

leer más
Etiquetas:
08/05/2025

O conselleiro de Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, inaugurou este mércores pola tarde unha nova edición da Feira monográfica náutico pesqueira Expomar, acompañado da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e de representantes de todas as entidades que forman o Padroado da Fundación Expomar.

Abriu o acto Pablo Rivera, responsable da área de promoción económica e social da Deputación de Lugo. A continuación, tomou a palabra o subdirector xeral de Caladoiro Nacional e Augas Comunitarias de Segepesca, Juan Manuel Elices, en representación da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

A alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, puxo en valor a importancia deste evento non só para Burela, senón para todo o sector do...

leer más
Etiquetas:
07/05/2025

Do 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello. 

O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “as actividades que ofertamos son un campamento dixital gratuíto coa Fundación Cibervoluntarios, que se desenvolverá do 23 ao 27 de xuño para nenas e nenos de 9 a 13 anos; teremos tamén colonias urbanas do 30 de xuño ao 1 de agosto para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Serán 100 prazas por semana e o importe semanal ascenderá a 40 euros. Esta actividade pretende facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, de aí que contará cun horario especial de oito da mañá a tres da tarde”.

... leer más
Etiquetas:
07/05/2025

A Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Veciños San Xulián de Sante (Trabada), na organización do I Descenso de Carrilanas, que se celebrará nesa parroquia o sábado 24 de maio.

A proba foi presentada este mércores nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o presidente da entidade organizadora, Miguel Linares, entre outros.

A Xunta anuncia que “a xornada festiva inclúe tamén unha comida popular con paella no pavillón polideportivo, aberta a todas as persoas interesadas. O custo xeral é de 20 euros, de 18 para socios e participantes, e gratuíta para os menores de seis anos. As inscricións para as distintas actividades estará aberta ata o 21 de maio, e poden formalizarse no Teleclub de Sante ou ben por teléfono chamando ao 636.024.263. Os organizadores prevén reunir arredor...

leer más
Etiquetas:
07/05/2025

Desde o CCH de Viveiro explican que “continuamos ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do.Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios”. 

O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. 

Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Doe Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local. 
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 4 películas de animación e...

leer más
Etiquetas:
07/05/2025

A asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade organiza unha convivencia interexeracional este sábado, día 10 de maio, a partir das 11:00 horas no Monte Castelo, de Burela.

“Dende a Asociación Camiña organizamos unha actividade pensada para todas as idades e tamén para que as familias con nenos e nenas e persoas con algún tipo de diversidade poidan participar, compartir e desfrutar dun espazo seguro, tranquilo e inclusivo. De 11:00 a 13:00 horas haberá xogos tradicionais e inchable. De 13:00 a 14:00 horas, picoteo rico en boa compañía. Non haberá música, xa que respectamos as sensibilidades das persoas ao ruído. Inscrición previa obrigatoria, polas nosas redes sociais ou chamando ao teléfono 982.58.04.23 ou a través do 613.520.768 (whatsapp). Para os socias/-os é de balde e os non socios/-as debebn pagar 3 euros”,...

leer más
07/05/2025

Preto de 200 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a oito asociacións dos concellos de Begonte, Xermade, Lugo, Vilalba e Cospeito, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra. 

A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membrosda Asociación Veciñal Os Milagres Saavedra, de Begonte, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais, para dirixirse á aldea de Pionerdo onde coñeceron a palloza-museo Casa Sesto, e posteriormente a vila de Navia de Suarna para ver o traballo dunha fábrica de embutidos. Ademais, a Asociación Amuraxe, de Xermade,  visitará a fabrica de Sargadelos e, logo a vila de San Cibrao para achegarse ata o Museo do Mar e á...

leer más
07/05/2025

O pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...

leer más
07/05/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.

Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.

A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.