Eventos

05/09/2024

Vilaoudriz, na Pontenova, prepárase para celebrar as súas tradicionais festas na honra da Virxe dos Dores os días 13, 14 e 15 de setembro. O evento terá lugar no campo cuberto, baixo unha carpa que acollerá todas as actividades programadas.

As festas darán comezo o venres 13 de setembro ás 22:00 horas cunha gran churrascada no campo da festa, servida por Trastoy Eventos. O menú estará composto por empanada, xamón cocido, churrasco de porco, chorizo criollo e roxo, ademais de bebida, sobremesa e café. Os tíckets para a churrascada pódense adquirir contactando coa comisión organizadora, composta por Pepe (609282913), Iván (660002294) e Luis (609600427). Os prezos serán de 20 euros para adultos, 10 euros para nenos de 6 a 12 anos, e gratuíto para os menores de 6 anos. O prazo límite para a compra de tíckets será o 11 de setembro. Tras a...

leer más
Etiquetas:
05/09/2024

Dende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informan que xa está aberto o prazo ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras Coas nosas mans,  do Concello de Xove, que se celebrará o próximo 5 de outubro. 

Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es 

As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello 982592001 ata o 30...

leer más
05/09/2024

O 20 de setembro darán comezo as festas na honra a San Antonio e Santo Tomás en Santo Tomé (Lourenzá). As celebracións iniciaranse ás 21:00 horas cunha gran pulpada e churrascada servida por Pulpería Suso, seguida dunha verbena onde actuarán a orquestra Acordes e o Dúo Matices.

O sábado 21  a xornada comezará ás 13:30 horas coa misa solemne e procesión, á cal seguirá unha sesión vermú amenizada pola Orquestra D'Noche. Pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena contará coas actuacións do Grupo Fusión e D'Noche, ofrecendo unha noite de diversión e boa música.

Para pechar as festas, o domingo 22 de setembro haberá de novo misa solemne e procesión ás 13:30 horas, e nova sesión vermú coa orquestra Dinastía, que porá o broche de ouro a esta fin de semana festiva.

 

04/09/2024

A comisión de festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, Pedro Díaz, presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local.

O sábado o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite tocará a orquestra Magma, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.

O domingo é o día principal, coa ofrenda presentada este ano polo alcalde de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquestra Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as...

leer más
Etiquetas:
04/09/2024

O próximo 14 de setembro o do Sixto, no concello de Ourol, celebrará as tradicionais festas na honra á Virxe dos Remedios.

A xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. De seguido, terá lugar a animada sesión vermú, amenizada polo Dúo Caramelo.

Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular cun menú que inclúe callos, churrasco de porco, chourizo, patacas, postre, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 € e as reservas pódense facer ata o día 11 de setembro nos seguintes números de contacto: 606 668 054 (Cruz) e 669 308 211 (Adrián).

Xa pola noite, a celebración continuará cunha gran verbena, onde actuarán o Dúo Caramelo e o Dúo D'Cache. Para maior comodidade dos asistentes, instalarase unha carpa no Cruce de Lombao.

...

leer más
Etiquetas:
04/09/2024

A parroquia de Budián, no Valadouro, celebrará as súas tradicionais Festas na honra da Virxe das Dolores os días 13, 14 e 15 de setembro.

O venres 13 a partir das 21:00 horas terá lugar unha comida popular na que os asistentes poderán degustar empanada, xamón cocido, chourizo, pan e viño por un prezo de 15 euros por persoa. Esta xornada estará amenizada polo Dúo Crazy.

O sábado 14 a festa comezará ás 13:00 horas coa misa solemne e procesión na honra da Virxe das Dolores. A continuación, o Grupo Montreal ofrecerá unha animada sesión vermú, e pola noite será o mesmo Grupo Montreal quen se encargue de amenizar a verbena, acompañado dun DJ.

O domingo 15 a programación relixiosa repetirase ás 13:00 horas coa misa solemne e procesión. A xornada festiva pecharase cunha longa sesión vermú a cargo...

leer más
04/09/2024

Coincidindo cos preparativos para o inicio do curso escolar, a Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso 2024-2025, con multitude de propostas tanto presenciais como virtuais elaboradas a partir dos fondos do Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor.

O obxectivo da programación é achegar, un curso máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades, deseñadas para cada etapa -infantil, primaria e secundaria -  a partir da experiencia e da investigación educativa que se desenvolve nos museos provinciais

A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron o catálogo de actividades no Pazo de Tor, coincidindo coa...

leer más
03/09/2024

O Concello de Foz dá esta fin de semana o pistoletazo de saída a súa programación cultural outonal, que inclúe danza, teatro, circo de rúa e música. A presentación realizarase este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas na Sala Bahía, que acollerá dous espectáculos de danza. Poderán desfrutarse de forma gratuíta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o primeiro dos espectáculos que se poderá ver é Rito, unha peza que poñerán en escena os alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo en colaboración coa compañía Colectivo Glovo. A continuación será a quenda de Colectivo Glovo, coa súa obra Tabú. Agardamos que este primeiro día, no que comezamos a tempada con danza, o público poida ver a fantástica programación que deseñamos para os vindeiros meses”.

Inés López Couto engade que “o...

leer más
Etiquetas:
03/09/2024

A Deputación de Lugo vén de arrancareste martes a segunda quenda de viaxes da cuarta edición do programa Coñece a túa provincia.Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores, xoves e venres, nas que participarán preto de 1.600persoas de 69 entidades da provincia ata o 31 de outubro.

As primeiras entidades en desfrutar desta nova quenda de viaxes son aasociación de veciños Alexandre Bóveda Paradai, de Lugo, e a asociación veciñal Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro. Os da capital visitaron o Mazo de Santa Comba e achegáronse a Sober e Monforte de Lemos, mentres que o colectivo mariñán coñeceu o traballo que se leva a cabo na Granxa Gayoso Castro, e o concello de Negueira de Muñiz.

O Coñece a túa provincia vai xa pola súa cuarta edición, dividida en dúas quendas. A primeira desenvolveuse durante a...

leer más
03/09/2024

A localidade de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebra as súas festas patronais, na honra a San Miguel Arcángel, os días 28 e 29 de setembro.

O sábado 28 ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena. Ás dez da noite comezará a festa-verbena amenizada polas orquestras Salsarena e Capitol.

E o domingo 29 ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e sesión vermú co grupo Montreal. Ás 14:30 horas serviranse chourizos de porco celta de balde e ás dez da noite haberá verbena, que correrá a cargo do grupo Montreal.