Eventos

Etiquetas:
10/03/2025

A Queima do Antroido será o 22 de marzo. Así o decidiron o Concello e a comisión organizadora, tras o aprazamento do pasado sábado, debido á alerta meteorolóxica por fortes ventos. 

Esa xornada ás 21:00 horas partirá a comitiva fúnebre desde o Cantón, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas de Ribadeo: A Choca e Aturuxo. A Queima do Antroido terá lugar na avenida Rosalía de Castro no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.

Desde o Concello e desde a comisión organizadora animan “a acudir a despedir o Antroido 2025 o vindeiro 22 de marzo. Agardamos que ese día o tempo nos acompañe e que poidamos gozar dun espectacular broche de ouro”. 

Ribadeo porá así fin ao Antroido 2025. Atrás quedan a Gala Chuvia de Estrelas, a festa do freixó, o gran cocido...

leer más
Etiquetas:
09/03/2025
A Deputación de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe definitiva de entidades admitidas na quinta edición do programa Coñece a túa provincia. Un total de 132 colectivos foron admitidos na quinta edición deste programa de viaxes gratuítas destinado a entidades sen ánimo de lucro que teñen a súa sede nalgún dos 67 concellos da nosa provincia.
 
Desde que arrancou a iniciativa, no 2021, xa viaxaron pola provincia preto de 10.000 persoas, de 438 colectivos, e ten xerado un retorno económico de máis de  600.000€. A quinta convocatoria do programa Coñece a túa provincia ofrece un total de 3.036 prazas.Aceptáronse 201 entidades que entran na listaxe de agarda e 37 solicitudes foron excluídas por non cumprir con algúns dos apartados da convocatoria. 
... leer más
Etiquetas:
08/03/2025

As festas patronais de Burela celebraranse desde o día 23 de maio ata o 3 de xuño.

Os organizadores anuncian: “as Patronais de Burela 2025 xa están en marcha! Este ano a Asociación de Hostelería de Burela levará a organización das festas, contando coa colaboración de todas as entidades que veñen participando dende hai anos: ACIA, Arume, Dambara, Ledicia, Encaixeiras, Burela Floral, Coral, Representante de porteadores, ademais do Concello de Burela e a Cofradía de Pescadores. As festas son de todos e todas, así que se algunha entidades ou persoa quere colaborar, pode poñerse en contacto con nós”.

 

Etiquetas:
07/03/2025

A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia organiza a primeira edición de Encontros de Familias, un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias. 

Elena Sierra explica que “este programa incluirá tres encontros: o 21 de marzo estará dedicado á educación emocional; o 28 de marzo aos problemas de conduta; e o 4 de abril a familia e pantallas”. 

A concelleira de Familia indica que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo  benestar emocional e social da nosas crianzas”.

A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas, que serán reservadas por orde de...

leer más
Etiquetas:
07/03/2025

Continúan as visitas guiadas para coñecer o territorio mariñá da man de Guía tu día. A próxima será a mañá do domingo 16 de marzo na parroquia de Sargadelos no concello de Cervo. 

Sargadelos é lugar de parada obrigatoria xa que nela atópase a Cerámica de Sargadelos, selo da identidade e cultura galegas. Pero tamén conta cos restos das antigas fábricas de fundición e cerámica fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, comunmente coñecido como o Marqués de Sargadelos. 

Desde Guía tu Día explican: “falaremos da súa figura e o seu innovador proxecto nun paseo guiado sinxelo que nos levará polo Conxunto Histórico Artístico, o Museo Histórico e o Camiño Real. Unha vez rematada a ruta todo aquel que queira poderá quedarse a comer no Caseto de Copa en Cervo. O menú estará composto por empanada, lacón, postre, pan, bebida e...

leer más
Etiquetas:
07/03/2025

Con motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

O acto terá lugar ás 12:00 horas no entorno do Castelo de Castrodouro. 

Unha vez mais, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.

Durante a ofrenda, reflexionarase...

leer más
07/03/2025

A parroquia de Galdo, en Viveiro, celebrará unha festa de Entroido, este sábado, día 8 de marzo.

O festexo do Sábado de Piñata organizado pola Asociación de Veciños Camiño de Galdo empezará ás 22:30 horas coa actuación do dúo Son dos, con entrada libre.

Entregaranse premios e agasallos para os mellores disfraces nas categorías de individuais, parellas e grupos, que terán polo menos 5 compoñentes. E haberá lambetadas propias do Entroido.

06/03/2025

O Concello de Barreiros organiza durante este mes de marzo varias accións para celebrar o Día Internacional da Muller “promovendo a igualdade e visibilizando o papel fundamental das mulleres na sociedade”.

Este ano, en colaboración co obradoiro de emprego de dinamización que comparte co Concello de Ribadeo, levará a cabo varias actividades aos centros escolares.

No CEIP de San Cosme, este venres, 7 de marzo, ás 11:00 crearase a Árbore da igualdade. O alumnado do centro vestirá unha das árbores do recinto escolar para transformala nunha árbore da igualdade. As nenas e nenos tamén elaborarán pancartas e mensaxes de igualdade e apoio á muller que pendurarán da árbore simbolizando o seu compromiso cunha sociedade máis xusta e equitativa.

Os nenos e nenas do CEIP de San Miguel, xunto...

leer más
Etiquetas:
06/03/2025

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca á Mariña Lucense para “recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación. Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00 horas en Ribadeo baixo o lema Feminismo para transformar a vida das mulleres”.

A manifestación sairá desde o aparcadoiro de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo.

05/03/2025

O Concello de Foz declara marzo como Mes da Muller e organiza actividades para conmemorar o 8M.

A concelleira Ana Rojo anuncia que “o Concello de Foz, dende a Delegación de Muller e Igualdade, conmemorará o Día Internacional da Muller (8M) a modo de reivindicación e de consolidación dos dereitos da muller, homenaxeando neste día tan especial a todas as mulleres que impulsaron estes ideais, de maneira individual ou colectiva. Declaramos marzo Mes da Muller no noso concello co lema Pola igualdade real e efectiva entre homes e mulleres e organizamos un programa de actividades, dedicado a todas elas”.  

Ana Rojo especifica as actividades: “este venres, día 7, realizarase unha concentración ás 18:30 horas diante a Praza do Concello. A continuación procederase á lectura dun manifesto institucional do noso...

leer más