Eventos

12/03/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta Fervenza de Belelle, no concello coruñés de Neda, para o día 22 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Narón.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 19 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.

11/03/2025

O Concello de Viveiro organiza unha cea baile con motivo do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar no restaurante Louzao, de Area, este sábado, día 15 de marzo, ás 22:00 horas.

“Trátase dunha noite de convivencia na que queremos recoñecer o traballo e o labor das mulleres do nosos municipio”, sinala a alcaldesa, Mariña Gueimunde.

As persoas interesadas en asistir poden mercar a súa entrada por 50 euros no propio restaurante a partir deste mércores, 12 de marzo.

Etiquetas:
11/03/2025

Este martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.

As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.

Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.

11/03/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a edición deste ano da concentración de motos de Mondoñedo N-634, La invernal de Galicia, que terá lugar na cidade episcopal durante os días 22 e 23 de marzo, para a que xa está aberta a inscrición para participar nela".

Presentaron o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias, acompañado do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do concelleiro de Cultura, Alberto García, e da concelleira de Turismo, Patricia Otero.

Dende a organización e o Concello convidan a moteiros e moteiras a participar neste evento, que abre as concentracións de motos en Galicia, e dinlles que “veñan coñecer Mondoñedo, que van a gozar da experiencia”.

11/03/2025

A concelleira de Turismo en Xove, Cecilia Duarte Fernández, anuncia: “esta fin de semana, o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibiremos en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e visitarannos unhas 250 persoas. Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de autocaravanas, no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfronte do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil”.

Cecilia Duarte explica tamén que “o sábado realizarán distintas actividades, entre elas a ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira, en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños, na...

leer más
11/03/2025

O turismo ornitolóxico é un piar clave no posicionamento da Mariña Lucense como destino sostible. Promover o aproveitamento dos recursos naturais e o seu desfrute desde un punto de vista respectuoso permite plantexar un turismo de futuro, que minimice o impacto no territorio e que xere riqueza no mesmo.

Nesta liña, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense traballa no marco do Plan de Sostenibilidade Turística 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Ao abeiro do mesmo desenvólvense diferentes iniciativas, en colaboración con empresas especializadas, coas que impulsar A Mariña Lucense como destino turístico sostible polo seu valor natural, xeolóxico e ornitolóxico.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliñou que “no eido ornitolóxico,...

leer más
10/03/2025

Desde de la Xunta de Cofradías destacan que “el Programa Adral es ya un clásico de actividad religioso-cultural que organiza la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro. Es la preparación para vivir intensamente nuestra Semana Mayor, y que a través de conciertos, conferencias, etc. nos predispone a rememorar la Semana de Pasión de manera sentida como venimos insistiendo año tras año”.
 
Dará comienzo este sábado, 15 de marzo, a las 12:30 horas en el Salón Multiusos del Concello de Viveiro con la presentación del cartel representativo de la Semana Santa de Viveiro 2025, y todas las actividades del Programa Adral, “que intensamente lo viviremos hasta el día 12 de abril donde daremos paso al Pregón de la Semana Santa 2025”.

También el sábado, día 15, a las 20:30 horas en la iglesias de las MM Concepcionistas tendrá lugar...

leer más
10/03/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, está a organizar una viaxe cultural a Sada e Betanzos para o sábado 22 de marzo.

O colectivo organizador anuncia: “achegarémonos aos pazos de Meirás e de Mariñán e tamén percorreremos as rúas de Sada para contemplar as súas edificacións modernistas e a zona histórica de Betanzos. Así mesmo visitaremos os exteriores do complexo de Cerámicas O Castro, en Sada. O límite de prazas é de 37 persoas. O prezo da actividade será de 50 euros para soci@s e 60@ para non soci@s (viaxe, xantar e entradas incluídos)”. A saída será desde a estación de autobuses de Ribadeo ás 08:30 horas.

Para participar nesta actividade “haberá que facer preinscrición (até o xoves 13) enviando correo electrónico a agrupacionfranciscolanza@gmail.com Anotaremos por rigorosa orde de chegada das...

leer más
Etiquetas:
10/03/2025

Trabada celebrará a súa festa de Carnaval este sábado, día 15 de marzo, e o prazo para inscribirse no desfile remata este xoves.

O desfile empezará ás 18:00 horas e para participar “hai que inscribirse online ata o dia 13 de marzo no formulario Entroido 2025 (Facebook A.C. O Picato) e enviándoo ó mail asociacionculturalopicato@gmail.com. A recollida de dorsais farase o sábado de 16:00 a 17:00 horas”, explica a Asociación Cultural O Picato, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Trabada.

Haberá verbena, amenizada polo grupo Zona Zero e o DJ The sound Project. A entrega de premios será a partir das 00:00 horas e sortearanse cestas.

Etiquetas:
10/03/2025

Mondoñedo celebrará a Comida da Igualdade este sábado, día 15 de marzo, ás 14:00 horas en Finca San Antonio.

É un encontro lúdico de mulleres e homes no que compartir un espazo de igualdade. Haberá sorteo de agasallos e animación musical.

As inscricións e recollida de tarxetas poden facerse nas oficinas de Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse remata este mércores, 12 de marzo.