Eventos
Baixo o lema Libres e iguais: cada día máis fortes, O Concello de Alfoz anuncia as actividades programadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller: “como mostra de apoio e recoñecemento á loita das mulleres pola igualdade, a Casa do Concello tinguirase de violeta durante esta xornada.
Ademais, dentro do compromiso do Concello coa visibilización do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, publicarase a segunda edición de Mulleres de Alfoz. Esta iniciativa, que tivo boa acollida na súa primeira edición, recolle a traxectoria de mulleres do noso municipio, destacando as súa vidas de esforzo, superación e traballo. Nesta nova edición contarase coa representación dunha muller de cada parroquia, sumando un total de nove protagonistas. Todas elas comparten historias de vida marcadas pola dedicación e...
leer másA Área de Igualdade do Concello presenta unha ampla programación para conmemorar o Día Internacional da Muller. A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “teremos exposicións, teatro, concursos, cine e mobilizacións, as actividades buscan recoñecer o papel das mulleres ribadenses no pasado e no presente, así como fomentar a reflexión sobre os retos aínda pendentes en materia de igualdade”.
A edil de Igualdade sinala que “dentro duns días poderemos gozar no parque de San Francisco da exposición Mulleres x mulleres. Con esta mostra pretendemos promocionar e valorar o potencial das mulleres de Ribadeo do pasado, do presente e do futuro dando a coñecer o valor dos seus logros, creación, achegas… Os centros educativos participarán nunha actividade para achegar esta realidade ás novas xeracións”.
Sanjurjo segue a...
leer másLa segunda etapa de la peregrinación a Santiago de Compostela organizada por la asociación Amigos Camino del Mar hará el recorrido de Barreiros a Fazouro este domingo, día 9 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves.
La organización anuncia: “saldremos a las 9:15 horas del restaurante Asador, en Barreiros, en dirección a A Ponte Vella, de Fazouro (Foz). Esta etapa es de unos 19 kilómetros aproximadamente. Caminaremos por lugares que aparecen en la documentación histórica vinculada a la peregrinaciones en siglos pasados: capilla de A Espiñeira, Iglesia de Vilaronte, Capilla del Carmen, Basílica de San Martiño, Bispo Santo, Marzán,... y A Ponte Vella, cerca de la Iglesia de Santiago, de Fazouro. Sellaremos nuestras credenciales en un lugar emblemático de Foz, de la Mariña, de Galicia, y de España: en la Basílica de San...
leer másO Vicedo celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 8 de marzo.
As actividades empezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú dobre na que actuarán o dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. Desde as 17:30 horas haberá festa infantil con colchonetas e merendola ás 20:30 horas. Para as 21:30 horas está programado un desfile infantil e ás 22:30 horas comezará verbena amenizada polo dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. E ás 00:30 horas terá lugar o desfile adultos, no que se sorteará unha cesta e haberá premios para os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo 2025.
A saída será ás 17:30 horas desde a Avenida Rosalía de Castro para pasar polas rúas San Roque e Virxe do Camiño, Avenida de Galicia, rúa José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias e rúa Clemente Martínez Pasarón para rematar diante da Casa do Concello.
Concello de Ribadeo e comisión organizadora explican que “debido ao volume de participación decidimos manter o percorrido habitual do desfile do noso Antroido. É certo que se barallou acurtalo un pouco, pero finalmente pensamos que o mellor é que toda a vila poida gozar do noso desfile ao grande, como sempre se fixo, percorrendo as principais rúas de Ribadeo. Adoptamos esta decisión seguindo tamén as indicacións da Policía Local e de Protección Civil”.
Comisión organizadora e Concello animan “a veciños e visitantes a botarse á rúa mañá, martes de Antroido,...
leer másO Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller con actividades esta fin de semana, sábado día 8 e domingo 9 de marzo.
O sábado haberá unha andaina ás 17:00 horas, seguida dunha demostración de danza oriental na Casa do Mar. As interesadas en participar deben anotarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
Para o domingo está previsto o tradicional xantar ás 15:00 horas no restaurante O Noso Lar, que rematará con baile a cargo do dúo Dilema. Os tickets están dispoñibles no propio local. Ademais ese día tamén se entregarán os premios ás gañadoras do campionato de tute e parchís que se está a xogar xa na Casa do Mar.
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol invita a toda a veciñanza a participar no acto conmemorativo que terá lugar o día 7 de marzo, venres, no Edificio Multiusos ás 12:15 horas. Este acto consistirá na lectura da Declaración Institucional aprobada pola FEGAMP, baixo o lema Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as mulleres e nenas en toda a súa diversidade, facendo un chamamento á acción para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres. Así mesmo estará instalado un photocall para que todas aquelas persoas que o desexen participen sacando unha foto con unha mensaxe pola Igualdade. As fotos iranse subindo ás redes sociais do Concello durante o mes de marzo “co fin de lanzar unha mensaxe de unión e concienciación á poboación en calquera acción que promova valores de igualdade e...
leer másSerá a partir das 21:30 horas. Haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E non faltarán os premios aos mellores disfraces: individual, parellas e grupos, e especiais a menores de 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 16.
A Festa contará coa animación do Dúo Boreal.
O evento está organizado pola asociación de mulleres de San Román do Val.
Folgueiro, no concello do Vicedo, celebrará o Antroido este sábado, día 1 de marzo. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido; o prezo de cada ración é de 6 euros. E a continuación, baile co grupo Zona Zero e Disco Móbil Olymρο.
Haberá premios para os mellores disfraces en categorías de grupos, parellas e individuais.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.
Este venres, día 28 de febreiro, dá comezo a programación da Feira do San Rosendo 2025 ás 20:00 horas coa segunda edición da degustación de tapas elaboradas a base de carne de poldro de Pura Raza Galega polos bares de San Miguel, financiada pola Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do seu programa Un gusto de rural, un rural degusto.
O sábado, 1 de marzo, haberá misa con procesión ás 13:00 horas, seguida da actuación da sección infantil da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ao remate, sesión vermú co conxunto viveirense Escolma de Meus. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, disputarase un torneo aberto de billarda nas inmediacións da festa. Á noite, máis tapas de carne de poldro e verbena dende as 22:00 horas coa orquestra Los Satélites.
O domingo 2, día grande, a partir das...
leer más