Eventos
O Concello de Viveiro homenaxeará a Rosalía de Castro o día 22 de febreiro, sábado, no Teatro Pastor Díaz. O evento comezará ás 20:30 horas e terá entrada de balde ata completar aforo. Tratarase dun espectáculo multidisciplinar que combinará música, proxeccións e recitacións de poesía da autora. Correrá a cargo de Rafa Fernández (guitarra e composicións), Lara Dopazo (voz) e Iván Torrres (visuais).
“Dende Viveiro sempre celebramos á musa das letras galegas, para nós é referente tanto a nivel cultural como a nivel de muller que mudou as cousas dende un prisma feminista”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. Engadiu que “toda a xente que queira fotografarse con Rosalía ese día e subilo ás redes ten dispoñible o mural que temos na Biblioteca Pública Municipal, e así pode aproveitar o día para coller tamén un...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza un xantar para celebrar o Día de Rosalía. Será o sábado 22 de febreiro ás 14:30 horas no restaurante Costa Verde, situado na rúa San Francisco da vila ribadense.
“Xa estamos a preparar o Día de Rosalía! Imos facer un xantar de confraternidade con recital poético incluído. Non deixedes de gozar do caldo de gloria nin dos poemas de Rosalía que ti mesm@ poderás recitar”, anuncia a organización do evento, que engade: “o sábado 22 imos coller forzas celebrando a Rosalía, para o domingo percorrer as rúas de Santiago reclamando máis galego”.
Foz acollerá o décimo aniversario da Festa dos Pepes o día 22 de marzo, sábado.
As actividades comezarán ás 13:45 horas cunha recepción do alcalde a tódolos participantes diante da Casa do Concello de Foz. Ás 14:00 farán unha foto de familia e despois haberá un ruta polos bares de Foz. E ás 15:00 horas empezará a comida de confraternidade no restaurante As Brasas.
O prezo é de 40 euros e as reservas poden facerse a través dos teléfonos 628.429.737 (Cobos) ou 609.983.695 (Vila).
O Concello de Burela xa ten listo o programa do Entroido 2025, unha cita que cada ano reúne a centos de veciños e veciñas, así como visitantes que se achegan á vila para gozar das celebracións.
O festexo arrancará o venres 28 de febreiro e prolongarase ata o mércores 5 de marzo,cunha programación pensada para todas as idades na que non faltarán obradoiros, desfiles, música e o tradicional Enterro da Sardiña.
Desde o Concello de Burela animan a toda a veciñanza a participar nestas festas e a saír á rúa para “encher o pobo de cor, diversión e tradición”. A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destaca que teñen preparada!unha programación variada para que todas as persoas, desde os máis pequenos ata os maiores, poidan desfrutar do Entroido en Burela”.
Pola súa parte, a concelleira de...
leer másO programa Viaxa co Concello de Trabada promove o turismo cultural cunha nova viaxe organizada para os próximos días 29 e 30 de marzo. A actividade está destinada aos veciños e veciñas empadroados no municipio maiores de idade e ofrece unha oportunidade excepcional para descubrir importantes enclaves patrimoniais e culturais.
O prezo da viaxe é de 165€ por persoa e inclúe visitas guiadas ao Palacio de Gaudí en Astorga, ó museo e á Catedral de Astorga, As Médulas e o Castelo dos Templarios de Ponferrada. Ademais, están cubertos os gastos de comidas e cea, con aloxamento nun hotel de 4 estrelas en León e seguro de viaxe.
Segundo o alcalde de Trabada, Rubén García, "o obxectivo desta proposta é facilitarlle á veciñanza a posibilidade de coñecer diferentes lugares do noso país con tódalas comodidades e cunha...
leer másO Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...
leer másO IES de Foz celebrará os campionatos de baristas e de cata de cafés desde o día 19 ata o 21 de febreiro.
O mércores 19 de febreiro ás 16:00 horas disputaranse o XVII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o XII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería. Ás 20:15 horas será a entrega de trofeos e diplomas do campionato de Cata de Escolas e ás 20:40 horas haberá un cóctel de benvida.
O xoves 20 ás 09:00 horas continuará o Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería. Ás 12:45 horas desenvolverase a actividade Formación Carajillo 43, a cargo de D. Alfredo García-Moreno, Brand Ambassador Licor 43. Ás 13:15 horas entregarase o premio Espíritu Barista e ás 13:30 horas daranse os trofeos e diplomas do Campionato de Baristas de Escolas...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación para o vindeiro Entroido. As actividades comezarán o 28 de febreiro, venres, ás 17:30 horas cun baile infantil de disfraces, amenizado por Disco Móbil Conxuro, no pavillón municipal. Pero será o sábado día 1 de marzo, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o desfile de Carnaval polas rúas de Xove, “con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de 5.000 euros en premios para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello. As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse da páxina web do Concello de Xove: www.xove.es. Aqueles que se inscriban antes do 28 de febreiro obterán un agasallo.
Despois do desfile...
leer másLa Xunta de Cofradías viene de anunciar al Pregonero de la Semana Santa de Viveiro en 2025, que será el Rvdo. D. Juan Manuel Basoa Rodríguez, “muy vinculado a Viveiro donde dejó una gran estela de su buen hacer”.
Su elección fue unánime por los miembros de la directiva de la Xunta de Cofradías, “tanto por el buen legado dejado en nuestra ciudad como por sus destacadas dotes como orador, llegando hondo a los sentimientos de la audiencia a través de la palabra”.
La Xunta de Cofradías muestra su enorme satisfacción por poder contar con el Rvdo. D. Juan Basoa, ya que “encaja a la perfección con el enfoque buscado de cercanía con la identidad cristiana”.
Datos biográficos
Juan Manuel Basoa Rodríguez nació el 20 de enero de 1966 en Madrid, siendo el quinto de siete hermanos en una familia humilde. A los 5 años, se...
La Diócesis Mondoñedo-Ferrol organiza actividades para celebrar San Valentín los días 13, 14 y 15 de febrero (jueves, viernes y sábado) en Viveiro, Burela y Mondoñedo, respectivamente.
“Desde la Conferencia Episcopal Española nos invitan, un año más, a celebrar la Semana del Matrimonio entre los días 10 y el 16 de febrero, en torno a la fiesta de San Valentín (Día de los Enamorados). Se enmarca en la campaña Matrimonio es +, que se viene desarrollando desde el año 2022. Este año el lema es elegido es Llena su corazón. Hazlo latir. A nivel diocesano es la delegación de Laicos, familia y Vida la que coordinará todas las actividades programadas”, anuncia la Diócesis Mondoñedo-Ferrol.
Entre las actividades que programan están estas tres en A Mariña: Renovar nuestro sí. Queimada para dos....
leer más