Eventos
Xa está aberto o prazo de inscrición para anotarse no encontro de observación da natureza natureWatch, que se celebrará do 28 ao 30 de marzo no Centro Sociocultural de Barreiros. As personas interesadas poden inscribirse neste enlace:
https://www.encuentronaturewatch.com/
O evento natureWatch foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo como evento colaborador no 2017, ano no que se organizou por primeira vez, e desde entón celebrou máis de 20 edicións en diferentes provincias de España. Trátase dun evento referente que convoca a participantes nacionais e internacionais, congregando así en cada edición a un gran número de persoas relacionadas coa práctica e divulgación do turismo sostible de natureza.
A Mariña, destino natural
Os encontros...
En Ferreira do Valadouro haberá actividades de Entroido este domingo, día 2 de marzo, e o martes 4.
O domingo desde as 17:30 horas celebrarase o desfile con este percorrido: saída do Parque Concepción Arenal, Praza de Santa María, A Ponte, rúa Xistral, Avenida da Deputación, rúa Leandro Buján e chegada a Pavillón Municipal.
E o martes 4 terá lugar o Entroido infantil a partir das 16:30 horas na Praza de Santa María. Haberá inchables, pintacaras, toro mecánico, varredora, xogos e outras actividades.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este domingo, día 2 de marzo, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e das pandereteiras da Subela.
A Pomba do Arco convida a participar do acto e anima a que as persoas que o desexen elaboren as súas coplas, que poden depositar na Eskina, Leyton, Lar, Anduriña, Muelle Bar, Cervexaría Augas Santas, Funcional, Pachán, A Bolera, Dandy e Xoiña ou enviar á conta de correo electrónico apombadoarco@gmail.com.
O Concello de Xove inicia as actividades do Mes da Muller cunha andaina e chocolatada o día 8 de marzo, sábado.
“En Xove marzo é o Mes da Muller. Así quixemos lematizar este ano á programación de actividades polo Día Internacional da Muller, sendo o noso obxectivo principal seguir avanzando cara a unha sociedade mais igualitaria. Por isto este ano o mes de marzo estará cheo de actividades dirixidas ás mulleres, comezando o día 8, no que terá lugar unha andaina ás 17:00 horas. O punto de saída será o Centro Cívico do Concello. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, de maneira presencial, antes do día 5 de marzo”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase no salón de actos a xa coñecida chocolatada”.
Achéganse os días grandes do Entroido de Foz e segue aberto o praza de inscrición para participar no desfile que se celebrará este sábado, día 1 de marzo, desde as 16:30 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “Foz vive estes días a emoción do Entroido. O sábado 1 de marzo é o día grande, mais antes del, un par de citas importantes agardan en Foz. Este xoves ás 20 horas terá lugar a inauguración no Cenima da exposición dedicada a You & Caxé, os pregoeiros deste ano 2025. Para a continuación, ás 21.30 horas, acudir a pasar unha boa noite na Cea de Comadres organizada por Amas de Casa e Afammer. O venres é o día do pregón e as coplas. A partir das 20 horas na carpa da rúa Atalaia poderemos desfrutar do plan dos nosos pregoeiros e das coplas coas que nos deleitaran as peñas”.
Ademais Inés...
leer másIntensa actividade esta fin de semana no Forte de San Damián. O sábado, 1 de marzo, haberá xornada de portas abertas e visita guiada e o domingo, día 2, charla de Alberto Paraje.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana podemos gozar do Forte de San Damián. O sábado de 10:30 a 13:30 horas e tamén poderemos disfrutar dunha visita guiada ás 12:00 para a que debemos apuntarnos no correo castillosandamian @gmail.com”.
A edil ribadense continuou a relatar que “o domingo, 2 de marzo, ás 17:00 horas Alberto Paraje ofreceranos unha conferencia sobre o ataque inglés a Ribadeo no ano 1719. É un episodio salientable na historia da nosa ría, no que participaron conxuntamente o Forte de San Damián e a Batería da Atalaia, cun desenlace inesperado e deixando tras de sí dous dos pecios máis...
leer másA XXXII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 15 de marzo en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que “terán ao equinodermo como protagonista, como tributo á nosa cultura gastronómica e ao mar que nos rodea”, anuncia o Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola tenente alcaldesa, Mali Méndez, o concelleiro Alfredo Fernández e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.
O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking, que poderá ser seguido en directo polo público asistente que a continuación poderá degustar as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa instalada na...
leer másO Concello de Burela organiza este venres, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas no Salón de Plenos a presentación do artigo De Carmiña a Dona Carme. É unha peza elaborada pola cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, para a revista galega do ensino Eduga. O texto recolle a traxectoria de Dona Carme Iravedra Otero, figura clave no desenvolvemento educativo e social de Burela no século XX.
No acto estarán presentes a alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Educación e tenente de alcaldesa, Mario Pillado; a autora do artigo, Herminia Pernas Oroza; a filla da homenaxeada, Águeda Barcia Iravedra, Juan A. Granados Loureda, inspector de educación e director da revista Eduga, e Rira Gradaille Pernas, Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este evento...
leer másO Concello de Cervo anuncia que o alumnado de II BACH do IES Marqués de Sargadelos en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil organiza o Entroido Fest este venres, 28 de febreiro, na Praza dos Campos, de San Ciprián, a partir das 19:00 horas.
Haberá música, bingo, sobremesas, pintacaras, palomitas, chocolate e moitas sorpresas.
Sanxés, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra ó Santo Anxo esta fin de semana, desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
As actividades comezarán o venres pola noite coa inauguración do campo da festa. Haberá música tradicional e pinchos de balde, pero haberá que abonar a bebida.
O sábado ás 12:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá precesión e vermú co trío Mar de Caión, que tamén actuará na verbena xunto á cantante Verónica Cambón.
E o domingo a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con Dj Bombardero.