Deportes
O próximo 14 de agosto celebrarase a duodécima edición da Marcha Nocturna, que organiza a asociación Sendeiros de Foz. Como sempre, será pola ruta das praias de Foz e dará comezo ás 22 horas diante do Concello. Os organizadores lembran a importancia de levar farol ou lanterna.
Para participar é obrigatorio anotarse antes do 12 de agosto nos teléfonos 606718482 ou 670369017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo a pagar será de 5 euros para os non federados, que incluirá seguro de accidentes. Ademais haberá chocolate e biscoito.
O evento conta coa colaboración do Concello. Pasando por diferentes puntos da vila, a marcha rematará na praia da Rapadoira.
O Concello de Trabada organiza rutas de sendeirismo durante o verán. Todas elas darán comezo ás 10 horas na Oficina de Turismo cada mércores e domingo de agosto. Para participar, é preciso anotarse nos teléfonos 982-14-39-56 e 982-13-50-11 en horario de 10 a 14h ata o día antes da ruta que se desexe realizar.
A primeira ruta será o mércores 9 pola Fraga de Becerreira, que se repetirá tamén o domingo 27. Seguidamente, o 13 poderá realizarse a ruta do Monte Roxal-Teixido e o mércores 16 a ruta do Vento. Tamén, o domingo 20 está organizada a ruta da Subida ao Picato, que tamén está prevista para o domingo 30.
CD Lugo e SD Compostela disputarán este sábado, 5 de agosto, ás 18:00 horas no campo Martínez Otero a XXXIV edición do trofeo de fútbol Vila de Foz. Foi presentado hoxe, xoves, na Casa do Concello polo alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira; e o presidente do CD Foz, Pepe Rivera.
Rivera destacou: “este ano temos un cartel con dous equipos históricos da nosa Galicia, o Club Deportivo Lugo e a Sociedad Deportiva Compostela, e parécenos que vai ser un derbi interesante. Queremos poñer en valor a axuda do Concello e tamén agradecemos a todos aqueles directivos e outras persoas que se acercaron ao campo para axudar nos traballos de última hora. O partido empezará ás seis da tarde, pero as taquillas xa se abrirán ese mesmo día, o sábado, de 12 a 14 horas e tamén de 16 a 18 horas; é importante para todos aqueles que non...
leer másO club deportivo San Ciprián ofrece cursos de iniciación ao piragüismo en Cervo en dúas quendas semanais a escoller: dende o luns 7 ao venres 11 de agosto ou dende o luns 14 ata o venres 18 de agosto. O horario será de 10 a 12 horas cun prezo de 20 euros. As datas límites de inscrición serán respectivamente 4 e o 11 de agosto e o proceso de apuntarse realizarase no teléfono 610.35.18.77 a través de Whatsapp.
Existen diferentes requisitos para participar como saber nadar ou ter entre 8 e 14 anos. Ademais o club ofrece monitores, material e mesmo seguro da federación galega de piragüismo.
Os cursos, organizados polo club deportivo San Ciprián, contan coa colaboración do Concello de Cervo e a Federación Galega de Piragüismo entre outros.
Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina. Nesta ocasión será para realizar a ruta circular de Fazouro con saída ás 9 horas desde a Ponte de Ferro (Fazouro) o vindeiro sábado, 5 de agosto.
O último día para anotarse será o venres 4 e os prezos, como de costume, serán de 5 euros para os non federados e de balde para os que si o sexan.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo, xa que a dificultade da ruta a realizar é media. As persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información poden dirixirse aos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 e ao correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Os Sendeiros conta coa colaboración do Concello de Foz.
Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.
Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas esta mañá no campo de fútbol de As Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela.
Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.
Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para...
leer másLa XXXIII Semana Náutica Ría de Ribadeo fue presentada en las instalaciones del RCNR.
Esta nueva edición, que tendrá lugar del 4 al 19 de agosto, reunirá a más de mil participantes de vela latina, crucero y tradicional, según la organización. Habrá numerosas actividades: talleres de nudos, jornadas educativas, bautismos de buceo y mucho más.
En el acto de presentación intervinieron el presidente del Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández, y el delegado territorial de la Xunta, Javier Arias. Asistieron representantes de las empresas colaboradoras y patrocinadores de los trofeos de vela ligera, tradicional y crucero que se celebrarán esos días como ABanca, Acisa o Fergil Auto, entre otros.
O vindeiro sábado, 29 de xullo, terá lugar a sétima edición da carreira Burela Bonita a partir das 19 horas. O percorrido será de 5 quilómetros e haberá premios para as categorías absoluta masculina e feminina, que consistirán en Trofeo e 100 euros para os primeiros, Trofeo e 50 euros para os segundos e Trofeo para os terceiros.
A recollida de dorsais terá lugar na Praza da Mariña o mesmo sábado entre as 11 e as 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde. As categorías menores recolleranos a partir das sete da tarde na propia Praza da Mariña.
A carreira Burela Bonita ocasionará modificacións no tráfico rodado en Burela durante a xornada do sábado.
E o domingo disputarase a final do IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial de José Luis Yebra, que se está a disputar desde o...
leer másA presentación da novena edición da carreira “Benquerencia Terra Mar” foi realizada polos membros da Asociación Augas Santas Barreiros xunto con Daniel García, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.
Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.
A cita do vindeiro 6 de agosto, ademais da carreira absoluta, contará con carreiras infantís.
A saída de tódalas categorías terá lugar en Benquerencia, na transversal entre Rúa de Lugo e a Rúa do Pinar (mesmo lugar que a edición...
leer másA área recreativa de Santa Cruz, en Ribadeo, acolleu a presentación dunha nova edición de Encontros no Camiño, unha combinación de deporte e patrimonio cultural, a través da unión xerada polas rutas a Compostela. O trofeo de fútbol do mesmo nome disputarano a SD Ponferradina e o Arenteiro o vindeiro 29 de xullo ás sete da tarde no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinalou que “o Camiño de Santiago é un punto de encontro de persoas de diferentes países, idades e ideas. Ribadeo é porta de entrada do Camiño Norte e na nosa vila é onde se celebrara o día 29 o partido de fútbol Encontros no Camiño, unión de deporte e patrimonio cultural”.
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste encontro enfrontaranse o Arenteiro e a Ponferradina, dous equipos que...
leer más