Deportes
O 3 de setembro en Riotorto terá lugar a tercera edición da ruta de cicloturismo “Desafío do ferro”.
O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova. Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.
As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...
leer másA Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.
Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.
Burela acolle este mércores, 23 de agosto, un partido amistoso de pretemporada de baloncesto feminino, que disputarán os equipos Ensino de Lugo e BAXI Ferrol.
Presentaron o evento, por parte do Club Baloncesto de Burela, Rogelio Cayón, por parte do Ensino de Lugo, Cata Pollini, e por parte do Concello de Burella, o edil de Deportes, Carlos Méndez.
O encontro terá lugar o 23 de agosto ás 20:00 no pavillón Vista Alegre. A entrada será de balde.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro, no municipio de Foz, para o 3 de setembro, domingo. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Descanso.
A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 31 de agosto, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.
O Concello de Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro, a partir das 10:00 horas.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.
Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +900 metros.
Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a...
O Río Breogán iniciará na vila ribadense a súa pretempada o vindeiro 30 de agosto. Será co Trofeo Concello de Ribadeo - Festas Patronais 2023, no que se medirá ao FC Porto. As entradas para asistir a este partido están á venda desde hoxe no pub Ribanzo e en Multitienda Teresa. O encontro dará comezo ás sete da tarde no pavillón municipal de Ribadeo. Na presentación do Trofeo, que tivo lugar no Parador de Turismo de Ribadeo, participaron o alcalde, Dani Vega, o director xeral do Breogán, Tito Díaz, o presidente da comisión de festas, Juan Luis López, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para o traballo realizado pola comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo e tamén para o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, así como para o Parador de...
leer másA asociación Sendeiros de Foz organiza a última andaina para este verán. Esta será unha travesía de 13 kms polo cordal dos montes do Buio o sábado 26 de agosto. O punto de encontro terá lugar no Cenor Belianorte de Foz ás 9 da mañá.
Os organizadores comentan que a dificultade da ruta será media e aconsellan levar calzado con debuxo e bastóns para as zonas de pendente con grava solta.
Como noutras ocasións, é obrigatorio anotarse de antemán. Neste caso poderá facerse ata o 24 de agosto nos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ; onde tamén poderase recibir información adicional. Ademais os non federados deben pagar 5 euros.
Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos.
O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Iván Cao, técnico municipal de deportes.
“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.
Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581...
leer másO areal de Lago, no municipio de Xove, acollerá un curso de iniciación ao balonmán praia desde o mércores 16 ata o venres 18 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.
Está actividade, que é totalmente gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos.
Está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
El próximo 26 de agosto se llevará a cabo el V Trofeo de Pesca de Altura Real Club Náutico de Ribadeo.
Esta competición será exclusivamente en la modalidad de curricán de altura y está organizada y regulada por el comité organizador y de seguridad del Real Club Náutico de Ribadeo.
Se puede consultar el reglamento de la competición en el apartado de noticias de la web del Real Club Náutico de Ribadeo.
Inscripciones hasta el 18 de agosto.