Ribadeo
O obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...
leer másRibadeo, a contrapunto. A nova marca turística será presentada mañá, día 25, na Casa de Galicia en Madrid. Será a xornalista e escritora Sonsoles Ónega a encargada de amosarlle ao mundo a través de 28 frases asociadas a recursos a excepcionalidade de Ribadeo.
O acto dará comezo ás 21:00 horas. E no mesmo intervirán tanto o alcalde, Dani Vega, como a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que incidirán en que Ribadeo ten un carácter propio, marcado pola súa historia, pola súa tradición, pola súa cultura e pola súa xeografía: “todo iso permítenos bailar ao noso ritmo, a contrapunto”.
Na Casa de Galicia está prevista a proxección dun vídeo no que os asistentes gozarán dun territorio con grande personalidade e dinamismo propios, onde o movemento e a tranquilidade están en perfecto equilibrio.
... leer másO Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias e o Concello de Ribadeo organizan talleres de poda e enxertía de froiteiras e de reprodución de vexetativa de plantas ornamentais Os de poda e enxertía terán lugar en febreiro e o de plantas ornamentais en abril.
Os talleres de poda e froiteiras serán o 19 de febreiro en dúas quendas, unha pola mañá e outra tarde: de 9 a 14 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os talleres de enxertía de froiteiras terán lugar o 27 de febreiro, tamén en dúas quendas, mañá e tarde e os mesmos horarios. E o de reprodución vexetativa de plantas ornamentais está previsto para o 2 de abril nunha soa quenda de 9 a 14 horas.
Na súa intervención o director do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias, Manuel Valín, subliñou “a colaboración que estamos tendo e que...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros tres socios de Turquía, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo terá lugar a principios do vindeiro mes de febreiro en Lisboa.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, imos poñer en marcha agora, a inicios de 2024, un proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos. Preténdese elaborar unha serie de documentación e unha hidroxenera. É unha aposta moi clara polo tema do hidróxeno nos vehículos”.
Doural explicou que “imos traballar con 4 socios: un de Turquía; outro de Italia, concretamente da zona de Maranello, onde está...
leer másTeatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.
A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense...
leer másO 27 de xaneiro arrincan en Vilela os Seráns de Teatro do Concello de RIbadeo, que se enmarcan no programa Preto de Ti.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, subliñou que “desde la Concejalía de Bienestar Social seguimos apostando por dinamizar nuestro ayuntamiento. Así dentro del programa Preto de Ti comenzamos una nueva andadura con los Seráns de Teatro”.
A edil ribadense explicou que “el grupo de teatro Adala, de Fazouro, comenzará el sábado, 27 de enero, a las 19 horas en la escuela de Vilela con su obra Marina Club”.
Sierra dixo que “esta actividad continuará todas las semanas en una parroquia diferente. Animo a todos los vecinos y vecinas a participar, a juntarse y a disfrutar de un rato de entretenimiento y risas, que compartiremos todos juntos”.
... leer másRibadeo a contrapunto é a nova marca turística do Concello, que será presentada nun acto na Casa de Galicia o vindeiro 25 de xaneiro. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega será a encargada de dar a coñecer os potenciais ribadenses. O alcalde, Dani Vega, presentou esta mañá no salón de plenos a campaña de promoción, xunto á concelleira de Turismo, Marta Saiz, e á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Concello e Acisa asistirán xuntos a Fitur 2024 con tres obxectivos: “evidenciar o potencial turístico de Ribadeo, expoñer as liñas estratéxicas que nos guían e mostrar as ferramentas que utilizaremos para consolidarnos como un dos piares turísticos do norte de Galicia. En Madrid presentaremos a nova campaña publicitaria, manteremos reunións e estableceremos contacto con diversos axentes turísticos e entidades...
leer másMiles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado na noite de onte nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.
-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez
-O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo)
A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000...
leer más