Campaña

Etiquetas:
11/10/2026

A campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén puxo o seu broche de ouro cunha gran xornada de celebración na que o comercio local, a hostalaría e a participación cidadá volveron ser os grandes protagonistas, explica o Centro Comercial Histórico de Viveiro, que engade “o éxito de afluencia foi a nota máis destacada dunha xornada na que o vermuteo, a Ruleta de Premios e as actividades infantís congregaron numerosos veciños e visitantes. A Praza Maior converteuse pola tarde no epicentro da celebración, cunha praza abarrotada de público que agardaba con ilusión o momento máis esperado: o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). A gran gañadora da viaxe a Nova York foi Mónica Fernandez Chao, co número 08975. O sorteo repartiu tamén os 2.000...

leer más
Etiquetas:
08/10/2026

A campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén iniciouse o 28 de setembro  e rematará este sábado, día 10 de outubro, cun sorteo final e con miles de premios repartidos ó longo deste días. Nesta xornada final haberá actividades, animación e o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra.

A campaña, coa que o CCHV acadou o Premio Extraordinario do Comercio Galego 2026, “está a contar cunha ampla participación da cidadanía e dos establecementos asociados. Puxéronse en circulación 50.000 Rasca e Gaña con numerosos premios directos que os clientes están a descubrir nas súas compras. O prazo para canxear os premios permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Entre os premios hai xoias, complementos, tratamentos de beleza, paraugas, mandís, bolsas da compra, botellas, neveiras isotérmicas, cañas, cafés, tapas, pizzas,...

leer más
Etiquetas:
25/09/2026

A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (Viveiro CCH) foi distinguida pola Xunta de Galicia cun dos Premios Extraordinarios do Comercio Galego 2026 grazas ao proxecto Viveiro conta e o seu comercio tamén, que se levará a cabo do 28 de setembro ó 10 de outubro cunha morea de actividades de dinamización comercial e cun gran sorteo final dunha viaxe a Nova York e 2.000 euros. “Este galardón supón un novo fito para a entidade que encadea dous anos consecutivos recibindo importantes recoñecementos autonómicos. O ano pasado acadaba o Premio Comercio Galego na categoría de Dinamización Comercial, e este ano o Premio Extraordinario consolida á asociación como un dos referentes do comercio de proximidade en Galicia”, explica Viveiro CCH, que engade: “o proxecto Viveiro conta e o seu comercio tamén naceu coa vocación de poñer en valor as...

leer más
Etiquetas:
14/09/2026

Ata o día 30 de setembro segue a campaña da Volta ao Cole da FCAM (Federación de Comercio A Mariña), que sortea 500 euros en vales de compra.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias lembra que “participar na campaña da FCAM é moi sinxelo. Aquelas persoas que durante o mes de setembro fagan as súas compras nos comercios asociados a calquera das nosas Acias/CCAs o único que terán que facer é mandar unha foto do seu tícket de compra ao correo electrónico ...

leer más
Etiquetas:
31/08/2026

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que se desenvolverá do 1 ao 30 de setembro.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias di que “para as familias mariñás toda axuda con vales de compra será moi ben recibida, xa que setembro é un mes de moitos gastos coa adquisición de material escolar, de uniformes, de roupa deportiva, calzado, etcétera”.

A presidenta da Federación de Comercio A Mariña subliña que “participar na campaña...

leer más
28/08/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir do martes 1 de setembro a campaña da volta ó cole co sorteo do valor de 5 tickets de compra subidos á APP ViveiroCCH. E explica: “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e axudarlles dalgún xeito a facer mais levadeiros os gastos que acarrea. O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 1 ó 20 de setembro de 2026 (ambos incluídos). Sortearemos a devolución do importe de 5 dos tíckets subidos (ata un máximo de 100 euros cada un), axudando deste xeito a que algún dos gastos do...

leer más
23/04/2026

Acia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, animou a facer as compras da esa data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro 3 de maio”. E explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un”. O sorteo terá lugar o 8 de maio en Radio Foz.

Paleo engadiu: “ademais de regalar agardamos que a xente aproveite a ocasión para celebralo no hostalería local”.

Acia Foz-CCA...

leer más
22/04/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste xoves, día 23 de abril, a Campaña do Dia do Nai co sorteo de 300 euros e regalando instantáneas de nais e fill@s. Rematará o 2 de maio.

“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e para conmemorar o Dia da Nai organizamos a campaña Unha foto de xeracións: nais, avoas e fill@s, o mesmo amor en distintas etapas da vida. O sábado 2 de maio instalaremos un estudio fotográfico na Sala Multiusos do Concello. Realizaremos unha sesión de fotos a tódalas nais que se acheguen cós seus fillos/as ou incluso a tres xeracións xuntas, avoas, fillas e net@s. Os días posteriores poderán seleccionar e encargar a foto que mais lles guste e levala totalmente gratis. O único requisito para...

leer más
Etiquetas:
06/03/2026

Ata o 22 de marzo se desenvolve a campaña do día do pai de Acia Foz-CCA, que arrincou o pasado día 2. 

O presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, comentou que “as persoas que realicen as compras por un importe superior a 10 euros entre o 2 e o 22 de marzo terán a posibilidade de entrar no sorteo de cinco sesións fotográficas. Queremos que as persoas gañadoras teñan un bonito recordo desta data tan especial, o día do pai”.

Paleo anima “a mercar no comercio local todo o que precisamos para o día do pai, para os Pepes e as Pepitas e a celebralo na hostalería de Foz”. 

A campaña foi presentada polo presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro. 

Acia Foz-CCA...

leer más
02/02/2026

A Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha ten en marcha a campaña denominada Ruta do Comercio con Amor, que repartirá fantásticos premios. “Baixo o lema Namórate do Comercio Local Mercando aquí lanzamos esta campaña de dinamización comercial que comezou este luns, 2 de febreiro, e rematará o 19 deste mes”, explica o CCH Viveiro, que engade: “os interesados en participar na Ruta do Comercio con Amor poderán recoller en calquera negocio asociado o Pasaporte do Comercio, onde figuran 10 casillas para completar con selos de establecementos diferentes. Por cada compra realizada entre o 2 e o 19 de febreiro en calquera negocio asociado, estamparase un selo en dito pasaporte. O obxectivo é conseguir a maior cantidade de selos de diferentes negocios”.

Tamén anuncia que “o día 19 de...

leer más