Xornada
O Concello de Cervo colabora na organización da xornada divulgativa titulada Entre o mar e o abismo, organizada polo Espeleoclube Villaamil e Castro e Pozo Azul Project, que se desenvolverá este domingo, 11 de outubro, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, cun programa de dúas conferencias abertas ao público.
Na presentación da iniciativa participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e Gonzalo Villarmea, en representación do Espeleoclube, que destacaron “a relevancia desta proposta para achegar á veciñanza o coñecemento do patrimonio natural e das exploracións subterráneas, tanto na costa da Mariña como noutros lugares de referencia internacional”.
A xornada comezará ás 18:00 horas coa conferencia As Furnas da Costa da Mariña, a cargo de Xurxo...
leer másO Concello de Ribadeo e a asociación Galicia Ambiental convocan unha actividade para “sensibilizar e loitar contra a problemática das especies invasoras, a acción ten como principal obxectivo actuar sobre exemplares illados de herba da Pampa (Cortaderia selloana) antes de que se multipliques os focos de expansión, implicando directamente á cidadanía nos traballos de prevención e control desta especie invasora”. Ribadeo sen plumeiros vense de convocar para o próximo 18 de outubro, unha xornada de voluntariado nas rúas e na zona industrial de Ribadeo para retirar plumeiros de herba da Pampa, dentro das actuacións desenvoltas polas asociación no marco do proxecto europeo LIFE Coop Cortaderia 2024-2028. O punto de encontro será a gasolineira do polígono industrial de Ribadeo ás 09:00 horas.
A organización da xornada explica que “a...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado 3 de outubro ás 20:00 horas unha xornada aberta ao público que unirá divulgación, música, audiovisual e arte para achegar á sociedade a realidade da síndrome de Tourette.
O Concello de Burela anuncia que “é unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade a unha condición neurolóxica aínda moi descoñecida e, en moitas ocasións, rodeada de estereotipos. Trátase dun encontro para coñecer, comprender e visibilizar a síndrome dende outra mirada. A xornada contará coa participación de Roxana Apollonio Cabrera, neuropsicóloga especializada na síndrome de Tourette, colaboradora de Tourette Galicia, ACOVASTTA, e vicepresidenta de TTAG (Asociación Internacional), que realizará unha presentación para achegar ao público un maior coñecemento e comprensión desta condición. Durante o evento terá...
leer másO Departamento de Agricultura do Concello de Xove organiza a súa primeira xornada micolóxica, “unha iniciativa que abre un novo espazo de aprendizaxe, divulgación e contacto directo coa natureza”. Esta primeira edición celebrarase o sábado 10 de outubro cun programa que combina charla divulgativa, saída de campo e obradoiro práctico de identificación de cogomelos.
O Concello de Xove anuncia que “a actividade comezará ás 10:00 da mañá no salón de actos do Centro Cívico de Xove e, logo dunha pequena parte teórica, os participantes desprazaranse polos seus propios medios a un punto do noso concello na procura de atopar os mellores cogomelos. Na saída de campo explorarase a diversidade micolóxica da contorna e logo, pola tarde, terá lugar un obradoiro de identificación e traballarase tratando as características morfolóxicas e boas prácticas...
leer másA presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, mantivo un encontro na praia da Marosa cos responsables da Federación Española de Surfing para ultimar a programación do Iberdrola Surfing Day Burela, un evento deportivo e divulgativo que terá lugar o vindeiro 12 de setembro neste areal mariñán. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou contratar á Federación para levar a cabo a organización deste evento que desenvolverá actividades dirixidas tanto a deportistas como ao público en xeral.
Carmela López destacou que esta iniciativa representa “unha nova aposta da Deputación por combinar deporte, igualdade, promoción turística e respecto polo medio mariño, aproveitando o enorme potencial do litoral lucense”. Neste senso subliñou que “a praia da Marosa converterase no epicentro do surf feminino nacional e para...
leer másEn Xove este sábado, día 4 de xullo, ás 12:00 horas a praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sostenibilidade e innovación do Resurrection Fest, que “continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical”.
O Concello de Xove explica que “durante a actividade voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas. A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 de Naciones Unidas (vida...
leer másO club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza o IV Aberto a Carón da Lúa. Será este sábado, día 4 de xullo, na Praza dos Fornos.
“Aquí vos deixamos os horarios da xornada que temos preparada para o vindeiro sábado día 4 de Xullo na Praza dos Fornos da Pontenova, e á que estades todas e todos convidados: arrancamos as 17:00 horas cun Obradoiro de Billarda para grandes e pequenos que queiran probar este apaixonante xogo; a partir das 18:00 horas, xogos billardeiros (billarcesto, billarda por parellas, billarda de relevos, etcétera) para todos/as , Animádevos! Non se trata de ser o mellor, trátase de divertirse todos xuntos”, anuncia o club Troitas Bravas, que engade: “ás 20:00 horas pousamos os paláns e preparámonos para bailar ó son da música tradicional dos grandísimos músicos do Cuarteto Tradicional Illa Pancha, que veñen con...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que a alcaldesa, Mariña Gueimunde, presidirá o luns 29 de xuño unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto. A actividade, impulsada pola Deputación de Lugo, celebrarase ás 19:30 horas no Multiusos e contará coa intervención de Lucía González Cuesta, doutora en Astrofísica e divulgadora científica. A entrada será libre ata que se complete o aforo.
“O Goberno municipal apostou por que Viveiro formase parte desta programación divulgativa e facilitou a celebración da sesión no municipio, ante o interese científico, social e turístico dun fenómeno que situará á provincia de Lugo entre os territorios máis destacados para a observación da eclipse”, explica o Concello, que engade: “a alcaldesa Mariña Gueimunde mantén un especial interese por esta cuestión e por que a veciñanza...
leer másA Praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha xornada sobre a Faba de Lourenzá, con elaboración de receitas e degustación. Será este sábado, día 9 de maio, ás 12:00 horas dentro do programa Gastropraza.
A asociación Cociñeiros Lugo explica que “a gastronomía galega tamén se constrúe dende o produto, o coñecemento e a maneira de compartilo. O vindeiro sábado 9 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Ribadeo celebraremos unha nova cita de Gastropraza. Cociña de calidade no mercado, desta volta cunha xornada dedicada a un dos grandes tesouros da nosa despensa: a Faba de Lourenzá. Durante a actividade levarase a cabo a elaboración de receitas e degustación, poñendo en valor un produto emblemático da nosa terra, recoñecido pola súa calidade e pola súa fonda vinculación coa cociña galega. Será unha oportunidade perfecta para seguir achegando...
leer másO Concello de Cervo acollerá este venres, día 1 de maio, en horario de mañá a II Xornada de Atletismo Concello de Cervo, organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello de Cervo, que reunirá nas pistas da Veiga a máis de 200 atletas de diferentes categorías chegados de toda Galicia.
Na presentación oficial do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o delegado da FGA en Lugo, Pablo Gandoi, quen puxeron en valor “a importancia desta competición para seguir impulsando o deporte base e consolidar o municipio como sede de referencia para probas atléticas”.
A rexedora destacou “a firme aposta do Concello de Cervo polo atletismo e polo deporte en xeral, apoiando eventos que dinamizan o municipio, fomentan hábitos saudables e atraen a numerosas persoas deportistas e...
leer más












