Eventos

Etiquetas:
26/06/2017

O 6 de xullo sortearase o décimo de lotería nacional que Loterías y Apuestas del Estado fixo para conmemorar a XX edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

A presentación do décimo tiña lugar hai uns días no peirao norte do porto de Celeiro, e no acto estiveron o presidente da ACD Penalba (entidade organizadora), Bernardo Fraga; o patrón maior da cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Seijas; o representante de Puerto Celeiro SA, Eduardo Míguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Rosario San Isidro e Montserrat Ramil, membros da asociación; e a delegada de Loterías y Apuestas del Estado para a provincia de Lugo, Pilar Lorenzana.

O deseño do décimo correu a cargo de Dani Kxt, chilindrín afincado en Madrid e colaborador da asociación en todas as súas andainas.

 

Etiquetas:
26/06/2017

A Fundación Expomar, que preside Alfredo Llano, organiza os días 4, 5 e 6 de agosto en Burela, a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos.

A feira abrirá as súas portas o venres 4 de agosto, ás 17:30 horas, con carácter totalmente gratuíto para @s visitantes. Como sempre coincide coa celebración da Festa degustación do Bonito do Norte, organizada pola AC Ledicia, que terá lugar o sábado 5 de agosto, na explanada portuaria.

Produart 17 informa a todas as empresas de produtos artesanais e ecolóxicos que estes días está coa campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calquera empresa relacionada cos sectores artesanais e ecolóxicos pode poñerse en contacto coa Fundación a través dos números de teléfono 982 586 232 e 610 574 188, ou no mail...

leer más
Etiquetas:
26/06/2017

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Será no Parque de San Francisco, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Alí o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2010.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2013) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2009) en diante.

Desde a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo animan a participar nesta actividade: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”. E advirten que “en caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase ás instalacións da EMMeD”.

 

Etiquetas:
23/06/2017

Achégase o IV Ribadeo Indiano e con ese motivo Acisa e Concello convidan á cidadanía a embelecer a vila adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas. Acisa pide a colaboración dos seus asociados e o Concello engalanará algúns edificios públicos. O alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez, presentaron a iniciativa esta mañá.  

O rexedor dixo: “aproveitando esta IV Edición do Ribadeo Indiano queremos convidar á cidadanía a embelecer o noso concello adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas”.

Suárez Barcia sinalou que “o que pretendemos é poñer en valor os beneficios estéticos ambientais da recuperación dos balcóns e fachadas como elementos vivos da vila, porque detrás de cada...

leer más
Etiquetas:
23/06/2017

As delegacións de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas que se desenvolverán durante os meses de xullo, agosto e setembro ata O Perdouro e ata A Marosa. A actividade, que tan boa acollida tivo o ano pasado, enmárcase dentro do proxecto Entre cantís, que financia o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal. 

A ruta xeolóxica desde Burela ata O Perdouro terá lugar no mes de xullo, os días 2, 11 e 24; en agosto os días 8, 16 e 24; e en setembro os días 8 e 14. A distancia desta ruta son 3 quilómetros entre ida e volta, e ten unha dificultade media. 

Segundo explican Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben “esta xeoruta permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade. Tamén...

leer más
Etiquetas:
23/06/2017

O 25 de xuño comeza a nova tempada dos Mercados dos Domingos que se celebrarán nas inmediacións da praza de abastos entre as 9:00 e as 14:00 horas. Este ano contarán con dous novos produtores e terá catorce postos. O Mercado dos Domingos está organizado pola asociación A Sucadoira e o Concello de Ribadeo.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinalou que “como cada ano e xa coa chegada do verán Ribadeo abre esa porta para o Mercado dos Domingos, ese mercado que cada ano se dispón diante da praza de abastos e no que podemos mercar produtos locais fundamentalmente. Eses produtos frescos das hortas do concello de Ribadeo, das parroquias de Piñeira, de Vilaselán, de Arante, de Ove, eses produtos frescos que podemos degustar dunha maneira diferente a cando xa nos chegan a través doutras canles de transporte”.

... leer más
Etiquetas:
20/06/2017

O Concello pon en marcha este verán a Ruta do Peixe, que foi presentada esta mañá polos edís de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben, e por Pedro Rolle, de O Freixo dos Lobos, que será o guía desta nova iniciativa. 

Segundo explicaron “trátase dunha visita guiada a unha peixería e á lonxa do porto de Burela”. Esta nova ruta terá lugar os días 5 e 19 de xullo e o 2 e o 16 de agosto en horario de 17 a 21:30 horas, con saída desde a Oficina de Turismo. Fernández Rey dixo que “será necesario inscribirse a través da páxina de Turismo do Concello de Burela ou da aplicación creada para este fin”.

Os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo subliñaron que “o que queremos é seguir impulsando a celebración de diversas actividades en Burela durante todo o verán para que veciñ@s e visitantes se...

leer más
Etiquetas:
20/06/2017

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes  a gozar do San Xoán de San Ciprián da man do Grupo A Rebolaxe.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e unha representación do Grupo A Rebolaxe presentaron o evento que se celebrará este venres no aparcadoiro do estanco, en frente á praia do Torno.

A xornada comezará ás 20:00 horas, con música da man da Rebolaxe, racións de chourizo e panceta á brasa, queimada, sorteo de produtos típicos e unha gran fogueira na praia do Torno.

O concerto de “mi rollo es el rock” porá o broche de ouro a partir da 1:00 horas.

Os fondos que se recauden irán destinados á celebración da Foliada organizada pola Rebolaxe que terá lugar a comezos de setembro.

 

20/06/2017

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Cultura organiza o Foleón de San Xoán o venres, 23 de xuño, a partires das 21:00 horas.

Os organizadores piden a colaboración co foleón aportando materiais non contaminantes para queimar durante a fogueira e dese xeito facer o foleón entre todos.

Ademais haberá sardiñada popular no parque Concepción Arenal de Ferreira.

Colabora na realización desta actividade a asociación cultural Amado Lar.

 

Etiquetas:
20/06/2017

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un xuízo a María Soliña na noite de San Xoán, o vindeiro venres, 23 de xuño. 

Os asistentes poderán degustar sardiñas, panceta e chourizo con pan gratis se son socios, e a un prezo de 5 euros para os non socios.

Colaboran na organización desta actividade o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e A Abala de Fazouro.