Eventos

Etiquetas:
24/05/2017

Veciños e veciñas de Vilaronte organizan unha cea baile para recadar fondos destinados a unha familia desta parroquia de Foz que sufriu un incendio na súa casa hai uns meses.

O evento celebrarase o día 10 de xuño, sábado, a partir das dez da noite, no restaurante O Asador, de Barreiros. O prezo por persoa é de 25 euros, co donativo incluído, e o menú está composto por fideuá mariñeira, tenreira ou lechazo, postre, viño, café e chupito. A cea estará amenizada por Ana Cristina. As tarxetas para participar hai que retiralas no propio restaurante O Asador e o prazo remata o 5 de xuño.

Neste acto solidario colaboran o Concello de Foz, o restaurante O Asador e o supermercado Eroski, de Barreiros.

 

23/05/2017

O sábado, 27 de maio, Mariña Patrimonio organiza unha excursión, “pararemos na mina de ouro romana d'A Muxueira (Riotorto) , de seguido desprazarémonos a Sanxés (A Pontenova) para andar pola ruta da Seimeira, xantaremos na Taberna de Montse, e pola tarde visitaremos o museo e o castro de Viladonga, para rematar no de Sa”, explican.

O itinerario é o seguinte: 

MAÑÁ
- Saída ás 09.30 desde A Cruz do Lobo.
- A primeira parada será na mina romana d'A Muxueira en Riotorto. Alí faremos un pequeno percorrido para que vexades esta marabilla esquecida case 2000 anos.
- Continuaremos ate Sanxés no concello de A Pontenova, onde faremos a ruta da Seimeira (6 km, dificultade moderada).

XANTAR
Para xantar temos sitio para 18 persoas na Taberna de Montse na parroquia de Santa...

leer más
21/05/2017

O Concello de Mondoñedo,co obxecto de potenciar e poñer en valor a procesión de Domingo de Corpus, promoveu de novo este ano o cartel anunciador desta tradición arraigada na localidade e que se celebrará o próximo 18 de xuño. 

O cartel da procesión do Domingo de Corpus, que alberga a pintura creada pola artista mindoniense Irma Loureiro, presentouse no Concello de Mondoñedo, durante un acto oficial no que ademais da alcaldesa da cidade, Elena Candia, tamén participaron o señor Obispo, Luís Ángel de las Heras, xunto a artista Irma Loureiro. Á presentación da obra artística asistiron tamén o edil de Educación, Alberto García, ademais de varios voluntarios/as que anualmente se encargan da elaboración das alfombras.

Dende o Goberno local lembran que por segundo ano consecutivo o Concello decidiu encargar a creación...

leer más
Etiquetas:
21/05/2017

A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será  primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A rexedora municipal agradece a colaboración de todas as asociacións e pide aos veciños que asistan caracterizados como os campesiños e campesiñas de tempos pasados.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) vai organizar a segunda paella xigante para a cal se venderán os tickets anticipadamente na biblioteca publica municipal e en Lucía Valea Fotografía ata o 30 de maio. O prezo será de 12 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos.

Ademais haberá xogos e obradoiros, concursos, actividades...

leer más
Etiquetas:
20/05/2017

O Concello do Vicedo presentou o cartel da segunda edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará na praia de San Román o vindeiro sábado 29 de xullo. O acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura do municipio, contou coa presenza de Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Jesús Novo Martínez, alcalde do Vicedo; Mago Queiman e Andrea Pousa, directores artísticos do espectáculo; Iñaki Sagredo, arqueólogo; e Jesús Martínez, en representación da ACIA O Vicedo.

Na edición de 2017 a organización reforza a Romaxe Viquinga, cuxo pregón terá lugar o venres 28 de xullo a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo. Este mesmo día haberá ambientación musical polas rúas do Vicedo e os locais de hostelería ofrecerán unha ruta de tapas viquingas en...

leer más
18/05/2017

O colectivo Chilindrín Penalba celebra o décimo aniversario dos seus encontros anuais o día 3 de xuño.

Esta xuntanza de xente de Celeiro celebrarase nunha cea-baile que terá lugar o sábado 3 de xuño, no restaurante Louzao en Area, ás 22:30 horas.

As entradas a un prezo de 40 euros, están á venta no Bar Rolindes en Celeiro ata o 1 de xuño.

O colectivo Chilindrín leva a cabo a campaña de promoción deste evento baixo o lema Todo o que entre na rede é peixe, e convida a todos a participar nesta festa que conmemora o décimo encontro anual dos seus soci@s.

 

Etiquetas:
18/05/2017

As festas de San Xoan en Covas comezan o 23 de xuño cunha verbena amenizada polas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Ás doce da noite haberá unha gran lumeirada.

O sábado 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Illa Pancha de Ribadeo (dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo), e a Banda de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, e ao remate a sesión vermú coa orquestra Breixa Band. A partires das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Breixa Band e Los Players.

O domingo 25 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Non cho digo de Covas, e ás 14:00 horas sesión vermú con Los Españoles. Pola tarde, ás 19:00 horas no Campo da Pascua celebrarase unha gran sardiñada amenizada polo grupo Non cho digo. A xornada rematará ás 22:30 horas...

leer más
Etiquetas:
18/05/2017

O vindeiro domingo, 21 de maio, terá lugar na parroquia de Lago (no campo da festa e o seu entorno, anexo ao centro social), no termo municipal de Xove, a XXI Feira Nacional de Gando Cabalar organizada pola asociación equina A Medela, de Xove.

A feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de  inscricións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir cerca de 2.000  euros en premios

Os actos rematarán cunha proba de habilidade de burros ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun xato. 

Os organizadores agradecen, por último, o patrocinio do Concello de Xove, a colaboración de numerosas empresas, Garda Civil de Xove, Protección Civil da Mariña, Cabaleiros e a tódolos...

leer más
Etiquetas:
17/05/2017

A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de Maio un roteiro polo “Patrimonio de Nois”, seguindo como fío condutor da visita a historia, a etnografía, o patrimonio artístico e os espazos naturais de valor ecolóxico e paisaxístico. A actividade estará guiada polo estudoso da historia local de Nois, Antonio Sixto.

O percorrido polo “Patrimonio de Nois” vai comprender a visita á Ribeira, aos castros da Calexa e de Arealonga, ao conxunto de hórreos do porto de Nois, ás antigas fabricas de salgazón de Bengochea e dos Pillado, ao antigo porto baleiro do século XVII, as turbeiras de Arealonga e a area de Covas.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com,...

leer más
Etiquetas:
17/05/2017

A clausura das IV Olimpiadas Interparroquias de Alfoz 2017 ten lugar o sábado, 20 de maio, cunha cea-baile que se celebrará en Finca Galega.

A venta das entradas para todo o público é a través do número de teléfono 656 663 351.
O prezo é 25 euros para os adultos cun menú composto por pinchos variados, solomillo de porco, postre, café, chupito e viños Albariño e Mencía. Os prezos para o público infantil son 15 euros co mesmo menú que os adultos, e 10€ cun menú de froitos variados.

A cea dará comezo ás 22:00 horas e o baile estará amenizado coa música de O Xilo.