Eventos

Etiquetas:
04/06/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. A entidade participa por primeira vez neste foro turístico, fortemente vinculado ao medio rural e que este ano chega á súa 48ª edición. Trátase dun punto de encontro principal no noroeste peninsular cunha gran capacidade para xerar negocio, interacción e información sobre o sector turístico, tanto a nivel nacional como internacional.

A Mancomunidade está presente cun stand situado no pavillón 2 no que se atenderá a todas as persoas que se acheguen na procura de información sobre o destino. Ademais, o persoal técnico da Mancomunidade aproveitará para establecer sinerxias no obxectivo de consolidar o destino...

leer más
04/06/2026

A segunda edición da Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas con saída dende o Parque de San Francisco en Ribadeo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades.

A organización explica que “o obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través da url https://enmarcha....

leer más
04/06/2026

A Pontenova celebrará as festas na honra a San Esteban esta fin de semana, venres 5 e sábado 6 de xuño

As actividades comezarán o venres ás 21.30 horas con churrascada popular. E desde as 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.

E para o sábado está programado un pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Chocolateira, misa solemne ás 13:15 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena desde as 23:30 horas.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
03/06/2026

A bandeira de Ribadeo será izada este venres, día 5 de xuño, cun acto institucional no que participarán os presidentes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, Alfonso Rueda e Adrián Barbón, respectivamente.

A celebración deste acto foi anunciada polo alcalde ribadense, Dani Vega: “Ribadeo vai acoller un acto institucional este venres ás 11 da mañá no Concello. Será para izar a bandeira de Ribadeo, a primeira que vamos ter aprobada pola Comisión de Heráldica. Ademais imos renovar o escudo local, tamén aprobado pola Comisión de Heráldica”.

O rexedor municipal destaca que é un acto “cunha simboloxía moi importante, cunha carga institucional evidente, pero tamén con gran sentimento de localidade, de concello e cunha carga histórica moi profunda. Tamén vamos enviar unha mensaxe porque imos aproveitar esta...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

O Concello de Cervo vén de convocar unha nova edición do programa Voluntariado Miúdo VI, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 12 e 15 anos coa que se pretende fomentar a participación activa dos máis novos na vida social, cultural e comunitaria do municipio durante o verán.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ao IES Marqués de Sargadelos para explicarlle ao alumnado en primeira persoa os detalles desta proposta, animándoos a formar parte dunha experiencia que “promove valores como a solidariedade, a responsabilidade e o compromiso coa contorna”.

As persoas participantes poderán colaborar ao longo do verán en diferentes actividades organizadas polo Concello, entre as que destacan o apoio ao programa Cervo Concilia, a participación nas Noites Alternativas de Verán e a colaboración noutras...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

Este sábado, día 6, terá lugar o segundo Encontro de Familias, organizado pola Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo e pola asociación Guillem Veiga Iglesias. 

O programa deste 2026 inclúe tres encontros, un que tivo lugar o pasado 23 de maio, o deste sábado, e o vindeiro 13 de xuño. 

A concelleira Elena Sierra explica que “as Relacións e conflitos sociais: cómo axudar á infancia a relacionarse mellor centrarán a xornada deste sábado, que se desenvolverá no centro sociocomunitario de Ribadeo en horario de 11:30 a 13:30 horas”. 

Sierra subliña que “nestes encontros reflexionamos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social das nosas...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival Ludiverán, unha iniciativa “destinada a facilitar a compatibilización da vida familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e divertido. O programa está dirixido á rapazada nacida entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto. O horario habitual será de 10:00 a 13:00 horas, ofrecéndose ademais a posibilidade de entrada anticipada ás 9:00 horas e saída ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades das familias participantes”.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 5 e o 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na Casa do...

leer más
Etiquetas:
01/06/2026

O Concello de Cervo presentou unha nova proposta de ocio creativo e dinamización cultural da man de HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo, unha das iniciativas emprendedoras instaladas no Centro de Emprendemento de Sargadelos. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores Garcia Caramés, e o reponsable de HAI LARÁN, Rubén Prieto, que deron a coñecer os detalles do I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha actividade que se celebrará o domingo 6 de setembro de 2026, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Sala cultural Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico de Sargadelos.

O concurso contará cunha única categoría por parellas, que poden estar conformadas por dous adultos, ou un menor e un adulto, cun custo de inscrición de 15 euros por equipo, e repartirá premios aos tres mellores tempos, ademais dun recoñecemento ao...

leer más
Etiquetas:
01/06/2026

O prazo de inscrición no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán de Viveiro 2026 abrirá o  martes 2 de xuño. O último día para presentalas será o venres 12. A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto no CEP Lois Tobío.

O Concello de Viveiro anuncia que as bases de selección e o modelo de solicitude estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios dixital, na páxina web municipal e nas dependencias do Concello. Os formularios poderán presentarse a través da sede electrónica, aínda que tamén se admitirán solicitudes de xeito presencial no Rexistro municipal, onde se facilitarán os impresos correspondentes.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible...

leer más
01/06/2026

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo na comarca de Babia (León ), desde o venres 12 ata o domingo 14 de xuño.

A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 8 de xuño a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 155 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).