Eventos
A décimo primeira edición da feira ribadense do libro Letras no Campo terá lugar desde este venres, día 23 de maio, ata o domingo 25 de cun amplo programa de actividades. O horario de visita ás sete casetas instaladas no Campo de San Francisco será de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 20:30 horas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “a undécima edición da feira ribadense do libro Letras no Campo celébrase esta fin de semana con varias liñas temáticas. A primeira, as homenaxeadas este ano no 17 de maio: as cantareiras, protagonistas dun concerto didáctico celebrado o martes, dun obradoiro de reciclaxe e da actuación de Xeitosiñas este venres e da presentación colectiva do libro Somos Cantareiras por Mercedes Peón e Ana Romaní, entre outras, o domingo ás 12:00 horas”.
A edil ribadense contou que “a segunda temática é o galego de Asturias. Coa lectura...
leer másGozar de experiencias de calidade e conectar co destino dunha maneira máis profunda, pero tamén máis respectuosa e sostible, en calquera época do ano e superando o concepto tradicional do turismo. Ese é o obxectivo que se marca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e no que traballa a diario para posicionar o territorio como un destino que ofrece, máis que actividades, experiencias. Nesta liña, o xeoturismo e o turismo ornitolóxico están a converterse en alternativas singulares na Mariña Lucense, captando o interese por parte das persoas que nos visitan.
Con este potencial está a traballar para estruturar un catálogo de produtos e experiencias enriquecedor tanto para as persoas que nos visitan, como para aquelas que viven aquí. “Concibimos o turismo como unha actividade que xera valor, non só económico, senón tamén para a...
leer másO programa de viaxes gratuítas da Deputación de Lugo, Coñece a túa provincia, ofrece esta semana visitas guiadas á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra a preto de 140 veciños e veciñas dos concellos da Fonsagrada, Lugo, Abadín, Quiroga e Paradela. Un total de seis colectivos participarán entre o martes e o venres nas diferentes rutas deseñadas pola institución provincial nesta quinta edición do programa para reforzar o sector turístico.
Tras as viaxes deste martes da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada, a Sober e da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias, de Lugo, a Foz; hoxe será a quenda da Asociación Cultural O Caxigo, da Fonsagrada e da Asociación de Veciños de San Pedro de Aldixe, de Abadín. Os primeiros foron recibidos polo Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino, Carlos...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará a ruta Fuentes del Sil, en La Cueta (León), os días 28 e 29 de xuño, sábado e domingo. A saída desde Foz será o sábado ás 15:00 horas e ás 15:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o aloxamento en habitacións dobres con pensión completa, son: 150 euros para socios federados, 155 euros para socios non federados e 160 euros para socios temporais.
As prazas son limitadas, o prazo para anotarse remata o 30 de maio e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A parroquia de San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, celebra a festa na honra a Corpus Christi este sábado, día 24 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena xunto a El Combo Dominicano.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
O Teatro das Cortes, que está na parroquia vicedense de Cabanas, acollerá o día 24 de maio o Sábado das Letras Cantareiras.
As actividades, con entrada de balde, comezarán ás 18:00 horas cun recital aberto e actuación do grupo As Faíscas, da asociación Os do 21, do Vicedo. E ás 20:00 horas haberá unha actuación da compañía Talía Teatro, que ofrecerá o espectáculo Bicos con lingua.
Da organización desta xornada encárgase a asociación cultural Volta e Dalle.
O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira presenta o proxecto Galicia Latente, de Eduardo de Martíns, este venres, día 23 de maio, ás 19:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.
“Teremos connosco a Eduardo de Martíns para presentar o proxecto Galicia Latente. Visualizaremos o documental, conversaremos e teremos unha tarde compartida en comunidade da que seguro que extraemos conclusións moi positivas”, anuncia o colectivo Pensamento e Sementeira.
A parroquia mindoniense de Oirán celebrará a festa na honra a Virxe dos Milagros os días 24 e 25 de maio, sábado e domingo.
O sábado haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00 horas. E ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú, a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a sesión de tarde.
A parroquia de Riobarba, no concello do Vicedo, celebrará a festa da Ponte do Porto este sábado, día 24 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e a continuación empezará unha vermú prolongada ata a noite cos grupos D'Caché e Nuevo Ritmo.
Haberá pinchos gratis para todos os asistentes.
A Asociación do Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, celebra unha comida popular este sábado, día 24 de maio.
Ás 14:00 horas haberá sesión vermú e o xantar comezará ás 15 horas. A música correrá a cargo de Discomóvil Eventec. As entradas están a venda na Taberna do Valeco.












