Eventos
A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, acollerá a primeira Andaina e Xantar Popular do Trece este sábado, día 17 de maio.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián, de Carballido que anuncia: “faremos unha andaina de dificultade baixa pola mañá, polos bonitos rincóns da contorna do Trece (de 11,5 quilómetros e dúas horas de duración aproximadamente. E despois, en recinto cuberto con carpa, disfrutaremos cunha sesión vermú, seguida dun xantar; un tardeo, co cantautor Mario Botella, que versionará coa súa guitarra en directo temas do pop/rock dos 80 e 90. Música e karaoke para os que queirades cantar cos nosos amigos de A mi manera”.
As persoas interesadas en máis información sobre este evento poden contactar co teléfono 636.010.619.
O colectivo Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza unha festa para ver o festival de Eurovisión este sábado, día 17 de maio, a partir das 20:45 horas.
Haberá retransmisión do festival de Eurovisión en gran pantalla, pinchos, porra eurovisiva, festa post-gala e algunha sorpresa.
Para os socios do Casino de Mondoñedo a entrada é de balde e as persoas que non pertencen ao colectivo teñen que pagar 5 euros. Para máis información e reserva de entradas os interesados poden contactar coa organización do evento a través do teléfono 602.450.939.
A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará a Festa das Flores esta fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas. No descanso haberá sorteos sorpresa.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne e procesión ao redor da capela do Socorro. Despois haberá sesión vermú do dúo Estrella
Organiza esta festa a Asociación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que haberá carpa.
Souto de Mogos, no municipio da Pontenova, celebrará a festa na honra de San Isidro Labrador este sábado, día 17 de maio.
As actividades comezarán cunha misa ás 13:30 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Amistad. A continuación terá lugar unha comida e tamén haberá unha festa de tarde amenizada por A Chocolateira e o dúo Amistad.
Para participar na comida hai que comprar os tickets e o prazo remata este mércores, 14 de maio.
A asociación veciñal O Torques de Marzán (Foz) organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o día 24 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas desde o Parque do Cristo.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen á asociación O Torques deberán pagar 64 euros. O pago realizarase por adiantado. O último día para retirar o ticket é este vernes, 16 de maio, e as prazas son limitadas.
O prezo inclúe: viaxe ida e volta Foz-Santiago, visita con guía ao conxunto monumental da cidade e comida en restaurante do centro.
Todo está listo para a celebración da I Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, terá lugar o vindeiro sábado, 17 de maio. Acisa, patrocinador do evento, convida e anima a ribadenses e visitantes a anotarse e participar.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, fai unha chamada á solidariedade con esta causa: “xa que calquera de nós pode ter que botar man dos servizos que presta a AECC, calquera de nos ten amigos, coñecidos ou familiares que padecen cancro ou calquera de nós pode ser afectado”.
Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta xusta causa. Estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación. Agardamos que sexa o inicio dun longo...
leer másA Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado, día 17 de maio, no concello de Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas. Na presentación do cartel participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras Dolores, Cristina e Tamara e dos membros da Comisión de festas Benigno, Carlos, Borja e Dalmacio. O Concello invita “a veciños/as e visitantes a disfrutar deste día de alegría e todos/as vestidos de branco”.
As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00 celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30, obradoiro de cerámica; e de 18:00 a...
leer másA décimo quinta edición da Ruta de Pinchos do Vicedo celebrarase os días 16, 17, 23 e 24 de maio. O 16 e 17 será en San Román, Folgueiro e Suegos, mentres que os días 23 e 24 farase no Vicedo e en Xilloi. O prezo de cada tapa é de 4 euros.
Haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público e sortearanse dúas planchas de asar entre tódolos participantes na ruta que voten.
É unha actividade organizada polo Concello do Vicedo, que explica que “os días e o prezo dos pinchos foron consensuados entre os establecementos participantes”.
Os establecementos participantes na primeira parte da ruta, que se desenvolverá os días 16 e 17, son: Restaurante Area Grande (San Román),
Chiringuito Abrela (Suegos) e Café bar Alba (Folgueiro). E os da segunda parte, que será os...
leer másMuras prepara a IX Romaxe Artesá da Chaira,que se celebrará o vindeiro 24 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento presentouse esta tarde nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o artesán Marcos Ladra e Pilar Carballido Amor e Fina Carballido Amor da Asociación de Mulleres Rurais de Muras,que entregaron ao Concello unha talla do escudo de Muras.
A piques de cumprir unha década, Manuel Requeijo lembrou o impulso inicial “da Asociación de Obradoiros Artesáns da Chaira que nos propuxeron a celebración da romaxe en Muras, un concello rural, labrego e con tradición de oficios. Estaremos sempre agradecidos por traernos a idea e...
leer másO Concello de Burela prepara unha programación cultural especial con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrará entre o xoves 15 e o sábado 17 de maio. As actividades abranguen encontros dirixidos á mocidade, unha presentación literaria, unha proxección audiovisual, teatro infantil e unha nova edición do Encontro de Palilleiras.
“O noso obxectivo foi deseñar unha programación diversa, que mestura tradición e creatividade e que conecta co público de todas as idades. Dende a mocidade ata as persoas maiores, todas teñen espazo nesta fin de semana pensada para poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura”, sinalou a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
Para comezar, o xoves 15 de maio ás 17:30 horas a Casa da Xuventude acollerá unha sesión do Grupo de Participación Adolescente (GPA), na que os mozos e mozas...
leer más












