Eventos

Etiquetas:
25/08/2022

Do 26 ao 29 de agosto celebraranse as festas patronais de Lourenzá, as do Conde Santo.
Comezarán o 26 coa Farra do Conde, unha cea-baile, na que haberá djs e unha actuación de Toxo Guayaba, co patrocinio de Patrimonio Laurentino. Os tíckets para poder asistir pódense comprar nos bares do pobo.

O 27 de agosto haberá sesión vermú amenizada por Distrito 7, que tamén estará na verbena xunto con La Banda de Nash. O 28 de agosto a sesión vermú correrá a cargo de La Favorita, que repetirá na verbena con Nueva Fuerza. E o luns, 29 de agosto, haberá unha última sesión vermú, amenizada por D Vicio.

 

23/08/2022

Dende hoxe,  23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse  ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en  participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello. 

Dende a  Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a  que participen.

Etiquetas:
23/08/2022

O Concello de Burela despide o verán cunha festa da auga que se prolongará desde este xoves 25 ata o domingo 28 de agosto. Catro días de xogos acuáticos para dicir adeus a este período estival que xa vai chegando ao seu fin.

Este ano haberá ademais un tobogán xigante, o “Kamikaze”, que conta cunhas dimensións de 11m de alto, 40m ao longo e 11m de ancho, un dos máis grandes de España.

Os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades o xoves 25 e venres 26 en horario de 16:30 a 20 horas, e o sábado 27 e domingo 28 de 11:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:30 a 20 horas pola tarde. 

Non obstante, a mañá do venres estará reservada exclusivamente para realizar a festa final das Escolas Deportivas e a Ocioteca de Verán, limitando o acceso só para participantes destas dúas actividades. 

... leer más
23/08/2022

Barreiros volve celebrar as Festas do San Bartolo, despois de dous anos de parón debido ao covid19. As festas son o 23 e 24 de agosto.

Hoxe, día 23, comezará as 20:30 horas cunha churrascada popular, coa ración a 12€ e música a cargo de Blanco y Negro, que repetirá na verbena xunto coa orquesta canaria Furia Joven. 

Xa o 24, o Día de San Bartolo, terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión  na honra de San Bartolo. A continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Belinda, que tamén actuará as 22:30 horas na verbena, xunto co grupo Beatriz. O peche da festa farase con un DJ convidado.

 

Etiquetas:
22/08/2022

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.

A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

O 7 de setembro está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

...

leer más
Etiquetas:
19/08/2022
Este vindeiro mércores, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
 
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 
 
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
 
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá...
leer más
Etiquetas:
19/08/2022

Á area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 21 de agosto, a oitava edición da feira de gando, que se recupera despois de dous anos sen celebrarse. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.

A apertura da feira e do mercado tradicional será ás 10 da mañá e ás 16:00 horas comezarán as probas de andadura. A continuación terá lugar a entrega de premios.
No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos.

Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.

 

Etiquetas:
18/08/2022

A partir do 20 de agosto o Concello do Valadouro realizará varias rutas guiadas interpretativas para coñecer a contorna da Serra do Xistral, facendo sendeirismo e combinando o coñecemento da natureza co aspecto cultural e histórico.

O 20 de agosto será a Ruta dos Pozos, de dificultade baixa. O 26 será a Ruta Fraga da Furna, tamén de dificultade baixa. O 1 de setembro terá lugar a Ruta Dolmen e Prado das Chantas, de dificultade alta, e por último o 6 será a Ruta Formación Rochosas Picos do Valadouro, tamén de dificultade alta. Todas as rutas comezarán as 9:30 horas e durarán entre dúas e tres horas e media aproximadamente.

As prazas son gratuítas e limitadas a 20 persoas. As persoas interesadas en acudir encontrarán máis información e poderán inscribirse na páxina https://bit.ly/...

leer más
Etiquetas:
17/08/2022

O Concello de A Pontenova, coa colaboración de Amigos da Malla, organiza a VI Festa da Malla, que terá lugar o 27 de agosto ao carón do Pozo da Ola.

Esta festa da comezo as 12:00 horas coa malla, que será interrompida as 13:30 pola sesión vermú, amenizada polo Dúo Zafiro, e a comida. A malla continuará as 17:00 horas, cando tamén dan comezo unhas canoas para os nenos e as nenas no Pozo da Ola. As 20:30 horas volve coa música o Dúo Zafiro, que estarán tamén á noite para rematar a xornada, seguido por uns pinchos de bolos preñados e lacón.

Para acudir á comida xa mencionada, deberanse recoller os tíckets antes do 26 de agosto no Lar de Balbina ou Zapatería Orli. O prezo para adultos e de 20€ e para  nenos (ata os 12 anos) de 12€, e o menú consistirá en lacón, pasta, tenreira asada, postre e café.

 

Etiquetas:
17/08/2022

O Concello de Ourol organiza o vindeiro 3 de setembro unha excursión que pasará por Pontemaceira, pola Cascada do Ézaro e finalmente chegará ao Faro de Fisterra. 

Sairase as 7:30 horas de diante do Concello. A excursión é gratuíta e está destinada ás persoas empadroadas en Ourol. Non ten límite de idade, pero os menores deberán ir acompañados dun adulto.

O número de prazas está limitado a 51, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas en anotarse teñen ata o 30 de agosto e poden facelo nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 (Servizos Sociais).