Eventos

01/06/2025

A partir deste domingo, día 1 de xuño, e ata o 30 de setembro amplíase o horario para poder visitar a Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, a máis grande de Galicia.

Despois dun gran comezo de campaña nas visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo, cun incremento de algo máis do 6% entre os meses de marzo e maio, posto este dato en relación as mellores cifras rexistradas en anos previos, dende o Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía comunican a ampliación da oferta de visitas á Cova do Rei Cintolo durante estes meses de verán. Agora, a partir do día 1 de xuño e ata o 30 de setembro, a visita á Galería Central da Cova do Rei Cintolo poderase facer de luns a domingo, ambos incluídos, en tres horarios: 11, 16 e 18:30 horas.

O Concello de Mondoñedo explica que “as visitas que se levan a cabo na galería...

leer más
Etiquetas:
31/05/2025

Ribadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.

Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.

29/05/2025

A localidade de Goios, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Ascensión os días 30 e 31 de maio.

O venres 30 haberá churrascada veciñal e verbena co grupo D´Cano e DJ Bombardero.

E o sábado 31 ás 12:45 horas celebrarase misa solemne no campo de festa e despois macro sesión vermú amenizada polo grupo Jaque.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

 

29/05/2025

Os días 7 e 8 de xuño celebrarase a festa das Cruces en A Ponte de Arante (Ribadeo), que é de interese turístico galego.

O sábado día 7 terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López Díaz. E a continuación Emilio Rúa ofrecerá un concerto.

Xa o domingo 8 ás 12:00 horas será a Bendición dos Campos, Procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Amenizará o acto o cuarteto Illa Pancha, a continuación haberá misa solemne e ás 14:00 horas sesión vermú co grupo D'Cano. Ás 15:00 horas dará comezo a V Comida Romaxe das Cruces, que será servida por catering Pulpería Suso. As persoas interesadas en asistir poden facer as reservas de tíckets nos seguintes números de teléfonos: 636 87 49 51 (Javier) ou 639 93 35 12 (Suso) . O prezo para os adultos será de 30 euros. E para os menores de 10 anos será gratis....

leer más
29/05/2025

A Praza de Abastos de Viveiro será escenario este sábado, día 31 de maio, pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos. Anúnciao o Concello.

No Día dos Mercados a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.

29/05/2025

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza un evento para entregar os premios do seu concurso das Letras Galegas titulado Qué botas en falta no teu concello?. Será este sábado, día 31 de maio, ás 19:30 horas no Teatro Pastor Díaz e actuará o grupo folclórico Fol do Raxal, de Cervo.

O prezo das entradas é de 3 euros e recolleranse o mesmo sábado no Teatro a partir das 7 da tarde.

29/05/2025

As asociacións veciñais de Augaxosa, en Riotorto, e San Adriano, en Lourenzá, celebrarán conxuntamente a Romaría das Cruces o día 31 de maio, sábado.

O itinerario de San Adriano empezará na igrexa ás 11:05 horas, para chegar ao Chao da Veiga, en Augaxosa ás 12:45 horas, igual que farán as persoas que participen no percorrido desde Augaxosa, que sairá ás doce do mediodía desde a igrexa de Muxueira.

Xa en Augaxosa ás 13:00 hora haberá misa, sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón e comida. Despois haberá sesión de tarde, tamén con Verónica Cambón.

28/05/2025

184 veciños e veciñas dos concellos de Taboada, Lugo, A Fonsagrada, Monforte de Lemos e Sober pechan as rutas do mes de maio do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa de viaxes gratuítas que impulsa a Deputación de Lugo dirixida a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. Esta última semana participan oito colectivos lucenses que percorrerán ata o venres A Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra. 

Na xornada de onte, a Asociación Veciñal de Santa María de Xián, de Taboada, e a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores, de Lugo, foron as dúas primeiras entidades que participaron esta semana. Os primeiros partiron da Granxa Gayoso Castro para despois achegarse ata a comarca da Mariña, alí visitaron a fábrica de Sargadelos e o Museo do Mar, ente outros lugares. Os segundos comezaron a...

leer más
28/05/2025

Ribadeo potenciará as compras na Praza de Abastos con Gastropraza, un programa de actividades que terán lugar do 31 de maio ao 19 de xullo.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “unha nova actividade chega á Praza de Abastos, Gastropraza. Esta actividade o que quere poñer en valor é o produto de proximidade, o produto de calidade. Queremos tamén converter a Praza da Abastos nun espazo para elaborar o produto, degustar o produto e tamén poñer en valor a todos os praceiros que teñen a súa forma de vida, que teñen o seu emprego na Praza de Abastos. Debemos apostar polo comercio local, pola Praza de Abastos, e poñer en valor todo un espazo arquitectónico si, pero que hai vida dentro da Praza de Abastos”.

O rexedor explicou que “as actividades empezan o 31 de maio co bonito do Cantábrico, aquí vaise falar do despezamento...

leer más
28/05/2025

A Asociación Española Contra el Cáncer Lugo anuncia a celebración do Festival Contra o Cancro en Ribadeo este venres, día 30 de maio. Será no auditorio Hernán Naval ás 20:00 horas.

Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón, EnraizHadas e Maktub.

O prezo da entrada é de 6 euros e tamén hai fila cero, para que as persoas que queren colaborar e non poden asistir ao festival se sumen coa achega económica que elixan.

Para calquera dúbida ou aclaración as persoas...

leer más