Eventos

05/06/2025

Esta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.

Etiquetas:
05/06/2025

Esta fin de semana será intensamente cultural en Foz, con actividades como teatro e encontro de corais.

“Achégase o verán ao concello de Foz, e con el as ganas de máis actividades. Esta fin de semana está chea de cousas das que desfrutar e esperamos que a xente se anime a saír e vir por Foz a acompañarnos. As asociacións realizan un traballo enorme para organizar todos estes eventos”, anima a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A edil anuncia que “o venres 6 ás 20.30 horas na Casa da Cultura dará comezo o IV Certame de teatro afeccionado, coa obra Sen frores nin coroas. O sábado 7 chega unha nova edición do Auto Clásicos de Foz; fronte á praia da Rapadoira poderanse ver diferentes modelos de coches clásicos así como a comida que se celebrará despois, organizada por Auto Clásicos Foz. Continúa o certame de...

leer más
05/06/2025

O Concello de Trabada anuncia que colabora co recentemente creado Motoclube A Cadeira na organización da I Concentración Motera que terá lugar os días 21 e 22 de xuño, sábado e domingo, na Praza do Concello e noutras localizacións do municipio.

“Este evento prevé reunir a numerosos afeccionados ao mundo das dúas rodas chegados de toda Galicia e doutras comunidades, cun amplo programa de actividades para todos os públicos: exhibicións de pilotaxe, simuladores de MotoGP, sesións vermú con música en directo e DJ, ceas populares, rutas turísticas en moto, sorteos con premios e moito máis. Entre os momentos máis destacados da fin de semana está a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora. O encontro tamén contará cunha zona de acampada interior e exterior, servizo de taxi, foodtrucks, churrería, postos de merchandising e a...

leer más
05/06/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, participará o domingo 15 de xuño na Travesía Costa Naviega, en Asturias. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 25 euros para socios federados, 30 euros para socios non federados e 35 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata este sábado, día 7 de xuño, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

05/06/2025

A segunda edición da Andaina Solidaria A Mariña, memorial Carmela Primo, terá lugar en Viveiro, este sábado, día 7 de xuño, desde as 11:00 horas.

O Concello de Viveiro anuncia que a saída será desde a praia de Area (Celeiro) e a chegada na Praza Maior (Viveiro). O percorrido farase polo Camiño do Mar, a distancia é de 7 quilómetros e o prezo é de 8 euros. Tamén explica: “inscricións na túa Cáritas Parroquial máis próxima ou escaneando o código QR do cartel. Todos os fondos recadados destinaranse á atención de persoas vulnerables”.

 

04/06/2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a I Semana do Patrimonio Invisible da provincia de Lugo, unha iniciativa que “abre as portas de espazos históricos e culturais habitualmente inaccesibles ou pouco coñecidos”. Inclúe actividades en Mondoñedo e Lourenzá.

A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañada pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago; a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro; e o responsable da coordinación das actividades César Abella, presentou a iniciativa que “ofrece á cidadanía unha oportunidade única de descubrimento de lugares fóra dos circuítos turísticos convencionais, a través de visitas guiadas en grupos reducidos”.

Iria Castro explicou que “con este ciclo de visitas visibilizamos diferentes espazos fomentando o coñecemento e a valorización da...

leer más
Etiquetas:
04/06/2025

A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as festas na honra ao Corazón de Xesús dos días 6 e 7 de xuño, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 22:00 horas con churrascada, torrezmada e chourizada. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e Discomóvil The Sound Project.

E o sábado ás 13.30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión e sesión vermú longa a cargo do dúo Eclipse.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

04/06/2025

San Esteban, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas patronais os días 6 e 7 de xuño, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con churrascada popular. E a partir das 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.

E o sábado o Grupo de Gaitas de Riotorto ofrecerá un pasacalles e ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, seguida de sesión vermú a cargo do dúo D' Caché, que tamén actuará na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
04/06/2025

A Asociación de Veciños de Ourol organiza unha comida homenaxe ó médico  Miguel González Núñez con motivo da súa xubilación. Será este domingo, día 8 de xuño, ás 14:30 horas no Edificio Multiusos de Ourol.

O prezo por persoa é de 35 euros e as tarxetas poden retirarse ata este xoves, 5 de xuño, en Casa Balsa e Farmacia de Ourol.

03/06/2025

O Concello de Cervo vén de convocar os  programas Cervo a carón do voluntariado IX -dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos- e Voluntariado Miúdo V, para a rapazada de entre 12 e 15 anos.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse este martes, 3 de xuño, ata o IES Marqués de Sargadelos para explicarlles aos rapaces e rapazas en primeira persoa en que consisten estas iniciativas e o obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil “co que se busca non só fomentar o compromiso e a solidariedade entre a xuventude, senón tamén ofrecerlles un espazo de aprendizaxe práctica, convivencia e responsabilidade social”.

Así este mesmo martes ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As...

leer más