Libros

Etiquetas:
27/10/2017

O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.

Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.

Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.

Etiquetas:
25/10/2017

As Deputadas Mayra García Bermúdez, Sonsoles López Izquierdo e Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto González, xunto áprofesora María Isabel Fernández García, presentaron no obradoiro do libro do Centro de Artesanía e Deseño, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Trátase do libro editado polo Executivo Provincial a través do Servizo de Publicacións, que recolle a vida e obra desta lucense a través de fotografías, recortes de prensa e documentos. Manuela Barreiro Pico foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.

García Bermúdez destacou que “Manuela Barreiro Pico foi...

leer más
Etiquetas:
07/10/2017

O día 10 chega ás librarías A raíña das velutinas, a novela de Lionel Rexes premiada no certame Lueiro Rey do Concello do Grove hai uns meses.

A obra foi editada por Xerais e en breve será presentada en diversas localidades da comarca, non obstante, poderá ser adquirida a partires deste martes.

O autor conta con seis galardóns anteriores obtidos en certames de relato curto, entre eles o Pedrón de Ouro e o Lonxa Literaria.

A presentación oficial desta novela terá lugar no mes de outubro no Concello do Grove (en data aínda por concretar); o seguinte acto de presentación celebrarase na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), lugar onde se desenvolve boa parte da acción da novela. 
Desta obra, o xurado do premio grovense salientou: “o seu brillante labor de documentación e as historias...

leer más
Etiquetas:
22/09/2017

A recentemente creada A Xanela Editorial abre o seu camiño editor cun libro moi especial: Elas, de Aurora Marco, que se presentará o vindeiro 29 de setembro en Ribadeo nun acto na Escola Municipal de Música e Danza. 

Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “a ensaísta, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, quixo mostrar nesta obra as contribucións das mulleres galegas nos diferentes ámbitos de ocupación desde as orixes ata 1975, ano de cambios políticos e punto de partida da revisión da situación e dereitos das mulleres”.

E engaden que “o libro, editado por A Xanela Editorial, é froito do labor de investigación iniciado na década dos 80 e recolle unha compilación de biografías que permiten ter unha visión do papel determinante da muller galega na sociedade...

leer más
Etiquetas:
21/08/2017

A terceira edición da Feira do Libro de Burela, que terá lugar do venres 25 ao domingo 27 de agosto, acollerá presentacións de moitos escritores e escritoras da Mariña ademais doutros de fora de Galicia como Matías Escalera ou Salvador Robles. A feira contará con dez casetas instaladas na Praza da Mariña que abrirán en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. A inauguración oficial será o sábado ás 12:30 horas coa asistencia da pregoeira, a escritora Marica Campo, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, o alcalde burelés, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés comentou que “el próximo fin de semana celebramos aquí en Burela la tercera Feria del Libro. En esta edición pretendemos consolidarla y dotarla de actividades paralelas para que la hagan más atractiva....

leer más
Etiquetas:
17/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Cultura, José Díaz, presentaron nos xardíns do Pazo de San Marcos a programación de actividades que Goberno de Deputación e Concello levan a Burela dende o 25 ao 27 de agosto no marco da III edición da Feira do Libro burelense.

O Executivo Provincial colabora co municipal na celebración desta iniciativa a través dun investimento de 8.000 euros, que permitirán a organización de novas actividades ao longo deste ano. Con cargo a este orzamento, a feira do libro de Burela contará con 10 stands doutras tantas librerías, 14 actividades para persoas de todas as idades, como presentacións e sinaturas de libros, entre outras; así como contacontos para os cativos, ademais dos concertosde Luar na Lubre e do cuarteto de jazz municipal. 

... leer más
Etiquetas:
16/08/2017

Este mediodía presentouse a Feira do Libro de Foz, que se inaugurará mañá, xoves. Hoxe dá comezo unha nova edición de Foz Market, feira que se prolongará ata o domingo 20. Ademais esta fin de semana en Foz terá lugar o festival de música electrónica Tentacle Summer, e o sábado e o domingo celebraranse o Festival do Emigrante, en Vilaronte, e a Feira de Gando en Cangas.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “hoxe é un día de presentación dun fin de semana totalmente cargado de actividades de todo tipo: lúdicas, festivas e tamén culturais, como é o caso da Feira do Libro, que presentamos este mediodía. Hai que agradecer á federación de libreiros a súa organización e o Concello colabora no financiamento desta feira, que é moi importante para nós pois cobre un espazo dentro da cultura e do verán e encaixa perfectamente dentro...

leer más
Etiquetas:
14/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, acompañadas doutras autoridades, inaugurarona XXI Feira do Libro de Viveiro, situadas nos Xardíns de Noriega Varela. Esta edición estará aberta ata o 16 de agosto.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Porto remarcou que “con esta Feira, achegamos a literatura á cidadanía, contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores. Ademais avanzou que a Deputación tamén instalará un stand con...

leer más
Etiquetas:
05/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron a XXI Feira do Libro de Viveiro, que terá lugarnos Xardíns de Noriega Varela, do sábado 12 de agosto ao mércores 16, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, e a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Porto subliñou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que 
que achegan á cidadanía unha parte...

leer más
Etiquetas:
02/08/2017

A libraría Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 5 de agosto, a partir das 11:00 horas, a presentación de “Un máis”, o novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, publicado por KALANDRAKA e dirixido a primeiros lectores.

Trátase dunha historia protagonizada por unha familia de coellos que vai medrar coa chegada dun bebé. O relato céntrase na curiosidade do personaxe principal, un pequeno coello, polo tempo que tardará en nacer o seu irmán ou irmá; unha dúbida que lle traslada de xeito insistente non só á súa nai, senón tamén a outros habitantes do bosque. Mentres, o coelliño imaxina os xogos que poderán compartir xuntos.