Libros

Etiquetas:
21/01/2018

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.

“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.

O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...

leer más
Etiquetas:
15/01/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 18 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía,  de Foz, a presentación do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, no que tomarán a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.

Segundo os organizadores “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo”.

E engaden que “o volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.

No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.

O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.

 

Etiquetas:
27/12/2017

Este xoves, 28 de decembro, o escritor Lionel Rexes falará en Ribadeo da súa obra A raíña das velutinas.

O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, terá lugar na Casa das Letras, na rúa Rodríguez Murias 8, ás 20:30 horas.

O autor alfocés presentará a súa última novela pola que obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela, e na que a narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016.

Lionel Rexes participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos e, a partires desa experiencia, comezou a redactar unha narración en forma de novela que presentou ao premio literario que o concello de O Grove convoca desde hai vintetres anos.

Despois de terse presentado noutros puntos da provincia...

leer más
Etiquetas:
20/12/2017

O Concello ven de presentar o libro Burela recicla o Nadal. Trátase dun manual de bos usos para concienciar á poboación da necesidade de reciclar nestas datas de Nadal nas que hai tanto consumo de alimentos, agasallos, embalaxes, etc. Son 1.000 exemplares os que se repartirán polos centros de ensino, na Biblioteca Municipal e tamén no Concello. No acto desenvolvido esta tarde participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e o autor dos textos, que é Xosé A. Perozo. O libro conta con ilustracións de Fran Muñiz.  

O rexedor comentou que “a finalidade do Concello de Burela é dalgunha maneira concienciar, axudar e compartir a problemática que está habendo con respecto ao que é a grande cantidade de residuos que se xeran no día a día. Xa participamos nalgún encontro cos Concellos que están a favor loitar...

leer más
Etiquetas:
19/12/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.

García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Na Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.

“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.

Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.

 

Etiquetas:
20/11/2017

A novela A raíña das velutinas de Lionel Rexes será presentada en Mondoñedo o 2 de decembro. O acto terá lugar na Casa da Penela en Vilamor, ás 19:00 horas. Precisamente a narración xurdiu nese establecemento de turismo rural.

Tras a presentación celebrarase unha cea no mesmo local, para a que é preciso anotarse, e pode facerse no teléfono 645 97 18 77. O prezo da cea é 20 euros e a data límite para a inscrición o luns 27 de novembro.

O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso. A mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras -activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao O Gardarríos-, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha...

leer más
Etiquetas:
19/11/2017

O próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”. 

No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.

 

Etiquetas:
08/11/2017

Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento. 

O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”

Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.

Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden.