Libros

Etiquetas:
10/01/2019

A Sala de Exposicións de RegalXunqueira en Viveiro acollerá este venres, 11 de xaneiro, a presentación do libro de Pepe Peinó A Fuxida. O acto dará comezo ás 20:00 horas.

O propio autor explica que esta novela trata sobre a adolescencia, esa fermosa etapa de cambios, sensacións, emocións e rebeldía. O protagonista, Xaime, é un rapaz adolescente que sofre a angustia de buscar moitas respostas sobre a vida e non atopalas. Anda só, pensa, sinte e soña pero non é feliz. Séntese marxinado e débil no trato coas outras persoas, e sente medo ante a soidade, o baleiro e o ridículo. Pero Xaime é capaz de profundar nas verdades da vida e sabe que hai algo máis que o desánimo, que a vida pode dar moito máis de si. Convencido disto, e a pesar de que sabe que causará dor á súa familia, foxe de casa. Na súa fuxida de dez días coñece a outras persoas,...

leer más
Etiquetas:
28/12/2018

O Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
 
Ata  o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos  1965 6 1977.
 
Este libro é unha  guía,  unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se  explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o  seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio.  Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...

leer más
27/12/2018

Este venres, 28 de decembro, presentarase en Mondoñedo, o libro de José María Rodríguez Díaz. O acto terá lugar na Casa da Xuventude, ás 20:30 horas.

Participarán: Elena Candia, Manolo Xanetos, José Isidro Fernández e Antonio Gregorio. Despois da presentación haberá unha mesa redonda.

 

16/12/2018

Pepe Peinó presentará a súa segunda novela “A Fuxida” o 22 de decembro no Valadouro. 

Peinó comentou que “escribir é unha experiencia intermedia entre soñar e crear. Eu soñei toda a miña vida e as miñas inquedanzas creativas leváronme, entre outras cousas, cara á literatura. Agora publico con Olelibros a miña segunda novela, tamén en galego. Titulada A fuxida, fala das inquedanzas da adolescencia, dos seus conflitos emocionais, da busca incesante que acompaña a esa idade, unha busca que é á vez dun mesmo, do mundo e do lugar que debemos ocupar nel. Xaime é un rapaz solitario e reflexivo, que se fai moitas preguntas sobre a vida e, ansioso por atoparlles resposta, foxe da súa casa e da súa familia, intentando situarse a si mesmo no lugar que lle corresponde. Trátase dunha historia tan cotiá como profunda, tan de todos como especial”. 

... leer más
Etiquetas:
14/12/2018

Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.

Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.

 

Etiquetas:
20/11/2018

O 28 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación da novela O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños, publicada pola Editorial Fanes.

O alén dos barqueiros é unha novela con varias posíbeis lecturas e dotada de compartimentos comunicados entre si. Técena uns fíos aparentemente desparellos, mais enfiados habilmente polo autor. 

A mitoloxía, a cultura fluvial, a Guerra Civil, os guerrilleiros antifascistas e a represión, habitan as súas páxinas, mais por riba de todo, é a espiritualidade dun persoanxe á procura dun gran segredo -encontrar un espazo propio na vida e no mundo-, o leit motiv da narración.

Anxo Muíños (Taragoña-RIANXO, 1966) é mariño e traballa no buque hospital Juan de la Cosa, con bases en Santander e Las Palmas.

Este...

leer más
Etiquetas:
14/11/2018

A Librería Bahía, de Foz, organiza varios actos con motivo da conmemoración do Día das Librerías, que se celebra este venres, 16 de novembro.

Ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio coa escritora burelesa Antía Yáñez, que presentará a súa novela Senlleiras. Antía Yáñez gañou con esta novela o premio Illa Nova de narrativa convocado pola editorial Galaxia, para promocionar a autores novos. Trátase dunha historia que aborda os malos tratos a través da vida de dúas mulleres afastadas no tempo pero con moitas cousas en común. Antía Yáñez tamén ven de gañar o premio Fina Casalderey para literatura xuvenil de temática feminista, coa obra A Reconquista. Este encontro con Antía Yáñez está organizado en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco.

O sábado, 17 de novembro, ás 12:00 horas, tamén na...

leer más
Etiquetas:
24/10/2018

O Concello de Cervo celebra o Día Mundial das Biblioteca agasallando libros aos máis pequenos. 

Deste xeito, a edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, achegouse ata os dous colexios do municipio para entregarlles aos pequenos do primeiro curso de infantil o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”; e animou ao alumnado a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.

Con motivo desta efeméride, este venres, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, Felipe Díaz Caxoto, da Trastenda dos contos, ofrecerá aos pequenos e pequenas o seu espectáculo “un libro baixo a almofada”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares destacou neste día a importancia de adquirir os hábitos de lectura desde as...

leer más
Etiquetas:
17/10/2018

Unha colección de monstros do máis variado é o que nos trae Fran Amil no seu novo libro-CD. A colección Sonárbore da editorial Galaxia lanza Monstros con ou sen consentimento un volume que nos presenta toda unha serie de personaxes peculiares. Lobos bondadosos, robots, entes larpeiros ou estraños personaxes musicais danse cita en forma de cancións "para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar" acompañados das ilustracións de Manel Cráneo.

Fran Amil é un músico, compositor e produtor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto). Dende hai uns anos fai música infantil en galego, sendo os traballos anteriores, Un conto ao revés e A voz do vento, disco no que musica e canta poemas de Manuel...

leer más
Etiquetas:
12/10/2018

Laureano Oubiña firmará ejemplares de su libro Oubiña, toda la verdad este sábado, día 13 de octubre, en la Librería Vivín, de Ribadeo. Será de 12:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 20:00 horas.

En la portada de la publicación destaca una foto de Laureano Oubiña y el siguiente texto: “ahora es mi turno para contar mis vivencias sobre contrabando y narcotráfico internacional”.