Libros

Etiquetas:
05/11/2019

O día 8 de novembro celébrase o día das librerías. O lema deste ano é “As librerías tócannos”.

Para celebralo, na Librería Bahía, terán aberto ata as 10 da noite, farán un desconto durante todo o día do 5% en todos os libros e rematarán a xornada cun coloquio ás oito e media da tarde co escritor Xavier R. Baixeras “co que falaremos sobre a novela de Tina Vallés, traducida por él e editada por Kalandraka, A memoria da árbore”.

Desde a Librería Bahía engaden que “con esta celebración queremos destacar o papel das librerías como espazos de encontro, de dinamización cultural e de descuberta do inmenso mundo que é o mundo dos libros”.

Etiquetas:
24/10/2019

O Concello de Cervo celebra o Día Internacional das Bibliotecas agasallando libros aos máis pequenos. 

Deste xeito, o alumnado do primeiro curso de infantil recibiu, da man do rexedor, Alfonso Villares, e da edil de Educación, Dolores García Caramés, o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”.

Villares e Caramés tamén aproveitaron a acasión para animar aos/ás nenos/as a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.

Ademais, con motivo desta efeméride, este domingo, 27 de outubro, ás 12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou neste día a importancia de...

leer más
Etiquetas:
21/10/2019

Este xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.

O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.

 

Etiquetas:
09/10/2019
O vindeiro sábado, 12 de outubro, ás 20 horas terá lugar a presentación do libro Co pai, un conxunto de lembranzas que o autor de Mermorias dun neno labrego deixou escritas antes do seu pasamento, acontecido en 2015, nas que rememora experiencias, traballos e reflexións artelladas arredor da figura do seu pai. 
 
Trátase dun libro de carácter memorialístico, do que cómpre salientar a singular prosa poética do seu autor que, neste caso, se desprega sobre unha serie de textos breves no que se xuntan a dimensión narrativa e a lírica. Engádese así este libro póstumo a outros nos que Neira Vilas foi elaborando unha memoria literaria coa que evocar o eido orixinario e os afectos familiares. Dende o xa lonxano Lar (1973), evocación da primeira viaxe a Galicia tras vintecatro anos na emigración; Nai(1980),...
leer más
Etiquetas:
09/10/2019

A Mariña está presente no libro “Viajar por libre. 50 rutas en furgo por España”, do xornalista Pedro Madera. A FCAM segue así coa súa campaña de promoción turística desta comarca por todo o país, a través da colaboración iniciada hai un ano con este coñecido xornalista, historiador e viaxeiro infatigable. 

O libro saíu á rúa a finais do pasado mes de setembro. Ao longo de 304 páxinas o seu autor propón 50 rutas para facer en furgoneta ou en autocaravana por España. Unha desas propostas é A Mariña lucense, El suave paso de Asturias a Galicia. O percorrido de máis de 100 quilómetros levará ao viaxeiro a gozar da beleza paisaxística entre Ribadeo e Viveiro, achegándose incluso ata Estaca de Bares. Proponlles visitas ás Catedrais, a Rinlo, a Foz, a Sargadelos ou a Viveiro, entre outros lugares, e tamén lles fai recomendacións sobre áreas para...

leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 3 de outubro, ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro Hei entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero , nun acto no que tomaran a palabra os autores do mesmo Bernardo Maiz, Xosé María Dobarro e o noso conveciño Xosé Manuel Pazo.

Hei entrar no meu povo:reivindicarmos Carvalho Calero é unha publicación que recolle diversos traballos arredor da figura do autor recoñecido en 2019 co Día das Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero é un dos grandes vultos da cultura galega do século XX, cunha importante bibliografía no campo dos estudos lingüísticos e literarios pero tamén da poesía e a narrativa. Ao tempo, o autor mantivo durante moito tempo unha importante relación coa nosa vila, onde pasou as vacacións de verán en compañía da súa parella María Ignacia Ramos....

leer más
Etiquetas:
26/08/2019

Na V Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro, haberá presentacións, actividades para os máis pequenos, teatro con Carlos Blanco e Touriñán e sorteo de agasallos. O pregón será pronunciado por Pablo Mosquera o sábado ás 12:30 horas e ese día terá lugar un debate titulado O trasno, 30 anos despois, no que participarán Emilio Legaspi e Manuel Nebril a partires das 20:00 horas. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana celebramos en Burela a quinta Feira do Libro. Empezará o venres e transcurrirá durante todo o fin de semana. Os horarios van ser de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. Faremos o pregón o sábado ás doce e media da mañá e este ano o pregoeiro vai ser Pablo Mosquera, unha persoa moi vinculada á cultura en toda A Mariña, e en...

leer más
Etiquetas:
07/08/2019

O luns, 12 de agosto, ás 20:30 horas no claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo terá lugar a presentación do libro "Mi vida es un poema", escrito por Marta Prieto, profesora de Educación Infantil especializada en Pedagoxía Terapéutica. Persoa ligada á loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, loita que leva a cabo no seu ámbito profesional e persoal. 

"Mi vida es un poema" é un recompilatorio de poesías encamiñadas a explicar a pais, nais, educadores, amizades... á sociedade en xeral, as peculiaridades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento desde unha perspectiva divertida, sinxela e a veces máxica, tentando desmitificar e desdramatizar o diferente para mostrar a cara máis entrañable e tenra da discapacidade. 

O acto está organizado polo Centro de Información ás...

leer más
Etiquetas:
05/08/2019

Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa. 

Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz. 

Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.

 

Etiquetas:
04/08/2019

O Seminario de Estudos do Valadouro vai presentar o seu Caderno Número 9. Trátase dun estudo sobre a figura do Mariscal Pardo de Cela, baseado no seu testamento, que fixo Antón Xosé Meilán García. A obra titúlase: "Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)". 

O Caderno será presentado o vindeiro mércores, día 7 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo do Castrodouro de Alfoz, coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Responsable da Área de Sociedade do SEVA, e de Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA.