Libros

Etiquetas:
02/04/2019

A Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o vindeiro 4 de maio en Mondoñedo, data que aproveitarán para abrir as portas do Centro Español de Documentación Espeleolóxica, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, Centro Comarcal, de titularidade municipal. No acto participarán os presidentes de todas as federacións autonómicas e das dúas asociacións presentes na CEC.

O Centro de documentación aglutinará no espazo cedido polo Goberno local a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española. Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez García, preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase...

leer más
Etiquetas:
19/03/2019

A escritora focense Raquel Rey presentará este xoves, 21 de marzo, na Librería Bahía, de Foz, a súa novela Bon Vivant. O acto dará comezo ás 20:30 horas.

Este é a última obra de Raquel Rey, quen asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman. Amor, sedución e esperanza son os ingredientes desta novela editada por Titania.

Bon Vivant chega tras o seu libro Magia en las Estrellas, presentado hai dous anos e que foi o primeiro en poder adquirirse no mercado español despois de varias novelas publicadas por editoriais hispanoamericanas.

 

Etiquetas:
12/03/2019

Seguen as actividades programadas pola Concellaría de Igualdade para este ano. Carme Adán presentará o libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión este sábado, 16 de marzo, ás 12 da mañá no salón de actos da Casa do Mar. Xunto á autora estará a concelleira Mariluz Álvarez Lastra. 

Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “tras o éxito acadado na manifestación en Ribadeo e na convocatoria de folga xeral das mulleres, a Concellaría de Igualdade continúa coas actividades programadas ao longo deste ano. Seguimos con accións coeducativas nos centros educativos. Onte, 11 de marzo, en colaboración co CIFP Porta da Auga organizouse un contacontos para o alumnado de infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.  Esta actividade foi impartida polo alumnado do segundo curso...

leer más
Etiquetas:
07/03/2019

A galería ribadense Terra Branca acollerá o vindeiro xoves, 14 de marzo, a presentación da novela A Fuxida, de Pepe Peinó. Será ás 19:30 horas e a entrada é libre. 

A fuxida fala das inquedanzas da adolescencia, segundo Pepe Peinó, escritor, director de teatro e de cine.

O acto contará coa actuación especial da cantante Maika Alonso. 

Desde Terra Branca o seu propietario, José Ramón Leal, anima a asistir a esta presentación: “en nuestra galería hemos venido acogiendo diversas actividades culturales, como cursos de pintura, recitales poéticos, presentaciones de nuestras creaciones artísticas, etc. Y en esta ocasión tendremos la oportunidad de escuchar al escritor mariñano Pepe Peinó hablándonos de su segunda novela, A fuxida. Animamos a los amantes de la lectura y de la música a que se...

leer más
Etiquetas:
27/02/2019

O vindeiro martes, 5 de marzo, ás oito e media da tarde, estará na Librería Bahía a periodista Karmele Marchante presentando o seu libro “Puta no se nace”.

“Puta no se nace” é un libro denuncia contra a explotación de mulleres e nenas por parte do lobby do sexo. Nas súas páxinas, a recoñecida periodista dice basta á esclavitude do século XXI que desnuda de dereitos e de dignidade aos millóns de mulleres de todo o mundo que caen nesta lacra, e demanda a necesaria e efectiva persecución de todos aqueles que contribúen dun ou outro xeito a que este lucrativo e inhumano negocio se manteña.

Xunto á periodista participará no acto de presentación a artista plástica Katova, quen xunto a Noa, outra muller artista de Viveiro, crearon un escaparate feminista na Librería Bahía co que pretendemos dar visibilidade ás...

leer más
Etiquetas:
19/02/2019

Este xoves, 21 de febreiro, terá lugar a presentación do libro-disco A viaxe de Brandán, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.

A obra está baseada no texto, do mesmo título, do escritor Xoán García “Rompe”, e música de Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela. A autora das letras das cancións é Xulia Nogueira, profesora de violonchelo tamén na Escola de Música de Burela, e o deseño corresponde a Tomás López Retorta.

A viaxe de Brandán foi representada no ano 2012 por alumnos da Escola Municipal de Música de Burela, en colaboración con grupos teatrais da comarca, e posteriormente gravada pola Radio Televisión Galega e interpretada por alumnos da Escola.

O libro-disco A viaxe de Brandán foi editado polo Concello de Burela.

 

Etiquetas:
17/02/2019

A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o 24 de febreiro o Día de Rosalía cunha presentación de libros.

O vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas no Caseto de Copa, en Cervo, a escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súas obras: O misterio de Portomarín, Senlleiras e A Reconquista. Xunto a autora estarán Ramón González Rei, coordinador do Xornal da Mariña; e Iria Fernández Moscoso, colaboradora de ACR Fervenza de Sargadelos.

Esta asociación anima a todas as persoas a participar, como peche da xornada, na lectura pública e participativa do Manifesto feito pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar este día.

 

Etiquetas:
15/02/2019

A Librería Bahía, de Foz, acollerá o vindeiro luns, 18 de febreiro, a presentación da novela de Santiago Lopo, A arte de trobar, coa que gañou o Premio Xerais na edición de 2017. O acto dará comezo ás 20:30 horas e nel tamén participará o club de lectura da Pomba do Arco.

Santiago Lopo estará ademais, a primeira hora da tarde, con alumnos de primeiro de bacharelato do IES de Foz.

A arte de trobar é unha novela que se sitúa no século XII e que nos achega o mundo dos trobadores e xograres, nunha narración áxil e con grandes doses de intriga.

 

Etiquetas:
14/02/2019

Este sábado, 16 de febreiro, na Librería Bahía, en Foz e en Ribadeo, terá lugar a presentación do libro de cociña titulado Receitas Pequerrechas, de Rocío García Caramés, editado por Galaxia e destinado a nenos e nenas.

A autora presentará o libro cun obradoiro de cociña baseado nas receitas que se recollen nel. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Na Librería Bahía en Foz a presentación será ás 12:00 horas. Na Librería Bahía-Xoguetería Din y Don en Ribadeo ás 17:00 horas.

 

Etiquetas:
05/02/2019

Este xoves, 7 de febreiro, a Librería Bahía de Foz acolle a presentación da obra de Randi Montero, titulada Yo siendo otra. O acto terá lugar a partires das 20:30 horas.

O lucense Randi Montero reivindica nesta novela, que é a súa primeira obra narrativa que escribiu en 2016, a liberdade persoal de cada quen para decidir quen quere ser dende a súa verdade máis íntima.