Música

Etiquetas:
11/12/2018

O vindeiro sábado, día 15, terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía. O Concello colabora coa organización do evento, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.

A Coral Polifónica de Burela organiza este festival no que actuará xunto ás Corais Polifónica de Campo Lameiro, de Pontevedra, e La Encina de Mata de San Felices de Buelna, de Cantabria.

A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
10/12/2018

O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.

Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.

O  concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.

 

05/12/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 8 de decembro, a actuación do grupo Sons de Celeiro. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. Este evento é aberto ao público.

O grupo Sons de Celeiro presentaba este outono o seu traballo "Cantar ben ou non cantar". No seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.

 

Etiquetas:
01/12/2018

A banda madrileña Cosmosoul ofrecerá un concerto en Ribadeo o vindeiro sábado, 8 de decembro, dentro da súa xira por Galicia e Asturias. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, ás 20:30 horas.

A formación está composta por cinco músicos con técnicas, formación e perfís moi diversos, o que dá como resultado unha mestura de estilos e culturas que queda plasmada nos tres discos cos que xa contan. A súa música está fortemente arraigada ao neo-soul e ao R&B, pero conta cunha riqueza de matices da worl music, o jazz e o pop.

O terceiro álbum que agora presentan leva por título Walk, e o seu traballo vai dirixido a achegar ao público os seus coidados directos.

 

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns poñeranse á venda as entradas para o ballet clásico El Cascanueces, que se poderá ver na Casa da Cultura o 23 de decembro. Será a través de ataquilla.com aos prezos de 15 e 18 euros. Esta é a segunda vez que Burela acolle un espectáculo destas características, segundo subliñou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz. O Gran Ballet de Kiev (Ucrania) será o encargado de poñer en escena esta obra.

Díaz manifestou que “desde el Concello de Burela queremos presentar un evento que tendremos el día 23 de diciembre aquí, en el auditorio municipal, a las siete de la tarde, que va a ser el ballet clásico El Cascanueces de Tchaikovsky. Va a ser la segunda vez que tengamos un ballet de este nivel en Burela, el primero fue el año pasado en navidades y había funcionado muy bien en cuanto a público y calidad. Es a través de la misma...

leer más
27/11/2018

Medio cento de persoas asistiron en Cine Ribadeo á presentación do vídeoclip Amiga ansiedad, do grupo de rock ribadense Remakers. 

Ao inicio do acto Cherry, vocalista da formación, dixo: “grazas por vir e por apoiar a cultura de Ribadeo. Queríamos agradecervos a vosoutros que esteades aquí; a Faro Norte, por darlle cobertura a esta presentación; e a Dani Díaz e Gloria Tejero, de 60 Ráfagas, que se achegaron ata aquí ademais de facernos esta marabilla que ides ver agora”. 

Cherry explicou que “o motivo polo vos convidamos a estar aquí é para presentar o vídeoclip deste single, que é un adianto do que vai ser o noso disco Sueños y otras pesadillas, que se editará o 14 de decembro. Ese día estará en formato físico e tamén nas plataformas dixitais”.

Sobre o tema do vídeoclip contou que “se...

leer más
Etiquetas:
26/11/2018

O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro, seguindo co seu Outono Cultural, organiza este xoves, 29 de novembro, unha actuación do Coro da Mariña. Terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 20:30 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

O Coro da Mariña está co dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier. A formación naceu hai uns meses e nela participan arredor de trinta persoas procedentes de distintos puntos da Mariña. O repertorio que interpretan é moi variado e de temática mariñeira.

 

21/11/2018

O grupo ribadense de rock Remakers terá o seu segundo disco na rúa neste vindeiro mes de decembro e como adianto acaba de editar un videoclip, que se presentará no Cine Ribadeo o día 27 deste mes, martes, ás 19:00 horas. Será un acto aberto ao público, con entrada gratuíta e que contará coa presenza de varios compoñentes do grupo, que falarán deste traballo audiovisual e do disco. Ademais os asistentes poderán ver o videoclip en primicia. 

Remakers anuncian que “como adianto a este disco, que incluirá oito composicións propias, escollemos o single titulado Amiga Ansiedad, do cal presentamos un videoclip á altura do que creemos que se merece o traballo discográfico que temos entre mans. O vídeo está dirixido por Gloria Tejero e Daniel Díaz, da produtora 60 Ráfagas. Son de Ribadeo e teñen traballos premiados en varios festivais”.

... leer más
Etiquetas:
20/11/2018

O trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.

Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.

O director da Banda ribadense comentou tamén que “ultimamente neste concerto de Santa Cilla dedicamos a algún compositor unha serie de pezas en concreto. Este ano ímolo facer dedicado ao compositor e director belga Bert Appermont, que é un dos meus compositores preferidos para música de banda e tiven a sorte de coñecelo nunha...

leer más
19/11/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza dentro dos actos do 25 aniversario do centro.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Bach ata Billy Joel. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.