Música

Etiquetas:
22/11/2022

A oitava edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo inclúe seis concertos no auditorio municipal Hernán Naval, un taller de canto, unha exposición e actividades gastronómicas, como tres ceas concerto. O evento celebrarase desde este venres, día 25, ata o 11 de decembro, e as entradas están á venda na web gameroverpro.es, onde tamén se pode mercar un abono para cinco concertos.

As actividades do festival comezarán coa inauguración dunha exposición retrospectiva sobre as anteriores edicións na oficina de turismo ribadense. Será este venres ás 20:30 horas. E despois terá lugar no restaurante Javier Montero a primeira cea concerto, na que actuará Pablo Sanmamed Trío. Pablo Sanmamed é un contrabaixista e compositor nacido en Santiago de Compostela, estudou piano e violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Santiago e posteriormente...

leer más
Etiquetas:
18/11/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 17 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

 

Etiquetas:
17/11/2022

O Pazo de Ibáñez acolleu a presentación do VIII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que se desenvolverá do 25 de novembro ao 11 de decembro. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “presentamos hoxe unha nova edición do Festival de Jazz &Blues de Ribadeo, que se vai desenvolver do 25 de novembro ao 11 de decembro cun amplo abano de actividades”.

A edil ribadense explicou que “teremos unha exposición retrospectiva destes anos do Festival, haberá un taller de canto, gastronomía e jazz (Jazztronomía) na carpa que estará situada no parque de San Francisco, haberá tres ceas concerto e seis concertos con grupos procedentes de Asturias, País Vasco, Cantabria, Cuba, USA e Francia”.

Para Otero Cabarcos: “o Festival de Jazz & Blues de Ribadeo é xa unha cita consolidada na nosa...

leer más
16/11/2022

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o 19 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 21:00 horas. 

Carlos Timiraos dirixirá o concerto Diversidade inclusiva, que ofrecerán a Banda de Música O Landro e Aspanane. 

É a banda viveirense a organizadora do evento coa que colabora a Concellería de Educación de Viveiro. 

 

14/11/2022

A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro.

O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.

David Ballester engade que “o repertorio...

leer más
Etiquetas:
13/11/2022

A Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia. 

Etiquetas:
08/11/2022

O vindeiro venres, 11 de novembro, terá  lugar no salón de plenos do Concello de Burela a entrega dos premios aos gañadores de Musicarte 2022, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz. 

O edil burelés contou que “la Delegación de Cultura de Burela anuncia que este viernes a las ocho de la tarde en el salón de plenos del Concello vamos a hacer entrega de los premios de Musicarte 2022 a las escuelas de música y a los adultos no profesionales que resultaron ganadores tras la decisión del jurado de este año, que estuvo presidido, una vez más, por la actriz mariñana Estíbaliz Veiga”.

Díaz convida a asistir a ese acto: “invitar a quien se quiera acercar para ver a los ganadores de este certamen; pueden acceder sin ningún problema al salón de plenos del Concello este viernes a las ocho de la...

leer más
30/10/2022

No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.

O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.

E  no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.

A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.

Etiquetas:
27/10/2022

A Xunta de Galicia, a través de O Teu Xacobeo, apoia o concerto que ofrecerá o día 31 de outubro en Mondoñedo o cantante chileno Américo, Rei da Cumbia, que servirá como colofón á celebración das festas das San Lucas. 

A xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel, participou hoxe na presentación xunto co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e representantes da asociación San Lucas. O concerto comezará ás 22.00 horas na praza da Catedral e a entrada será de balde.

Etiquetas:
23/10/2022

Desde a Escola de Música de Burela sinalan: “estamos moi contentos de recibir a Andrea Vilar López novamente na Escola Municipal de Música de Burela. Esta pianista, que durante un tempo formou parte do noso profesorado, ofrecerá o vindeiro martes, 25 de outubro, ás 18:00 horas un pequeno concerto para piano nas nosas instalacións sitas na Rúa do Cancelo número 1”.

E engaden que “neste concerto, que estará aberto ao público, interpretará pezas da Fantasía Op. 12 de Robert Schumann”.