Actividades

Etiquetas:
23/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza o sábado, 26 de maio, a partires das 12:00 h enfronte da Casa do Mar de Foz unha xornada lúdica artística dedicada ao público infantil que ten como obxecto divulgar, dar a coñecer  e achegar aos máis novos aos nosos escritores.

O acto, que no caso de choiva se trasladaría as instalacións da propia Casa do Mar, consistirá en colorear por parte dos cativos e das cativas presentes undepregábel onde aparecen rostros de diversos escritores galegos, personaxes da súa obra así como diferentes espazos singulares das súas localidades natais.

O despregábel, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o título d´O país das letras. é un poster xigante de 100 x 70 cm realizado polo recoñecido ilustrador galego...

leer más
Etiquetas:
22/05/2018

O Concello de Xove organiza unha serie de actividades para os meses de verán que desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

O día 2 de xullo dará comezo o programa Móvete no Verán con clases de Aerobic-Latino ata o 13 de agosto, e con actividades físicas para maiores. Tamén desde o 4 de xullo ata o 8 de agosto haberá Fitness. Ademais para nenas e nenos de 4º de educación infantil a 4º de primaria celebraranse xogos pre-deportivos desde o 3 de xullo ao 16 de agosto. A data de inscrición para estas actividades é ata o 28 de xuño.

A Área de Xuventude ofrece, do 2 de xullo ao 17 de agosto, un curso de Informática para nen@s. Os días 18, 19 e 20 de xullo haberá un campamento para idades de 10 a 16 anos, e o 28 de xullo unha viaxe a Cerceda para idades de 13 a 35 anos. Ademais terán lugar sesións de paintball os...

leer más
15/05/2018

Viveiro acollerá a celebración de diversas actividades con motivo do Día das Letras Galegas.

O xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas, na Praza da Fontenova, actuarán Tempus Fugit e Coral-Alborada. Ademais haberá postos das librarías Porta da Vila e Neira Brochs (se chove estas actividades terán lugar na Sala Multiusos do Concello).

O sábado, 19 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal celebrarase Cataventos, un contacontos narrado por Pedro Brandariz. A entrada é de balde ata completar aforo.

O domingo, 20 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar a Gala da Lingua con Cándido Pazó, Brandariz e Rei, Najla Shami e Lois Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.

 

09/05/2018

A Praza dos Campos será o escenario para conmemorar o Día das Letras Galegas, en San Ciprián.

O grupo A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo, está a organizar unha xornada cunha ampla programación para a tarde do mércores, 16 de maio.

A cita, presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da organización, comezará ás 18:30 horas con diferentes xogos tradicionais de balde dirixidos tanto aos nenos como aos adultos.

Ás 19:30 horas será a quenda da gastronomía a base de racións de panceta, chourizos e salchichas.

A tarde estará amenizada coa música do grupo local A Rebolaxe e da banda de gaitas de Burela Dambara; e ás 21:30 horas, porá o broche de ouro o grupo de música tradicional...

leer más
23/03/2018

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa Concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e a Concelleira de Turismo, presentaron este venres o Programa de Marzo, no que se inclúen todas as actividades que se van a realizar no Concello de Cervo durante esta Semana Santa.

O alcalde resalta que é un programa que destaca pola súa diversidade, xa que “ten actividades que se poden adaptar a todos os gustos e idades”.

Pola súa banda a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés sinala que traballaron ca intención de “ofrecer un amplo abanico de posibilidades, desde humor ata gastronomía, pasando polo cine e a arte”. 

O programa divídese en cinco categorías: Arte, Xuventude, Cine, Actuación e Gastronomía. 

No apartado de Arte temos unha exposición sobre...

leer más
15/03/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación da  programación da Semana Santa de Mondoñedo, que organiza a Venerable Orde Terceira de San Francisco, en colaboración co Concello e entidades locais. Durante o acto, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a rexedora quixo agradecer o compromiso que anualmente amosan os veciños e voluntarios que se involucran na celebración dunha Semana Santa, a que definiu de “bela e singular” e que este ano conta cun programa que inclúe novidades, como é a celebración dunha nova procesión o 23 de marzo, Venres de Dores. 

A Semana Santa de Mondoñedo é organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mondoñedo, o 24 de febreiro de 1734. Esta celebración foi declarada de Interese Turístico Galego...

leer más
Etiquetas:
24/01/2018

O vindeiro 1 de febreiro dará comezo nas parroquias unha nova edición de Aquí?... coma de 20!. Nesta ocasión a actividade estará centrada no envellecemento e movemento activo e está baseada na práctica do Chi-Kung e do Tai-Chi “co obxectivo de paliar e retrasar os efectos do paso do tempo tanto no corpo como na mente e de mellorar a calidade de vida”.

Desde o Concello sinalan que “esta actividade é apta para todas idades, ten carácter gratuíto e todas as persoas interesadas en participar o único que teñen que facer é achegarse á parroquia correspondente e cubrir a ficha de inscrición”. Tamén poden obter máis información na Casa da Xuventude ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 129 889. 

Os martes haberá envellecemento activo en Cinxe de 15:30 a 17:00 horas e en Remourelle de 17:30 a 19:00 horas. Os...

leer más
Etiquetas:
26/12/2017

O Concello de Ribadeo organiza unha serie de actividades infantís durante o Nadal que se desenvolverán dende o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro.

O día 27 haberá unha festa lúdica no pavillón dende as 16:30 ata as 19:30 horas. Haberá inchables, obradoiros e animación musical e a entrada será de balde.

Tamén o mércores 27 dará comezo un obradoiro de iniciación ao crochet, que terá lugar durante o xoves 28 e o venres 29. Trátase dunha actividade interxeracional realizada con Aquí? como de 20!!!. Celebrarase na Casa da Xuventude entre as 16:00 e as 17:30 horas, a inscrición é gratuíta. O obradoiro está destinado a rapaces a partir de 9 anos.

O venres 29 o grupo de teatro Pistacatro presentará Outono, no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. O prezo da entrada será de 4 euros e de...

leer más
25/12/2017

Mondoñedo ofrecerá aos nenos durante este Nadal varias xornadas de actividades con ata dez tipos de colchonetasdiferentesno pavillón municipal.

O Infantipark estará dispoñible dende o martes 26 pola tarde ata o 30 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, por un prezo de catro euros; e de tarde de 16:30 a 20:30 horas  por un custo de cinco euros. 

O edil de Educación, Alberto García, explica que o Infantipark dispón de monitores que se encargan do coidado dos nenos mentres os pais poden permanecer nas gradas do pavillón municipal ou incluso aproveitar os descontos que ofrece a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo en establecementos asociados.

O Goberno municipal engade que os pais que presenten o resgardo de adquirir a entrada do Infantipark terán...

leer más
Etiquetas:
21/12/2017

Caramuxo Teatro representará a obra Feo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 23 de decembro, ás 18:00 horas. Trátase dunha comedia inspirada en O parrulo feo de Hans Christian Andersen que recibiu o premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil.

Tamén no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o martes, 26 de decembro, ás 18:00 horas, Pomper Pompería presentará un espectáculo de pompas de xabón.

O mércores, 27 de decembro, ás 21:00 horas, a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecerá o concerto de Fin de Ano.

O xoves 28, ás 20:30 horas, Abarajar presentará o espectáculo de maxia O camino máxico co Mago Rafa, o Mago Teto e Dani Polo.