Cervo

Etiquetas:
12/12/2022

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 17 ás 12:00 unha charla na Casa da Administración de Sargadelos na que se presentarán os datos obtidos trala escavación realizada polo Gabinete de Arqueoloxía e a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2020 no lugar do Coído (Cervo, Lugo). A conferencia correrá a cargo das arqueólogas María Martín Seijo e María José Bóveda Fernández, responsables da escavación e do estudo realizado neste sitio arqueolóxico. O estudo en laboratorio, e a realización dunha datación por luminiscencia dun dos fragmentos cerámicos achados no xacemento, permítelles ás autoras deste traballo realizar para todo o conxunto unha proposta de adscrición cronolóxica na Idade do Bronce.

A intervención arqueolóxica, promovida pola asociaciación socioculural Mariña Patrimonio, foi subvencionada cunha axuda da...

leer más
Etiquetas:
08/12/2022

O Nadal xa está ás portas... “e como cada ano, tamén vos queremos convidar a que participedes na elaboración dos tradicionais Beléns de Plastilina nesta fin de semana”, indican desde o Concello.

Serán o sábado, 10 de decembro, ás 12 na Casa do Concello en Cervo, e tamén ás 12 na Casa da Cultura en San Ciprián.

Etiquetas:
04/12/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título “Encontro coa arte” que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita. 

O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”

Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que...

leer más
Etiquetas:
29/11/2022

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

O prazo de recepción remata o 9 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 12 de decembro...

leer más
Etiquetas:
28/11/2022

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro. 

Etiquetas:
22/11/2022

O vindeiro domingo, 27 de novembro, celebrarase a terceira das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.

Esta fin de semana celebrouse a segunda etapa, na que máis de 30 persoas percorreron o tramo do Camiño do Mar que une a Basílica de San Martiño, en Foz, coa Igrexa da Vila do Medio, en Burela: uns 21 km de camiñada que terminaron na praza de abastos de Burela, onde agardaba aos peregrinos unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo de chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrela Galicia.

Os chefs Bruno Pena e Juan Rubiños ofreceron receitas de peixe sapo e pescada do pincho de Burela, en representación das...

leer más
Etiquetas:
22/11/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), coa asoc. Saúde Mental A Mariña e co CEIP de Cervo, programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Así, ese mesmo venres 25, ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, á que se incorporará o alumnado do CEIP de Cervo, e que rematará na Casa do Concello onde unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha muller vítima de violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio. 

Como actividade complementaria o propio CEIP de Cervo interpretará un tema en linguaxe de...

leer más
Etiquetas:
11/11/2022

Maña sábado,12 de novembro, a asociación Amigos da Maruxaina organiza un magosto a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián. E a continuación os presentes poderán defrutar do Show do Barallocas.
 
O domingo, 13, a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, propoñen teatro. A Adala de Fazouro interpretará a súa obra "Vivan os Noivos",  a partir das 19:00 horas no Pavillón de San Román.

 

Etiquetas:
03/11/2022

O Concello de Cervo acollerá este sábado, 5 de novembro, o Campionato Galego de Velocidade SUP no Encoro de Río Cobo.

A cita deportiva, que arrincará ás 10:30 horas,está organizada pola Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Cervo, o club Deportivo San Ciprián e a Xunta de Galicia.

A proba mixta congregará a uns 60 deportistas nas categorías elite, sub-18, sub-16 e sub-14 que terán que completar un percorrido total de 1000 metros.

Ao remate, está prevista tamén unha proba do circuíto galego de SUP Race que se desenvolverá nun circuíto triangular ao que os deportistas terá que dar 4 voltas, ata completar a distancia de 6 quilómetros.

A entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas.

O rexedor, Alfonso Villares,...

leer más
Etiquetas:
16/10/2022

O Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.
 
O punto de encontro será no Peirao de San Ciprián ás 17:30 horas, e despois da andaina está prevista unha actividade de "Zumba Sentao" no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.
 
Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.
 
Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, "prendas que se entregaron nas andainas que...

leer más