Cervo

07/06/2025

O Concello de Cervo pon en marcha unha campaña intensiva en xuño baixo o lema “Coida Cervo” como motivo do Mes do Medio Ambiente, cun amplo programa de actividades centradas na sensibilización e na protección do entorno natural.

Entre as iniciativas destacan as xornadas de limpeza de praias e ríos en colaboración con diferentes asociacións e entidades do municipio. A primeira delas tivo lugar este xoves 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, na Praia de Cubelas, coa participación da alcaldesa Dolores García Caramés, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e as asociacións Breoñáns, A Rebolaxe e Mistura, como entidades colaboradoras.

A próxima acción será o luns 9 de xuño ás 17:00 horas na Praia do Torno, coa colaboración das ANPAS do CEIP Península da Paz e do IES Marqués de Sargadelos.

... leer más
Etiquetas:
06/06/2025

O pavillón da Veiga, en San Ciprián, acollerá o oitavo torneo de voleibol Concello de Cervo este sábado, día 7 de xuño, a partir das 16:00 horas. Enfrontaranse os equipos infantís e xuvenís dos clubs CD San Ciprián e Xabaríns Volei, de Lugo.

O Concello de Cervo anuncia que é “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais, que tamén contaron con esta disciplina”. E anima “a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol”.

03/06/2025

O Concello de Cervo vén de convocar os  programas Cervo a carón do voluntariado IX -dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos- e Voluntariado Miúdo V, para a rapazada de entre 12 e 15 anos.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse este martes, 3 de xuño, ata o IES Marqués de Sargadelos para explicarlles aos rapaces e rapazas en primeira persoa en que consisten estas iniciativas e o obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil “co que se busca non só fomentar o compromiso e a solidariedade entre a xuventude, senón tamén ofrecerlles un espazo de aprendizaxe práctica, convivencia e responsabilidade social”.

Así este mesmo martes ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As...

leer más
Etiquetas:
28/05/2025

O Concello de Cervo pon en marcha a iniciativa Actívate en Xuño, ofrecendo durante todo este mes actividades de balde, abertas a toda a poboación, tanto en Cervo como en San Ciprián.

Tal e como explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés, que presentou o programa acompañada das monitoras Belinda Canoura e Nuria Torrado, “trátase dunhas xornadas de portas abertas para achegar a toda a poboación as nosas escolas deportivas municipais que clausuramos neste mes de maio e que rexistraron ademais unha participación de récord nas diferentes actividades. Unha proposta que dá continuidade, pois, ás actividades desenvolvidas ao longo de todo o curso e que pretende achegar estas disciplinas a novos públicos, fomentando así os hábitos de vida saudable e o exercicio físico en todas as idades”.

O programa de actividades para...

leer más
Etiquetas:
22/05/2025

O Concello de Cervo vén de poñer en marcha unha nova iniciativa cultural e educativa coa instalación dunha biblioteca ao aire libre no parque Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, en Cervo. Trátase dun proxecto bautizado como Libroteca e pensado para achegar a lectura a todas as idades e animar á veciñanza a compartir libros dun xeito sinxelo, accesible e sostible.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o parque en compañía do alumnado do CEIP de Cervo, que foron os que estrearon este novo punto de lectura cuxa idea partiu do propio centro, e máis concretamente de Lila, que foi docente no colexio e que se encargará de xestionar a Libroteca que foi moi ben acollida polos nenos e nenas, que desfrutaron da experiencia rodeados de natureza.

O funcionamento da biblioteca é moi sinxelo: calquera persoa pode deixar...

leer más
14/05/2025

O concello de Cervo acollerá a terceira edición do Trail A Fume de Carozo o domingo, 8 de xuño, a partir das 10:00 horas.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, na contorna da Praza dos Campos (San Ciprián), onde será a saída e a meta da competición.

Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros, un trail de 16 quilómetros e un trail de 25 quilómetros. Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.

Toda a información relativa ao evento e a inscrición está dispoñible a través da ligazón:...

leer más
Etiquetas:
12/05/2025

O Concello de Cervo anuncia que para este mes de maio ten programados novos faladoiros da iniciativa denominada Arruguiñas Charlando abertos á poboación en xeral. Serán os martes 13, 20 e 27 e tratarán sobre consumo.

“Son unhas xornadas participativas nas que se abordarán temas moi interesantes para o consumidor baixo o epígrafe Consumo en Ruta, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Asociación de Xubilados Terramar. O primeiro será este mesmo martes, 13 de maio, ás 18:30 horas baixo o título Coñece os teus dereitos como consumidor. No local da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar. E a continuación as persoas asistentes compartirán unha merenda”, explica o Concello de Cervo.

09/05/2025

A Rede Museística Provincial desenvolverá ao do 12 ao 18 de maio unha ampla axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museo, que se celebra Internacionalmente baixo o lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio. Os catro museos da rede (Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla) acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións  e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.

A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla- , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver...

leer más
Etiquetas:
09/05/2025

O Concello de Cervo anuncia que está aberta a convocatoria para un novo curso de iniciación á forxa, enmarcado no programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas. “Unha oportunidade única de aprender o oficio da forxa da man do noso veciño Telmo Cao no seu obradoiro no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, situado na antiga nave de fundición”. Celebrarase do 1 ao 4 e do 7 ao 10 de xullo, en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Está dirixido a profesionais da artesanía, estudantes de Artes e Oficios, Belas Artes ou de Formación Profesional relacionada co metal.

07/05/2025

O pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...

leer más