Cervo
O Concello de Cervo, en colaboración coas diferentes asociación de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade- programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, que foron consensuados nun encontro que mantiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, coas representantes destes colectivos, na Casa da Cultura. O sábado, 8 de marzo, está prevista unha andaina que partirá do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar, ás 17:00 horas, e a continuación as persoas participantes poderán compartir un café e tamén desfrutar dunha exhibición de danza oriental. Xa o domingo 9 de marzo, ás 15:00 horas, está previsto o tradicional xantar no restaurante O Noso Lar. As interesadas poden mercar os seus tickets no propio...
leer másO Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un Entroido “por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno a tres desfiles, que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe”.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira Mali Méndez presentaron a programación xunto cos representantes das asociacións Airiños do Xunco e Mulleres Rurais As Espalladoras -colectivos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente- e tamén de membros da Comisión de Festas de Lieiro, que se encargará da venta de bolos preñados, sobremesas e pastelón no Entroido de San Ciprián, na Praza dos Campos; e da asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe e da comunidade de Montes Veciñais, que colaboran no Entroido de San Román.
... leer másO concello de Cervo será o escenario o domingo 2 de marzo da tradicional Ruta de Enduro Medela MTB, que xa vai pola XIV edición.
Esta cita deportiva foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador David e Víctor Riera na contorna da piscina municipal, que será o punto de saída e a meta da proba.
O Concello de Cervo explica que “a carreira, de dificultade media-alta, será duns 30 quilómetros, 1.200 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos acondicionados polos membros do club durante os últimos meses con moito traballo e esforzo para que os amantes do enduro poidan gozar da competición ao máximo”.
A alcaldesa e o concelleiro quixeron agradecerlles, unha vez máis, aos integrantes do club o...
leer másEste sábado, día 15 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo e actuará o dúo Matices.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunto, dentro dos actos para conmemorar o 50 aniversario deste colectivo.
O Concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXXI edición. Ao longo da xornada os dez locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán o mexillón como protagonista.
Participarán os establecementos O Noso Lar, A Bodega de Ana, O Faro, A Penúltima, Bar Maruxaina, O Trasgo, Habana, bar El Puerto, A´Brasame Poliño e O Encontro.
A cita foi presentada pola rexedora municipal de Cervo, Dolores García Caramés, e por unha representación dos locais participantes. A alcaldesa puxo de manifesto que esta festa “é sempre un gran reclamo para atraer visitantes, e para animar a vila, a través dun produto que simboliza tamén a nosa conexión co mar”.
A rexedora convidou a veciños e visitantes a participar nesta festa que “é unha mostra do...
leer másA Casa da Cultura de San Cibrao, no concello de Cervo, acollerá a charla titulada Tecedoras de memoria. Desenterrando historias nas fosas franquistas de Galicia. Será o día 14 de febreiro, venres, ás 19:30 horas, e intervirán as doutoras en Historia Uxía Otero González e Conchi López Sánchez.
Esta actividade está organizada polo Foro Social da Mariña.
O Concello de Cervo convoca o XI Certame de Amor na Rede. O tema xenérico é a Fórmula do Amor. Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo. Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal. O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 13 de febreiro e poden entregarse a través do correo prensa@concellodecervo.com ou do whatsapp 683.31.59.39.
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Os orixinais serán publicados o venres 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” nese día, ata...
leer másO Concello de Cervo organiza unha charla sobre a xestión emocional da enfermidade o día 11 de febreiro, martes. Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián.
O Concello de Cervo anuncia: “o próximo martes, día 11 de febreiro, temos programado un novo faladoiro de Charlando, dentro do programa Arruguiñas, aberto á poboación en xeral, no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión emocional da enfermidade. Será impartido pola coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández.
Este xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 8 de febreiro, hai novo Guateque de Arruguiñas. Será no Local Social da Senra ás 20:00 horas e actuará a cantante Verónica Cambón.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.