Cervo

Etiquetas:
03/03/2026

A hostalaría de Cervo, en colaboración co Concello, pon en marcha unha nova edición dos Petiscos, unha iniciativa gastronómica que regresa este venres, día 6 de marzo, coa participación do Caseto de Copa e da Pousada O Almacén, co obxectivo de dinamizar a hostalaría local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio.

A nova edición foi presentada na Casa do Concello coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramén, e de Elsa Fernández e Tomás Mariño, en representación dos locais participantes.

O Concello de Cervo anuncia que “como principal novidade desta tempada, ademais da tapa habitual, cada venres ofrecerase tamén unha pulga, ampliando así a proposta gastronómica. A iniciativa desenvolverase ao longo da tempada e, como incentivo á participación, ao remate da ruta sortearase un lote de viño e un xamón...

leer más
02/03/2026

O III Festival do Guioncho celebrarase o mércores 1 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, “consolidándose como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local”, anuncia o Concello de Cervo.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, pola concelleira Mali Méndez e por membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, organización encargada do evento, que “contará cun cartel de primeiro nivel encabezado por El Combo Dominicano, a xira WAYKAS Survivor Tour da Orquestra Waykas, e DJ Pablo Conxuro, que será o encargado de pechar a noite. A entrada anticipada terá un prezo de 10 euros, mentres que en taquilla será de 12 euros. As entradas poderán adquirirse nos locais comerciais habituais ou o propio día do evento.
A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas. O festival...

leer más
26/02/2026

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 

26/02/2026

A XXXIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 7 de marzo, en San Ciprián.

O Concello de Cervo anuncia que “para ese día están programadas diferentes actividades nas que o equinoderno será o eixo central, como homenaxe á tradición gastronómica local e á estreita relación da vila co mar. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias, a edil Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego. O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking que poderá ser seguido en directo polo público asistente, que a continuación degustará as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa...

leer más
Etiquetas:
25/02/2026

O Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.

25/02/2026

O Concello de Cervo achegará a música ás crianzas desde as idades máis temperás dentro da nova actividade Brincos Musicais, dentro do programa infantil Brincos de Lecer. O inicio do programa está previsto para o mércores 4 de marzo. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou esta actividade, que “aposta pola estimulación e a formación musical desde as primeiras idades”, nun acto no que tamén participou a musicoterapeuta María Fuente García, encargada de impartir as sesións.

A iniciativa desenvolverase os mércores na Casa do Mar e está estruturada en dous grupos diferenciados por idades. De 16.00 a 17.00 horas terá lugar o obradoiro de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que de 17....

leer más
23/02/2026

O Concello de Cervo convoca o concurso titulado Versos de Rosalía, certame para que o prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 3 de marzo.

“O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro convidándovos a participar no noso concurso creativo.  Envíanos dous versos de Rosalía de Castro que che gusten especialmente. Valorarase que a proposta se presente dunha forma orixinal e creativa. Podes participar a través de: fotografía, texto, debuxo, vídeo ou audio”, anuncia o Concello de Cervo, que tamén explica que a data límite para presentar os traballos é o día 3 de marzo ás 12:00 horas. Poden enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou do WhatsApp 683.31.59.39.

Hai dúas categorías: xuvenil (16 anos...

leer más
Etiquetas:
23/02/2026

O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller coa celebración do tradicional xantar, organizado en colaboración coas asociacións do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade de Cervo. A cita terá lugar o domingo 8 de marzo ás 14:30 horas no restaurante O Noso Lar, cun prezo de 35 euros por persoa. Os tickets poderán mercarse no propio restaurante a partir deste martes, 24 de febreiro.

Durante a comida farase entrega dos premios ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a disputar estes días e sortearanse agasallos cedidos polas asociacións organizadoras. A xornada continuará con animación musical a cargo do dúo Caramelo na Casa do Mar, “garantindo un ambiente festivo e de convivencia nunha data sinalada para reivindicar a...

leer más
Etiquetas:
18/02/2026

A parroquia de San Román de Vilaestrofe, no municipio de Cervo, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, desde as 22:00 horas.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha gran festa nocturna, organizada pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, da Asociación de Veciños de San Román e da Comunidade de Montes. A cita será a partir das 22:00 horas no Pavillón de San Román, cun desfile e festa amenizados polo Grupo JB Son e a Discomóbil Conxuro. Haberá importantes premios para adultos e público infantil. As inscricións poden formalizarse no teléfono 656.272.802”.

Etiquetas:
17/02/2026

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza unha churrascada para este domingo, día 22 de febreiro, ás 14:00 horas.

Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata este martes, 17 de febreiro.