Cervo
A primeira edición da Carreira Popular San Silvestre, de San Ciprián (Cervo) disputarase o día 31 de decembro, mércores, desde a Praza dos Campos a partir das 12:00 horas. Está organizada polo Club de Trail A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
“Anímate a despedir o ano correndo na I Carreira Popular San Silvestre A Fume de Carozo! O vindeiro 31 de decembro San Ciprián encherase de deporte, diversión e ambiente familiar cunha proba pensada para todas as idades”, anuncia o Concello de Cervo.
A inscrición é totalmente gratuíta.
O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa Cervo Concilia, que dará comezo o 22 de decembro. Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
“Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, explica o Concello de Cervo.
As inscricións estarán a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir deste martes, día 9 de decembro. O prazo para anotarse remata o 17 de decembro e as prazas son limitadas.
O Concello de Cervo vén de presentar o seu programa de Nadal, unha proposta “ampla e diversa que combina tradición, cultura, deporte e diversión para todos os públicos”.
Na presentación, celebrada na Plaza do Concello, participaron a alcaldesa, membros do equipo de goberno e representantes das asociacións que colaboran na organización das numerosas actividades previstas, “reforzando unha vez máis o carácter participativo e comunitario que define ao noso concello”.
A alcaldesa destacou: “trátase dun programa variado, pensado para que todas as persoas, independentemente da súa idade, poidan atopar propostas para gozar destas festas. É tamén unha forma de dinamizar o noso concello, promover a convivencia e apoiar ao comercio e ao asociacionismo local, que son fundamentais para que Cervo siga medrando con forza”....
leer másO Concello de Cervo vén de presentar o tradicional Calendario de Nadal, que un ano máis chegará a todos os fogares do municipio e que nesta ocasión está protagonizado mes a mes polas persoas usuarias do programa municipal de envellecemento activo Arruguiñas. Editáronse máis de 2.000 exemplares, que se distribuirán nos próximos días en cada vivenda do municipio.
O calendario deste ano destaca polo seu deseño “moi noso, cheo de identidade, que reflicte o espírito do programa e o valor de manterse activos e vinculados á comunidade. Cada mes recolle imaxes das diferentes actividades que realizan as persoas participantes, amosando o seu entusiasmo e compromiso”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación, na que tamén participaron o edil Adrián Arias, e as concelleiras Mali Méndez e...
leer másEste domingo, día 23 de novembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 17:30 horas no local social da parroquia cervense de Lieiro e a música correrá a cargo do dúo Doble B, formado por Patricia Bazarra e Richard Blanco.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro.
O Concello de Cervo vén de presentar a programación institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, “unha data na que se fai un chamamento á unidade social e ao compromiso colectivo para erradicar esta lacra”. O cartel da campaña recolle o lema Unha vela por ti, “símbolo de memoria, acompañamento e esperanza” e foi presentado este xoves pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; por representantes das ANPAS e da comunidade educativa, da asociación Mujeres en Igualdade de Cervo e da asociación Saúde Mental A Mariña, que colaboran no programa.
O martes 25 de novembro ás 19:00 horas na Praza dos Campos, terá lugar o acto central Unha vela por ti, que incluirá a lectura de manifestos, ademais dun acto solidario cuxa...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza un magosto que terá lugar no seu local social este sábado, día 15 de novembro, desde as 19:30 horas.
Degustaranse castañas e panceta. E a partir das 22:30 horas haberá música a cargo de AD Music, con Andrea Gutiérrez & Dibal Music, cantantes da orquestra Suavecito. Esta actuación está incluída no programa Guateque de Arruguiñas, organizado polo Concello de Cervo.
O Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio. Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establécese un premio por cada modalidade: de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 1 de decembro de 2025 e o fallo do xurado farase público o 3 de decembro de 2025.
Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha, que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.
Este sábado, día 15 de novembro, haberá Guateque de Arruguiñas no pavillón da parroquia de San Román, no municipio de Cervo. Será desde as 18:00 horas e estará amenizado polo dúo Eclipse.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Veciños de San Román.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no magosto organizado pola comisión de festas de Santa Isabel de Lieiro, que terá lugar este sábado, día 8 de novembro, a partir das 18:00 horas na Casa do Mar de San Ciprián.
Durante a celebración, que foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por membros da asociación organizadora, poderanse degustar castañas asadas, bocadillos de panceta e chourizo, empanadillas, ademais de desfrutar do servizo de bar.
“A música e a animación estarán garantidas coa presenza do DJ Tomás, que será o encargado de poñer ritmo ao primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, que promete unha tardiña chea de diversión e bo ambiente”, anuncia o Concello de Cervo, que anima “a todos os veciños e visitantes a achegarse a San...
leer más












