Cervo

08/03/2024

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, unha iniciativa de voluntariado aberta a toda a poboación “co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, tal e como precisaron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, durante a presentación do programa este mediodía na Casa do Concello.

O programa que se articula sobre tres eixos de actuación (praias e ríos; montes e camiños e reciclaxe de plástico, vidro e cartón) arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa ás 17:00 horas, e as persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura o no teléfono 982 59 51 57.

... leer más
Etiquetas:
01/03/2024

O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de guateques itinerantes que achegarán música en directo os sábados ás diferentes parroquias, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar.

Esta iniciativa, aínda que aberta á poboación en xeral, forma parte do programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou este pasado mes de febreiro con gran éxito de participación e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización, para que se manteñan activos e activas físico e mentalmente.

Tal e como explicou a alcaldesa, queremos ofrecerlle á veciñanza que se atope nesta etapa de madurez todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu...

leer más
Etiquetas:
26/02/2024

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

O sábado día 9 de marzo terá lugar o tradicional xantar do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 15:00 horas. Todas aquelas mulleres do concello que desexen asistir poderán recoller os tíckets dispoñibles no propio local ata o 5 de marzo. Na comida farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar estes días, así como un sorteo de agasallos cedido polas asociacións....

leer más
Etiquetas:
21/02/2024

A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos conmemorará o Día de Rosalía con varias actividades que organizan para este domingo, día 25 de febreiro. Serán no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos.

A partir das 12 horas haberá degustación do Caldo de Gloria. E ás 17:00 horas Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán o seu libro “O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias”.

 

Etiquetas:
19/02/2024

Este próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.

Para conmemorar esa data, desde o Concello de Cervo, organizan o concurso Versos de Rosalía.

Desde o Concello indican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683 31 59 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
12/02/2024

O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.

O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.

As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

 

Etiquetas:
08/02/2024

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.

A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.

Etiquetas:
06/02/2024

O tema xenérico é o amor, en calquera das súas versións. Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo
 
Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal
 
O prazo de presentación dos traballos remata o 12 de febreiro, a través do correo prensa@concellodecervo.com ou o wahtsapp 683 315 939
 
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola X edición.
 
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un...

leer más
Etiquetas:
05/02/2024

A Casa do Mar é o escenario das partidas que se organizan durante as tardes ata principios de mes de marzo cando se decidirán as parellas gañadoras
 
A edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, mantivo un encontro de coordinación este mediodía coas participantes
 
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
 
Este mediodía Armada, mantivo un encontro coas participantes inscritas -13 parellas de parchís e 7 de tute-, para coordinar as partidas que se empezarán a xogar desde este mesmo luns, na cafetería da Casa do Mar.
 
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada modalidade recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos no xantar con motivo do Día da Muller...

leer más
Etiquetas:
04/02/2024

O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.

O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.

Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).