Cervo

17/03/2025

La asociación Amigos Camino del Mar recorrerá la cuarta etapa de la ruta, desde Cervo hasta Viveiro, este domingo, día 23 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves 20.

Es una etapa de unos 25 kilómetros aproximadamente y los organizadores explican: “quedaremos el grupo a las 8:55 horas. Haremos foto de encuentro y empezaremos a andar sobre las 9:00 horas. Partiremos del parque Reina Sofía de San Ciprián (Cervo), con dirección a Xove, allí pondremos el sello en la credencial en el Ayuntamiento. Después iremos en dirección a San Tirso de Portocelo, para después ir hasta la playa de Muiñelos. Seguimos hasta la playa de Esteiro y a continuación por el Camino del Mar hasta llegar al término municipal de Viveiro. La etapa acaba en Celeiro, en la Capilla de Santa Ana, antiguo hospital de peregrinos”. 

07/03/2025

O artista Juanel Ponte Forest entregou ao Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), un retrato de Sagrario Martínez López, mestra da antiga escola de San Cibrao que deu orixe ao Museo. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, acompañado pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, recibiron a obra: un debuxo en carbón e xiz branca, que o artista mariñao realizou seguindo fotografías recentemente localizadas polas súas alumnas, a partir das pescudas realizadas polo persoal do Museo. O retrato situarase na sala de entrada do Museo do Mar, onde un pupitre e fotografías históricas lembran o uso orixinal do edificio, construído en 1931 co mecenado de Manuel Goñi Maíste e José María Montenegro, emigrantes na Arxentina,  para albergar a escola unitaria, que contaba cunha parte feminina e outra masculina.

A obra, que o artista doou ao...

leer más
Etiquetas:
07/03/2025

O Concello de Cervo anuncia que o martes 11 de marzo, dentro do programa Arruguiñas Charlando, haberá un faladoiro “no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión do duelo e a perda, impartido pola coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda Susana Vázquez Fernández”.

Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, de San Ciprián. E a continuación da charla as persoas asistentes compartirá un chocolate.

 

Etiquetas:
07/03/2025

Continúan as visitas guiadas para coñecer o territorio mariñá da man de Guía tu día. A próxima será a mañá do domingo 16 de marzo na parroquia de Sargadelos no concello de Cervo. 

Sargadelos é lugar de parada obrigatoria xa que nela atópase a Cerámica de Sargadelos, selo da identidade e cultura galegas. Pero tamén conta cos restos das antigas fábricas de fundición e cerámica fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, comunmente coñecido como o Marqués de Sargadelos. 

Desde Guía tu Día explican: “falaremos da súa figura e o seu innovador proxecto nun paseo guiado sinxelo que nos levará polo Conxunto Histórico Artístico, o Museo Histórico e o Camiño Real. Unha vez rematada a ruta todo aquel que queira poderá quedarse a comer no Caseto de Copa en Cervo. O menú estará composto por empanada, lacón, postre, pan, bebida e...

leer más
03/03/2025

O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller con actividades esta fin de semana, sábado día 8 e domingo 9 de marzo.

O sábado haberá unha andaina ás 17:00 horas, seguida dunha demostración de danza oriental na Casa do Mar. As interesadas en participar deben anotarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

Para o domingo está previsto o tradicional xantar ás 15:00 horas no restaurante O Noso Lar, que rematará con baile a cargo do dúo Dilema. Os tickets están dispoñibles no propio local. Ademais ese día tamén se entregarán os premios ás gañadoras do campionato de tute e parchís que se está a xogar xa na Casa do Mar.

 

25/02/2025

A XXXII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 15 de marzo en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que “terán ao equinodermo como protagonista, como tributo á nosa cultura gastronómica e ao mar que nos rodea”, anuncia o Concello de Cervo.

A cita foi presentada pola tenente alcaldesa, Mali Méndez, o concelleiro Alfredo Fernández e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.

O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking, que poderá ser seguido en directo polo público asistente que a continuación poderá degustar as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa instalada na...

leer más
24/02/2025

O Concello de Cervo anuncia que o alumnado de II BACH do IES Marqués de Sargadelos en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil organiza o Entroido Fest este venres, 28 de febreiro, na Praza dos Campos, de San Ciprián, a partir das 19:00 horas.

Haberá música, bingo, sobremesas, pintacaras, palomitas, chocolate e moitas sorpresas.

Etiquetas:
20/02/2025

O Concello de Cervo xa está traballando na organización do XVIII Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía que se celebrará o día 5 de abril, sábado, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; e polas palilleiras de San Ciprián na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.

Dolores García destaca que “con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consolidado en Cervo co fin de poñer en valor unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva. Unha cita que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial que garda un legado que se transmitiu de...

leer más
Etiquetas:
18/02/2025

Este sábado, día 22 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 21:00 horas no Local Social de Trasbar e actuará o dúo Eclipse.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar.

17/02/2025

“Achégase unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. Para conmemorar ese día desde o Concello de Cervo queremos convidarvos a participar no concurso Versos de Rosalía. Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto,...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 12:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.31.59. 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia”, anuncia o Concello de Cervo.

Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00...

leer más