concurso

Etiquetas:
08/05/2017

O Concello de Cervo vén de convocar o VII Concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2017”.

Tal e como explicou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital, en alta calidade, nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico: medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o venres 19 de...

leer más
Etiquetas:
24/04/2017

A Concellería de Medio Ambiente convoca a segunda edición do Concurso Fotográfico Coidemos a terra, que neste 2017 terá como temática As árbores de Burela. 

No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela e que conten, no caso de ser preciso, con representante maior de idade. Haberá tres categorías, infantil para nen@s de ata 12 anos, xuvenil para rapaces de 12 a 17 anos (inclusive) e adulto (na que poderán participar todas as persoas que cumprisen 18 anos antes da convocatoria deste concurso). As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e cada imaxe presentada deberá ter título. As bases do concurso recollen que cada persoa poderá enviar un máximo de dúas fotos en usb, en cd ou impresas en tamaño de 15 x 21. 

O prazo de inscrición, que xa está aberto, remata o 19 de maio ás...

leer más
Etiquetas:
21/04/2017

A décimo segunda edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo terá lugar do 13 ao 21 de maio. Participarán 52 establecementos da vila e das parroquias e serán 22 as tapas que se presenten á selección dos premios do xurado o 22 de maio no hotel restaurante Voar. O prezo das tapas será este ano de 1,50 euros, haberá tapas para celíacos e vexetarianos e volven os Cantos de Taberna o día 19, ademais dos Soños Gastronómicos e as Sobremesas Culturais. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello pola edil de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e polo alcalde, Fernando Suárez. 

Martínez dixo que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de tapeo. Na súa décimo segunda edición, este decano dos fogóns, terá lugar do 13 ao 21 de maio. Estamos diante dun dos nosos mellores escaparates gastronómicos no...

leer más
Etiquetas:
15/04/2017

O Concello de Mondoñedo abrirá o próximo luns, 17 de abril, o prazo de inscrición na segunda edición do concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’. Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse.

As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico concursodebalcones@gmail.com  ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI, xunto ao enderezo do balcón.

Presentación do cartel
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías, Alberto García, participou esta mañá na presentación do cartel que anuncia esta segunda edición do concurso promovido polo Concello de Mondoñedo, e que conta tamén coa colaboración do departamento de Turismo da...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

A ACD PENALBA de Celeiro por quinto ano pon en marcha o V concurso de debuxo infantil da festa da merluza do pincho de Celeiro e invita a todos a participar.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de maio e poderán participar tod@s @s nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

1.    OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.

Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.

2.    REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

3.    CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de...

leer más
Etiquetas:
18/03/2017

Do 13 ao 21 de maio terá lugar a décimo segunda edición do Ribadeo de tapeo, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo e que presenta importantes novidades. A inscrición para participar estará aberta ata o 28 de marzo. 

Ana Martínez dixo que “un ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XII edición do Ribadeo de Tapeo, que terá lugar do 13 ao 21 de maio. Así os establecementos que desexen presentarse  deberán cumprimentar a súa solicitude, que poderán descargar da páxina web do Concello ou solicitando o boletín na oficina de turismo ata o día 28 de marzo e presentalo cuberto no rexistro”.

A edil de Desenvolvemento Local explicou que “o Ribadeo de tapeo chega cargado de novidade. Este veterano dos concursos culinarios de Galicia, reinvéntase para seguir a ser un dos referentes gastronómicos da comarca, máis profesional,...

leer más
Etiquetas:
16/03/2017

O 23 de marzo arranca o VI Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán disfrutar de 13 tapas diferentes nos locais participantes. 

Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras. 

Os locais que participan e as súas tapas son: 

1.- Mesón A Ría con Enchilada de langostinos en salsa criolla
2.- O Rincón do Tronco con Navegando hasta Isla Perejil
3.- Asador La Quinta con Solomillo de vacuno, robellones y habitas con puré verde y teja de patata
4.-  Mesón O Recuncho con Rollito de picadillo de Mar
5.- Bar Normandy con Juego de Sabores con uvas rojas y vino tinto
6.- Restaurante Casa Pepi con Chipirón con...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

A Concellería de Cultura convoca o I Concurso de Curtas gravadas con Móbil. Haberá varias categorías e un primeiro premio dotado con 600 euros. O prazo de recepción de traballos comeza o día 15 deste mes.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anuncia que “desde la Delegación de Cultura del Concello de Burela ponemos en marcha el I Concurso de Cortometrajes realizados con móvil. Es una iniciativa un poco curiosa, porque no es algo que sea demasiado habitual, pero en nuestra apuesta yo creo que indiscutible por la cultura desde nuestro concello, queremos incluir también esta parte, que potencia un poco lo que serían dos aspectos, el cine, la propia creatividad y la creación cinematográfica, tener que elaborar un pequeño guión y ese cortometraje aficionado, en la mayoría de los casos sin demasiados medios”.

O edil...

leer más
Etiquetas:
07/03/2017

A Delegación da Muller do Concello de Foz convoca a segunda edición do concurso denominado O que nunca che dixen para conmemorar o Día da Muller.

Pódese participar presentando un agradecemento, unha frase ou un debuxo ou fotografía con texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. As obras poden enviarse a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram), por medio do enderezo electrónico muller@concellodefoz.es ou presencialmente na Casa da Xuventude.

A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “en este concurso lo que queremos es que cada uno de nosotros expresemos mediante palabras aquello que nunca nos acordamos de decir a aquella mujer que admiramos, a la que está a nuestro lado todos los días, a quien se nos...

leer más
06/03/2017

A Concellería de Inmigración e Cooperación do convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas con motivo da celebración o vindeiro 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

O obxectivo do certame de Debuxo-Pintura “é concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre a problemática da discriminación racial e a súa prevención”, segundo explica Angélica Gómez.

A edil socialista sinala que “no IV Certame de Debuxo-Pintura poden participar rapaces/as dende os 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroad@s no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante. Ademais haberá unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e de Eu...

leer más