concurso

Etiquetas:
23/07/2018

O vindeiro mércores, 25 de xullo, terá lugar unha nova edición do Concurso de Castelos na Area. Celebrarase a partir das 11:00 da mañá na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. O evento está organizado polo Concello de Barreiros. 

Estableceranse diferentes categorías e a inscrición para participar deberá facerse desde as 10:30 horas a carón do posto de socorrismo que hai nese areal.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí que a partires das 11:00 dará comezo este tradicional Concurso de Castelos na Area, no que se poderán ver auténticas obras de arte, como ven sendo habitual”. 

O rexedor anima “a participar nesta cita, na que haberá diferentes premios para os gañadores e gañadoras desta edición”. ...

leer más
Etiquetas:
27/06/2018

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o V Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

Dentro do concurso haberá dúas categorías:
   -Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
   -Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, serán tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que...

leer más
Etiquetas:
19/05/2018

A recén creada asociación "Hostelería de Barreiros" ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha "marca" de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.

As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por...

leer más
16/05/2018

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 a cadea hostaleira Galipizza lanza un concurso no que premiará as 3 mellores frases recibidas a través das redes sociais. Galipizza pide que se lle dedique unha frase ben galega e se lle faiga chegar vía Facebook, Twitter ou Instagram ata o domingo 20 de maio. 

 Coas 3 frases que máis lles gusten decorarán unha parede do seu local na Praza de Galicia da Coruña ó que chamarán “Muro das Letras Galegas”. Ademais de aparecer mencionados xunto coas súas frases seleccionadas, os elexidos recibirán outros premios moi atractivos.

 O primeiro premio consiste en 2 noites de aloxamento e almorzo para 2 persoas en "Casa do Batán", un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro). Ademáis o premiado terá 1 comida gratis para 2 persoas en "As Tixolas...

leer más
Etiquetas:
12/05/2018

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.

O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías,Alberto García, explica que este ano“gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén...

leer más
Etiquetas:
03/05/2018
O xoves 10 de maio arranca o VII Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán desfrutar de 10 tapas diferentes nos locais participantes. 
 
Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras. 
 
Os locais que participan e as súas tapas son: 
1.- Arume Gastrobar con “Muiñeira de Lacón”
2.- Gastrobar Hotel Urban con “Cachopo de merluza con salsa americana”
3.- O Rincón do Tronco con “En la barca el chipirón come langostino”
4.- Asador La Quinta con “Canelón de rabo de vaca con...
leer más
Etiquetas:
29/04/2018

O Concello de Cervo vén de convocar o VIII Concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2018”.

Tal e como explicou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital, en alta calidade, nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico: medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o venres 18 de...

leer más
Etiquetas:
19/04/2018

A Concellería de Medio Ambiente convoca o III Concurso de Fotografía Coidemos a Terra. O prazo de presentación de traballos vai do 21 de abril ao 20 de maio.

Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela. Aquelas que sexan menores de idade, no momento da inscrición, deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal, debendo indicar os datos na ficha de inscrición.

O concurso establece as categorías Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de máis de 12 anos e ata os 17), e Adulto (maiores de 18 anos).

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, e realizadas con calquera tipo de cámara fotográfica. Terán que ser de praias de Burela –xa que a temática é As praias de Burela-, e indicar o lugar onde foron tomadas, e cada persoa poderá enviar un...

leer más
Etiquetas:
02/04/2018

A asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.

O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD...

leer más
Etiquetas:
27/02/2018

Acisa Ribadeo convoca o VIII Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 500 euros en premios.

O eslogan elixido para a oitava edición do certame é "O amor por un pai non ten prezo, pero si premio". Os traballos poderán presentarse a través do Facebook de Acisa Ribadeo dende o 2 ata o 18 de marzo.

As bases da convocatoria deste concurso recollen que poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas on line. Tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As devanditas bases pódense consultar no Facebook, na web de Acisa ou nas súas oficinas, sitas na Avenida de Galicia, nº 20-2ª planta.

As fotografías elixidas deben ter unha resolución...

leer más