Festa

Etiquetas:
29/09/2015
Todo está listo en Lourenzá para a celebración da 25ª Festa da Faba. Do 2 ao 4 de outubro haberá degustacións, mercados, pregón, exposicións, rutas de tapas e moitas cousas máis.
 
O Concello de Lourenzá está ultimando os preparativos para a celebración da 25ª edición da Festa da Faba esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4. Durante estes tres días haberá numerosas actividades, como degustacións, mercados, pregón, exposición, competicións deportivas, actuacións musicais e ruta de tapas nos establecementos hostaleiros da vila.
A alcaldesa, Rocío López García, explicou que “un ano máis por estas datas o Concello de Lourenzá estase a preparar para levar a cabo unha cita gastronómica e cultural de gran relevancia, a Festa da Faba, que celebra a súa XXV edición. Este evento, declarado pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico Galego, ofrece para este ano un amplo abano de actividades.  Esta é a miña primeira Festa da Faba como alcaldesa...
leer más
Etiquetas:
19/09/2015
Presentado o cartel da XXV Festa da Faba, que se celebrará en Lourenzá do 2 ao 4 de outubro. É obra do artista alfocense Hipólito Xeada.
 
O cartel da XXV edición da Festa da Faba de Lourenzá, obra do artista alfocense Hipólixo Xeada, foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o edil de Festas, Francisco Dasilva Rivas. O festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro, será pregoado polos laurentinos Xosé López González e José María García Fernández. Ademais o goberno local anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada desenvolverase o vindeiro domingo, día 27.
Sobre o autor do cartel, Hipólito Xeada, os responsables municipais explicaron que se trata “dun pintor de recoñecido prestixio, profeta na súa terra, un alfocense que pode presumir de contar cunha exposición permanente e ser o artífice da escultura que adorna o...
leer más
Etiquetas:
17/09/2015
A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha nova edición da "Festa da Palabra", que terá lugar do 23 ao 25 de setembro.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da “Festa da Palabra”, os días 23, 24 e 25 de setembro na Sala de Exposicións do CENIMA e na que contará coa participación de María Lado, Lucía Aldao, Laura Branco de la Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras.
A programación prevista é a seguinte:
- O mércores, 23 de setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA arranca a actividade co espectáculo literario, musical e humorístico “Aldaolado”, a cargo de María Lado e Lucia Aldao.
- O xoves, 24 de  setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA a quenda  corresponderalle á  poeta focega Laura Branco de la Barrera, autora do poemario “Doenças dum espelho”.
... leer más
Etiquetas:
07/09/2015
O 26 de setembro celébranse as festas de Couxela, en Ribadeo, na honra da Virxe dos Dores.

 

As festas da parroquia de Couxela, en Ribadeo, na honra da Nosa Señora dos Dores, terán lugar o 26 de setembro. Tras a misa solemne, prevista para as 13 horas, haberá procesión e despois a  sesión vermú correrá a cargo de Fania Blanco Show, o mesmo grupo que xunto a Tekila ofrecerá a verbena da noite, que dará comezo ás once.

Etiquetas:
18/08/2015
A X Festa da Carne ao Caldeiro celebrarase en Remourelle (Ribadeo) o vindeiro sábado, 22 de agosto. A cita dará comezo a mediodía.

 

O sábado, 22 de agosto, Remourelle, en Ribadeo, celebra a súa Festa da Carne ao Caldeiro, que este ano alcanza a décima edición. A cita comezará ás 14 horas e prolongarase ata altas horas. Estará amenizada polo Grupo Aroma e polo Cuarteto Illa Pancha. A X Festa da Carne ao Caldeiro está organizada pola asociación veciñal A Madanela de Remourelle e polo Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
14/08/2015
A V Festa Normanda de Foz celebrarase do 28 ao 30 de agosto con xogos, representacións teatrais, o desembarco, campamento vikingo e funeral.
 
A quinta edición da Festa Normanda de Foz celebrarse os días 28, 29 e 30 de agosto con numerosas novidades, máis xogos para nenos, representacións teatrais, música e recreacións da vida normanda a través dun campamento e dun funeral, sen faltar o tradicional desembarco, punto álxido da celebración, o sábado 29.
Mercedes González Alonso, concelleira de Xuventude en Foz e membro da comisión organizadora da festa, avanzou algúns detalles da cita, que terá o programa totalmente detallado en breve. “La elección de la fecha viene dada por la marea,  puesto que necesitamos que en el momento del acto principal de la fiesta, que es el desembarco, tengamos un calado suficiente para que las naves puedan llegar hasta la playa. Así que, en base a la pleamar, a la marea llena, ponemos...
leer más
Etiquetas:
12/08/2015
A XX Festa da Tortilla de Celeiro de Mariñaos celebrarase os días 14 e 15 de agosto. Haberá torrezmada, chourizada, moita música e o tradicional baile do faroliño.
 
Un ano máis, as festas de San Caetano da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos acollen a Festa da Tortilla, que nesta edición chega aos 20 anos de historia.  O evento celebrarase o venres 14 e o sábado 15.
A festa comeza o día 14 ás 9 da noite cunha torrezmada e chourizada amenizada polo grupo de música tradicional Os do Pilón, de Arzúa. Actuarán tamén esa noite Os Parentes, grupo de música popular de Sober e o grupo Agua Marina, de Viveiro, encargados da verbena.
O sábado 15 ás 12 da mañá presentaranse as tortillas para o concurso. Ás 13 horas oficiarase na capela a misa coa procesión e despois será a sesión vermú a cargo da Charanga Compostela. Pola tarde será a quenda dos xogos tradicionais e do espectáculo infantil A...
leer más
Etiquetas:
01/08/2015
A V Festa Normanda celebrarase en Foz do 28 ao 30 de agosto. O pregoeiro será o presidente da Acia local, José Carlos Paleo.
 
O alcalde de Foz presidiu onte á presentación da V Festa Normanda de Foz, que se celebrará os días 28,29 e 30 de agosto. Seguida dunha exhibición de batukada e dun desfile de traxes, o acto xuntou no Campo da Cabana a numerosos veciños e visitantes.
 “A asistencia de público foi moi alta, máis de 300 persoas se presentaron para ver ese desfile de roupa normanda e de campesiño e para dar inicio á Festa Normanda, que será os días 28, 29 e 30 de agosto. Estamos moi contentos coa organización e coas expectativas que xera este evento. A Festa Normanda xa é unha referencia na Mariña neste tipo de festas de recreación histórica. A verdade é que o Concello de Foz está tremendamente activo e proba disto é tamén o programa que temos para esta fin de semana”, indicou o rexedor...
leer más
Etiquetas:
01/07/2015
En Burela celébrase a IV Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo. 27 clans se darán cita no evento no que haberá infinidade de actividades.
 
Todo está listo en Burela para a celebración da Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo. 
Haberá diversas actividades coma mercados nas prazas do Concello e da Mariña e na rúa Pardo Bazán. Catro grupos animarán eses mercados e preto de 1.000 persoas participarán no desfile co que dará comezo a festa o venres pola noite. Na zona do porto instalarase por primeira vez un poboado castrexo. 
A Festa Castrexa reunirá a 27 clans neste 2015. Os mellor caracterizados levarán premios en metálico ao igual que os locais hostaleiros que se engalanen para a festa. Bares, mesóns e restaurantes ofrecerán menús e tapas a prezos especiais.
Os que se acheguen a Burela estes días poderán gozar dun amplo programa de...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
Todo está listo en Foz para a II Festa Vintage, que se celebrará o 27 de xuño. Haberá mercadiño, tapas e menús da época e ofertas especiais no comercio.
 
Unha parte da avenida da Mariña, de Foz, estará cortada ao tráfico o día 27 deste mes, sábado, para acoller diversas actividades da segunda Festa Vintage, que foi presentada hoxe diante da Casa do Concello. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anima a participar neste evento e destaca o traballo dos responsables do Centro Comercial Aberto, que conta coa colaboración do Concello para a organización deste festexo.
O rexedor municipal explicou que “dende o Concello estamos contentos de que se organice a segunda Festa Vintage, que hoxe vimos de presentar co presidente da Acia e cos responsables do Centro Comercial Aberto de Foz. Esta idea dos comerciantes levouse a cabo por primeira vez o ano pasado e nesta edición vai haber certas novidades interesantes, sobre todo para o...
leer más