Festa

Etiquetas:
08/01/2015
Jesús Liste Otero, xefe de cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, será o pregoeiro da XII Festa do Berberecho que se celebrará na vila os días 23, 24 e 25 deste mes.

 

Jesús Liste Otero, xefe de cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, será o encargado de pregoar a XII Festa do Berberecho focense. O evento celebrarase os días 23, 24 e 25 deste mes na zona portuaria da vila, como ven sendo habitual nos últimos anos. O anuncio fíxoo o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen adiantou que o evento será presentado na cidade de Lugo. Javier Jorge Castiñeira explicou que "dende o Concello, unha vez finalizados tódolos festexos de Nadal, queremos anunciar que o pregoeiro da XII Festa do Berberecho de Foz vai a ser o xefe do departamento de cociña do IES de Foz, Jesús Liste Otero: profesor, cociñeiro e colaborador tamén durante moitos anos da Festa do Berberecho da nosa vila, un evento no que durante varios anos colaborou a Escola de Hostalería de Foz preparando todos eses pratos...

leer más
Etiquetas:
18/12/2014
O pavillón de San Cosme será escenario este sábado, 20 de decembro, da Festa de Nadal que organiza o Concello para @s máis pequen@s da casa
 
O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, presentaron este mediodía a Festa de Nadal que se celebrará o vindeiro sábado, 20 de decembro, no pavillón de San Cosme, organizada polo Concello. 
@s máis pequen@s da casa poderán disfrutar desta festa de animación de 15:30 a 19:30 horas. Haberá inchables e obradoiros de postais de Nadal e de pintacaras. Papá Noel ofrecerá unha recepción aos asistentes e coma remate de festa os participantes serán agasallados cunha chocolatada. 
Fuente Parga e Gómez Puente animan “a todos os nenos e as nenas de Barreiros a acudir este sábado ao pavillón de San Cosme para celebrar todos xuntos o inicio das festas de Nadal e das...
leer más