Festa

Etiquetas:
27/08/2018

A Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.

Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.

A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.

Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.

Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.  

 

Etiquetas:
22/08/2018

Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da Festa Normanda. Este venres, 24 de agosto, a partires das 21:00 horas, terá lugar a representación do Milagre de San Gonzalo na Festa Normanda de Foz.

Como cada ano, un grupo de veciños de San Martiño sobe ao alto da Grela, durante a Festa Normanda, e representa o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo aos barcos normandos para salvar aos galaicos.

Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda atribúe a San Gonzalo, para crear a famosa Fonte da Zapata, ao carón da Basílica de San Martiño.

Ademais este ano o pregoeiro da Festa Normanda será o home de teatro e impulsor da cultura en Foz, José Ramón Vila.

 

10/08/2018

A 2ª Festa do Ovo Frito celebrarase o vindeiro martes, 14 de agosto, no campo do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. O obxectivo é recadar fondos para o Celta Barreiros e pasar unha boa noite de festa. A cita dará comezo ás oito da tarde e por seis euros será posible degustar patacas, un par de ovos fritos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Barreiros coa presenza do alcalde, Alfonso Fuente; do primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente; e do presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, entre outros. 
O presidente do club de fútbol barreirense manifestou que “é a Festa do Ovo Frito que celebramos no campo de fútbol do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. Xa organizamos o ano pasado a primeira edición para recadar fondos como axuda para o Celta Barreiros de fútbol e...

leer más
26/07/2018

O Concello de Cervo celebrará a XXXIII Festa da Maruxaina o sábado 11 de agosto. Ese día serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino e da Maruxaina de Honra 2018, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

Xa o sábado, 11 de agosto, será o día grande. Ás 11:00 horas está previsto o chupinazo ao que seguirá o ritmo das charangas e gaiteiros que irán animando as rúas do pobo. Haberá tamén un taller de cestería; e ás 12:00 horas todos Os Maruxainos e todas As Maruxainas xuntaranse na Prazoleta, para percorrer o pobo ao son do corno e das gaitas.

Ás 12:30 horas...

leer más
Etiquetas:
17/07/2018

A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.

A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.

Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación  de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.

 

Etiquetas:
11/07/2018

Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as  citas que imos ter  nos vindeiros días.

Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.

Dirixido a xoves de  entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a  desenvolver durante os meses de xullo e agosto.  As actividades que se están realizando, son:
   -Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
   -Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
   -Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
   -Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
   -Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
   -Tics, actividades dentro do mundo da informática.

... leer más
Etiquetas:
10/07/2018

O pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.

A rexedora municipal explicou que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. Conta co respaldo dos veciños e veciñas, representados nas distintas asociacións que colaboran na organización deste evento. É por tanto un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.

Ademais Rocío López anunciou que “o programa deste ano é unha...

leer más
Etiquetas:
28/06/2018

O CCA de Foz continúa así conmemorando o seu trinta aniversario. 

O sábado a mediodía haberá sesión vermú con música en directo. Os que se acheguen á cafetería Mayros poderán disfrutar da actuación de Contrabando e os que vaian a Xoyma escoitarán a Os Alcántara. 

Na quinta edición da Festa Vintage sortearanse 1.000 euros en vales de compra, dous por importe de 200 euros, un de 100 euros e dez vales de compra de 50 euros cada un.
Os clientes dos establecementos asociados recibirán os vales para participar no sorteo polas compras realizadas entre os días 22 e o 30 de xuño. Este sábado ás 20:30 horas na carpa instalada diante do Concello haberá unha actuación musical a cargo de Sons Varadero. Posteriormente, ás 20:45 horas, celebrarase o sorteo en directo dos 1.000 euros en vales de compra.

... leer más
Etiquetas:
28/06/2018

A Asociación Burela Castrexa, que desde este ano toma o relevo de Acia Burela na organización da Festa Castrexa de Burela, ven de presentar no Concello de Burela o programa completo de actividades desta sétima edición, que se celebrará en Burela entre o 6 e 7 de xullo.

Unha das principais novidades deste ano consiste en converter a Praza da Mariña nun Pobo Castrexo, coa recreación vivinte dun castro con personaxes e traballos reais da época, talleres artesanais, exposicións de pieis, armas e tamén cunha zona de xogos infantís.

O castro vivinte será un dos maiores reclamos para os visitantes, xunto co Desfile de Clans, que na noite do venres percorrerá as rúas de Burela desde a zona da gasolinera ata a Praza do Concello. Este ano auméntase o número de premios para as mellores caracterizacións no desfile, con...

leer más
Etiquetas:
08/06/2018

Acisa Ribadeo repartirá 20.000 vasos do Ribadeo Indiano entre todos @s seus asociad@s. Trátase de recipientes de plástico serigrafiados, 100% reciclables e biodegradables. 

Acisa, como coorganizador da V edición do Ribadeo Indiano, vólcase de xeito especial nun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. 

O presidente de Aciasa, Francisco Iriarte, dixo que “entre as actividades que se realizan no marco da coorganización desta festa, Acisa colabora da mellor maneira posible proporcionando música, actividades, decoración, e moitos dos aspectos que implican organizar un festexo deste tipo, pero sempre é un traballo que se fai conxuntamente co Concello de Ribadeo, coordinándonos minuto a minuto e detalle a detalle”.

... leer más