Festa
27/07/2016
O venres, 29 de xullo, dará comezo a Festa dos Chóferes en Alfoz, que chega ao seu 50 aniversario. Ás 23:00 horas principiará a verbena amenizada polo grupo Nebraska e Disco-Móvil.
O sábado, 30 de xullo, ás 14:00 horas comezará a sesión vermú amenizada por Abanico. Pola tarde a partir das 18:00 horas actuará o cuarteto Non cho digo da Asociación Foles de Viveiro. Para as 23:00 horas está prevista a verbena amenizada polas orquestras Abanico e Acordes e ás 24:00 horas haberá fogos de artificio.
Xa o domingo, 31 de xullo, ás 11:00 horas terá lugar a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e a bendición de...
leer más 18/07/2016
Xove acolle a celebración da V edición da Festa do Percebe este, sábado 23 de xullo.
Dará comezo ás 12:00 horas e terá lugar na praza do Concello. A festa contará coa animación musical dunha disco-móvil.
A organización corre a cargo do Concello de Xove, a Cofraría de Pescadores de San Cibrao e A Medorra Asociación de Festexos. O recinto feiral contará cunha gran carpa e os asistentes terán a oportunidade de degustar este exquisito crustáceo a prezos populares.
14/07/2016
O Concello de O Vicedo organiza o domingo, 17 de xullo, a XVIII edición da Festa do Cabalo. Terá lugar no parque eólico de Riobarba, e haberá degustación de produtos típicos e carreiras de cabalos no entorno do parque.
O programa desta Festa de Turismo Rural comezará ás 13:00 horas cunha misa na honra de San Vicente de Francos. Ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de produtos típicos. Ás 17:00 horas celebrarase un campionato ecuestre e ás 18:30 horas será a entrega de premios. A xornada rematará con baile a partir das 19:30 horas.
06/07/2016
Todo está listo para a celebración do III Ribadeo Indiano, que neste 2016 se espalla a outros puntos do concello e da vila como Rinlo, A Devesa, Porcillán, a Praza de Abaixo ou a praza de abastos. O Concello está a habilitar tres aparcamentos provisionais para acoller aos milleiros de persoas que estes días se achegarán a gozar da festa indiana. O alcalde, Fernando Suárez, e o presidente de Acisa, David Martínez, presentaron o evento esta mañá.
O alcalde dixo que “estamos con todo a punto xa, preparando o que resta nestas últimas horas antes desta nova edición do Ribadeo Indiano, un invento por así dicilo, que vai para tres anos o Concello e a Asociación de Comerciantes inventamos isto para Ribadeo, sen ter nada que inventar,...
leer más 28/06/2016
A sexta edición da Festa Normanda de Foz, que se celebrará do 26 ao 28 de agosto, será presentada este sábado, día 2 de xullo, con actos abertos ao público no Paseo da Ribeira da vila focense. Anunciouno hoxe a concelleira Mercedes González Alonso, que ademais é membro da organización, que corre a cargo da asociación Desembarco Normando.
As actividades deste sábado comezarán as 19 horas no baixo do Centro Social coa presentación aos medios de comunicación do cartel e un avance do programa da Festa Normanda. Neste acto esta prevista a participación de representantes da asociación Desembarco Normando e do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
...
leer más 16/06/2016
Aínda que para a celebración da Festa Castrexa en Burela aínda faltan 2 semanas, no comercio local xa se están levando a cabo diferentes accións vinculadas coa “Burela Castrexa”. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela celebra este venres 17 e sábado 18 dous días de “Compras Máxicas Castrexas”, un adianto das rebaixas de verán nas que máis de vinte locais de Acia Burela ofrecerán descontos especiais e abrirán este venres en horario extendido.
Sorteo Cea Castrexa coas compras nas peluquerías
Outra das iniciativas que se está levando a cabo en Acia Burela nestas semanas previas á Festa Castrexa ten que ver coas compras en varias peluquerías asociadas, que, ademáis de ofrecer...
leer más 13/06/2016
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. Haberá tapas, menús e un mercado Vintage, descontos no comercio e tamén concentración de coches clásicos.
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes. A terceira Festa Vintage será o 18 de xuño. Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses e visitantes a poñer os seus traxes e os seus vestidos para viaxar por un día á década dos anos 60”. Durante a xornada haberá pasarrúas, talleres infantís,...
leer más 03/06/2016
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. O evento foi presentado nas últimas horas nas inmediacións do Concello de Foz coa asistencia do alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, a secretaria da asociación, Olaya Pedrosa, outros membros da directiva como Celia Núñez, Purificación García e Moncho Castro, ademais de Alberto Rodríguez, promotor da concentración de coches clásicos, que tamén terá lugar esa xornada.
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas...
leer más 25/05/2016
O 23 de xuño celebrarase en Lourenzá A Queima do Xanciño. Ás 21:00 horas terá lugar a procesión do Xanciño polas rúas da vila e despois no recinto feiral haberá sardiñada, churrasco e chourizos a prezos populares.
Estas actividades para a noite de San Xoán están organizadas pola Asociación Conde Santo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos ACIAL de Lourenzá. Colabora o Concello de Lourenzá.
27/04/2016
Este venres, 29 de abril, da comezo en Xove a Festa das Flores que organiza a Aciam. O amplo programa de actividades que se desenvolverán durante os dous días de festa arrinca co pregón de Roberto Vilar e seguirá con verbenas, mercado, xantar popular, música, teatro e interesantes sorteos.
O programa da Festa das Flores dará comezo o venres, día 29, en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20:30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The...
leer más