Festas
A parroquia de Xerdiz, no municipio de Ourol, celebrará as festas na honra de San Antonio os días 12, 13 e 14 de xuño.
As actividades comezarán o venres cunha disco móbil a partir das 8 da tarde e haberá pinchos gratis ata esgotar existencias.
O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Melismas.
E para o domingo está programada unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Son do Val.
Acebro, no municipio de A Pontenova celebrará as festas na honra a San Antοnio os días 12 e 13 de xuño, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas cunha churrascada popular e haberá tamén verbena amenizada polo dúo Eclipse.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A Pontenova celebrará as festas na honra a San Esteban esta fin de semana, venres 5 e sábado 6 de xuño
As actividades comezarán o venres ás 21.30 horas con churrascada popular. E desde as 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.
E para o sábado está programado un pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Chocolateira, misa solemne ás 13:15 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena desde as 23:30 horas.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A parroquia de Landrove, no municipio de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Martín Castelo os días 22, 23 e 31 de maio.
As actividades comezarán este venres, día 22 de maio, co Día do Comuneiro, que será desde as 23:00 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.
Este sábado 23 a partir das 13:30 horas haberá misa cantada polo Coro Parroquial de Landrove e a continuación sesión vermú co grupo Pasión, que tamén amenizará a verbena coa orquestra Galilea.
E o domingo 31 maio celebrarase unha procesión a partir das 11:00 horas con saída da igrexa de Landrove cara á Ermida pola ruta do Viacrucis. Ás 13:30 horas terá lugar unha misa e a continuación actuará o dúo Soni2
Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura...
leer másA parroquia de Chavín, no municipio de Viveiro, celebrará as festas da San Cruz esta fin de semana, días 2 e 3 de maio.
As actividades comezarán o sábado 2 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ademais haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo JB Son.
E o domingo 3 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E a continuación empezará unha sesión vermú prolongada co dúo Primera Línea.
Haberá carpa instalada no campo da festa.
Viveiro acollerá un evento para presentar o merchandising das Festas de San Roque. Será este sábado, día 2 de maio, na Praciña da Herba (Rúa Fernández Victorio, 6) desde as 19:00 horas.
A comisión Viveiro en Festas anuncia “un evento moi especial no que descubriremos o merchandising oficial deste 2026, cun deseño top, realizado por un artista viveirense. A xornada estará amenizada coa música de DJ Hermi e Pelayo, para poñerlle o mellor ambiente a unha tarde de moitas sorpresas”.
Este martes, 14 de abril, tivo lugar en Mondoñedo a presentación oficial das festas de As Quendas 2026, nun acto no que estiveron presentes Manuel Otero Legide, alcalde de Mondoñedo; Iria Castro Fernández, deputada provincial de Cultura; e Manuel Antonio Fernández, director territorial de Cultura, acompañados tamén por concelleiros de Mondoñedo e membros da organización. Os festexos celebraranse desde o 30 de abril ata o 3 de maio.
A asociación organizadora fai público un “agradecemento sincero ao Concello de Mondoñedo, á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia polo seu apoio e compromiso, fundamentais para seguir facendo medrar unhas festas que son orgullo de todos”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anunciou que “a deputada de Cultura, Iria Castro, participou na presentación das Quendas. O acto celebrouse...
leer másO Concello de Xove anuncia que “continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril”.
O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo dúo Belinda e o grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12 a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización...
leer másEsta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de abril, celébranse as festas de San Xosé en Trabadela, no municipio de Trabada. Contarán coa actuación da orquestra Acordes, de Lugo.
O Concello de Trabada anuncia que “Trabadela énchese de música, tradición e bo ambiente cun programa para gozar en compañía”.
O sábado desde as 13:00 horas haberá sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Acordes. E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar unha sesión vermú prolongada co grupo Lume.
O recinto da festa estará cuberto con carpa.
O Concello de Trabada anuncia que segue colaborando coas comisións de festas e asociacións “para facer posibles este tipo de celebracións, que manteñen viva a nosa tradición...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, celebrará neste mes de abril a Festa da Pascua, que será o domingo 5, e o 15º aniversario do colectivo, que está programado para o día 11, sábado.
As actividades da Festa da Pascua comezarán ás 13:30 horas cunha misa na capela e a partir das 14:30 haberá un xantar, no que para participar as inscricións están abertas ata este domingo, 29 de marzo.
E para celebrar o 15º aniversario da asociación o día 11 de abril desde as 13:00 horas terá lugar unha sesión vermú a cargo do dúo Caramelo e ás 14:00 horas comezará un xantar, no que para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 5 de abril. Despois haberá tardeo. O campo no que será o evento estará cuberto con carpa. “Este ano celebramos un aniversario moi especial, nin máis ni menos...
leer más












