Homenaxe
O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.
Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo.
Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...
leer másA asociación cultural Tá en Artes, que organiza a Semana das Artes da Mariña presenta este mércores, 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa de Administración de Sargadelos, a súa programación.
Esta nova programación inicia o camiño de homenaxear aos/ás artistas da Mariña para achegarnos ao seu labor. Este ano a homenaxe será a Juan Puchades Quiles e con tal motivo terá lugar unha exposición de antigos/as alumnos do artista a partires do 23 de marzo de 2018, na antiga Casa Cuartel de Mondoñedo. Organizan este evento xunto a Tá en artes, o Concello de Mondoñeo, o IES San Rosendo e a Deputación.
A Semana das Artes da Mariña, escaparate da arte da Mariña para todos/as os/as artistas que queiran participar, celebrarase a partires do 28 de marzo no Cenima de Foz. Esta actividade está organizada xunto a Tá en artes,...
leer másO Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza o II Festival Músico Vocal Arcadio Mon que se celebra en Alfoz o 3 venres de agosto.
Este ano o festival será no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ao día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes, e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego ademais de celebrarse o concurso para novos talentos musicais como o ano pasado.
A organización fai un chamamento aos xoves con menos de 20 anos que canten ou toquen algún instrumento musical, para que se anoten a este concurso. As persoas interesadas poden facelo no correo electrónico peinoster@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 619 38 99 97.
Os organizadores pretenden que este festival perdure no tempo e...
leer másPor terceiro ano consecutivo Veciños Independentes de Alfoz convoca unha ofrenda floral que se levará a cabo o vindeiro domingo, 12 de marzo, ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro. No acto, Carmen Geada, representante de VIA no goberno municipal e Concelleira de Igualdade e Benestar en Alfoz, dirixirá unhas palabras coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que tanto traballaron por este concello, e ás que seguen a loitar polo futuro do seu pobo onde queren seguir vivindo. Para finalizar a homenaxe depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro, brancos como símbolo da paz e doce por ser os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días.
Veciños Independentes de Alfoz...
leer másA Concellería de Cultura celebrará mañá un acto conmemorativo polo 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ás 12:00 horas colgará unha pancarta alusiva á escritora, que permanecerá toda a semana na fachada do Consistorio.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañana, aquí en el Concello, vamos a colgar la pancarta que tenemos preparada para celebrar la semana del 180 aniversario del nacimiento de una de las poetas y escritoras referente de la literatura gallega, no sólo por la parte literaria sino también por lo que representa Rosalía para Galicia”.
O edil socialista lembrou que “ya el año pasado hicimos un homenaje similar y mañana, a las doce de la mañana, colgaremos en la fachada del Concello esa pancarta en recuerdo de Rosalía con uno de sus poemas más conocidos y universales, además...
leer más
A Área de Servizos Sociais do Concello de O Valadouro conmemorará o día da muller traballadora o vindeiro venres, 11 de marzo. Será coa proxección da película “Coco, de la rebeldía a la leyenda de Chanel”, que se poderá ver a partir das 20 horas na Casa da Cultura.