Presentación

Etiquetas:
15/03/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza o 22 de marzo a presentación do volume A rebeldía galega contra a inxustiza.

O acto terá lugar ás 20:30 horas na Libraría Bahía de Foz, e nel participarán o coordinador do traballo, Xosé Ramón Ermida Meilán, o presidente de Sermos Galiza, Xoan Costa, e Xoan Ramón Fernández Pacios.

A publicación recolle a revolta acontecida en Foz en 1918, un levantamento social dirixido e protagonizado polas mulleres focegas, nun contexto marcado pola brutal epidemia de gripe que rematou coa morte de máis de 122 veciños da localidade, e dunha vaga de fame como consecuencia da alza dos prezos dos produtos de primeira necesidade.

A obra achega información sobre algunhas das razóns que favoreceron a extensión da epidemia de gripe, considerada como a...

leer más
Etiquetas:
18/02/2018

O venres, 23 de febreiro, ás 20:30 terá lugar na Libraría Bahía, de Foz, a presentación de “Galeguia”, unha traballo de Manuel Miragaia, no que percorre unha parte da historia de Galicia e as súas relacións con Portugal. 

O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco. 

 

14/02/2018

O Complexo Cultural Regal Xunqueira en Viveiro acolle este xoves, 15 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do poemario Las páginas del agua do que é autor o profesor do IES Vilar Ponte José Juan Martínez Ferreiro.

Neste acto lerán poemas do libro que se presenta, o poeta viveirense e autor do prólogo Xaime Oroza, e o propio autor J.J. Martínez Ferreiro. As lecturas estarán acompañadas da música de acordeón interpretada por Narciso Simón Rúa, e á percusión por Irene Rivas.

Ao final da lectura terá lugar unha charla coloquio sobre a poesía en particular e a literatura en xeral.

 

04/02/2018

Trátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.

O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.

A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.

 

Etiquetas:
21/01/2018

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.

“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.

O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...

leer más
Etiquetas:
15/01/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 18 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía,  de Foz, a presentación do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, no que tomarán a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.

Segundo os organizadores “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo”.

E engaden que “o volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.

No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.

O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.

 

29/12/2017

O Concello editou o seu calendario de 2018 que foi presentado nas últimas horas. Son 2.500 exemplares que se reparten estes días polos domicilios do municipio, polas Casas de Galicia, en Fitur e tamén na oficina de turismo barreirense.  O calendario recolle 13 imaxes, unha por cada mes do ano máis a portada, das que é autor Andrés Bourio, un afeccionado a fotografía para quen é un orgullo formar parte deste proxecto do Concello.

O alcalde, Alfonso Fuente, manifestou que “presentamos ese calendario que xa se está repartindo a día de hoxe por todos os domicilios do Concello, e este ano contamos coa colaboración de Andrés Bourio, que foi quen fixo todas esas fotos. Como sabemos que é un afeccionado á fotografía, eu lle pedín se podía colaborar con este calendario aportando esas fotos, e el desde o primeiro momento púxose á nosa disposición,...

leer más
Etiquetas:
27/12/2017

Este xoves, 28 de decembro, o escritor Lionel Rexes falará en Ribadeo da súa obra A raíña das velutinas.

O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, terá lugar na Casa das Letras, na rúa Rodríguez Murias 8, ás 20:30 horas.

O autor alfocés presentará a súa última novela pola que obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela, e na que a narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016.

Lionel Rexes participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos e, a partires desa experiencia, comezou a redactar unha narración en forma de novela que presentou ao premio literario que o concello de O Grove convoca desde hai vintetres anos.

Despois de terse presentado noutros puntos da provincia...

leer más
Etiquetas:
19/12/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.

García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...

leer más