Tapas

Etiquetas:
10/04/2022

O Concello organiza De tapeo por A Pontenova os días 14 e 15 de abril. 

Entre todos os asistentes a estas xornadas de tapeo serán sorteados 5 vales de regalo de 30 euros cada un para canxear  nos establecementos de A Pontenova. 

 

Etiquetas:
08/04/2022

Do 14 ao 16 de abril terá lugar a XVIII Ruta das Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.

Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma. 

Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con...

leer más
Etiquetas:
13/11/2021

O Concello colabora na nova edición (XIV) do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos, que se celebrará os próximos días 26, 27 e 28.

Participan os seguintes establecementos hostaleiros: “Vinoteca Segundo” (Centro Social), Viñoteca “O Petisco”, “O Palique”, “O Rincón” de Mondoñedo, Bodegón “A Catedral”, A Taberna da Galiana e o Bar Amencer.

As tapas variadas, elaboradas con produto local de primeira calidade, poderán degustarse o venres de 20.00 horas a 23.00; o sábado de 12.00 horas a 15.00 e de 20.00 horas a 23.00; o domingo de 12.00 horas a 15.00.

Cada local presentará dúas tapas orixinais que terán un prezo de 2€ por unidade.
Ao remate das xornadas de tapeo, decidiranse os premios á “Mellor tapa tradicional”, á “...

leer más
Etiquetas:
03/11/2021

Do 5 a o 9 de novembro celebrarase a campaña Tapeando con Acisa. Trátase dunha nova iniciativa ideada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para o sector hostaleiro na que se darán cita 16 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións durante 5 días.  

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “cada establecemento ofrecerá todos os días unha tapa especial. As tapas terán un prezo que oscilará entre 1 e 3 euros, cada local fixou o seu prezo. Nos dípticos, que desde hoxe están nos bares, mesóns e restaurantes participantes, a clientela poderá atopar todos os datos das tapas que se van ofertar, os nomes das tapas, horarios de servizo e se ai opción de levar para casa. A campaña estará a nosa web e nas redes socias”.

Francisco Iriarte, presidente de Acisa,...

leer más
Etiquetas:
16/07/2021

Ribadeo prepárase para acoller este domingo, día 18, o día do produto local cunha mañá chea de actividades na contorna da Praza de Abastos. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “arredor das 11.30 terá lugar a presentación da estratexia participativa EO Alimenta, patrocinada pola fundación Daniel&NinaCarasso, coordinada pola Universidade de Santiago e que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e doutros da contorna. Preténdese con esta  estratexia, chegar entre todas as persoas participantes a unha maior autonomía alimentaria a ambas beiras do Eo. As persoas produtoras locais, protagonistas desta estratexia, farán ademais unha mostra dos seus produtos e ofrecerán unha degustación ás persoas asistentes ao mercado”.

O edil ribadense dixo que “unha vez rematado ese acto Borja...

leer más
Etiquetas:
31/03/2021

Do 1 ao 3 de abril celebrarase en Foz a 17ª Ruta das Tapas, que este ano se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA. 

O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos a unha nova edición da clásica Ruta das Tapas de Foz, que será diferente debido á situación sanitaria que estamos a vivir. O ano pasado non puido celebrarse, pero neste 2021 son un total de 17 locais, socios e non socios de AciaFozCCA, os que ofrecerán as súas propostas gastronómicas en miniatura desde o xoves ata o sábado”. 

Os participantes son: A Cancela, Cafetería Llas, Centro Social Cangas, Costumes do Mar, O Paseo, O Taco, Rincón do Mis, San Miguel, Teleclub Vilaronte, Restaurante Dandy, Bar 78, Tangarte, Mayros, Xoyma, Anduriña e A Rambla. 

... leer más
Etiquetas:
12/01/2021

Seis establecimientos hosteleros de Burela (Hotel Nordés, A Parrillada de Jandro, Cervercería Kilo, O Traste, Contraste y Boasmigas) organizan una ruta de tapas todos los jueves de este mes de enero, que son los días 7, 14, 21 y 28.

En esta iniciativa, denominada Juernes de Tapas en Burela, además de ofrecer cada local dos tapas especiales diferentes cada día los clientes participantes en la ruta optan a premios mensuales.

 

Etiquetas:
07/01/2021

A ruta de tapas de San Ciprián, denominada Sanci Tapeando, desenvólvese os xoves 7, 14, 21 e 28 de xaneiro en sete establecementos hostaleiros. Para esta iniciativa contan coa colaboración do Concello de Cervo.

Os locais participantes nesta actividade gastronómica son: Café Bar O Faro, Mesón A Bodega, Cervecería O Encontro, Café Bar Maruxaina, Pizzería O Trasgo, Cervecería Las Titas e Terraza O Noso Lar.

O prezo de cada tapa é de 2 euros e hai dous premios en vales para gastar nos locais participantes: un de 180 euros e outro de 100 euros.

 

Etiquetas:
21/11/2019

En Mar ao norde, Álvaro Cunqueiro, mindoniense universal escribiu: «Este é o punto exacto», onde se para «cristalina a roda da noite». E así é Mondoñedo, o «puntoexacto» que escribiu Cunqueiro, ese punto no que se xuntan tradición e modernidade, gastronomía e patrimonio histórico, natureza e cultura. O Concello de Mondoñedo, presidido por ElenaCandia, mantén un esforzo continuado por dar a coñecer todo o que ofrece esta pequena e fermosa cidade episcopal. Nese camiño, hai iniciativas que, sen dúbida, resultarán atractivas para os visitantes, cuxo número aumenta ano a ano. Desde o Concello, presidido por ElenaCandia, destácase o traballo que realizan tanto a asociación ACIAM como os hostaleiros de Mondoñedo no desenvolvemento de iniciativas que dan a coñecer á cidade.

Mondoñedo é, sen dúbida, «un ayuntamiento que conjuga en perfecto...

leer más
Etiquetas:
18/11/2019

O Concello mindoniense, presidido por Elena Candia, desenvolve distintas liñas de traballo para a promoción turística e comercial do municipio. Un dos produtos emblemáticos do agro de Mondoñedo e a súa contorna é a faba verdina. Por iniciativa do Concello en colaboración coa asociación de produtores, a próxima fin de semana (días 22, 23 e 24), trece establecementos de hostalería da cidade episcopal ofrecerán aos seus clientes tapas nas que será protagonista a faba verdina.

Os establecementos que participarán nesta iniciativa son os seguintes: Valeco, Amencer, Padornelo, Pasatempo, Rincón, Porriño, A Vinoteca de Segundo, Bar Castro, A Tasca, O Petisco, Taberna Galiana, A Bodeguiña e O Palique. Cada establecemento recibirá cinco quilos de fabas, aportados polo Concello e a Asociación de Produtores de Faba Verdina. 

...

leer más