Teatro

Etiquetas:
19/05/2022

O grupo teatral O Centiño de San Martiño, de Foz, estrea a obra A morte morrida. A representación terá lugar o 29 de maio ás 19:00 horas no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.

A obra aborda o tema da xubilación e da morte para crear unha mestura que podería semellar macabra pero que remata sendo divertida. Conta a historia de Crispín quen ven de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a súa muller Benilde e o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.

 

Etiquetas:
19/05/2022

Chega a Burela "O Xardín de Vila Gris", unha obra de teatro para o público familiar. O vindeiro sábado, 21 de maio, ás seis da tarde no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de 2,5 euros. 

O Xardín de Vila Gris e unha obra que combina o traballo actoral  e  a manipulación de obxectos e siluetas  con  cancións ao vivo e música orixinal.  

Ao longo da peza, os máis pequenos irán descubrindo, da man do noso tenro personaxe Martín,  a maxia da natureza e  o amor por ela . 

E como “non hai historia sen vilán”, neste caso, D. Nefasto Funesto encarnará a cobiza e a a falta de empatía co mundo que nos rodea 

MANUEL POMBAL (traxectoria profesional)
Manuel Pombal, actor e creador do Xardín de Vila Gris posúe unha longa traxectoria de máis de trinta anos como...

leer más
Etiquetas:
18/05/2022

A Formiga Producións Teatrais chega o domingo, 22 de maio, a Ribadeo con Alén, unha comedia negra sobre a negra morte. Está protagonizada por Silvia Lorenzo e Daniel Celester e dirixida por Gustavo del Río. Será a partires das 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. 

A Formiga presenta o seu primeiro espectáculo profesional; unha comedia negra de creación colectiva sobre o tema negro por excelencia, a morte, e cuxo nome nos remite non só o máis alá dos espíritos e da Santa Compaña, senón tamén ao dos vivos, ao dos que quedan na Terra. Alén é, por tanto, tamén aquí. Unha visión holística do deceso e de como este, paradoxicamente, afecta a todos os campos da vida. Aínda que se cadra a nós dun xeito algo diferente. Despois de todo, Galicia sempre tivo unha relación moi próxima coa morte, non si...?

 

12/05/2022

O Domingo 15 de Maio ás 19:00 horas dentro do programa de dinamización lingüística #FalaRedes será representado na Casa da Cultura de Burela "Tras os vieiros de Florencio", espectáculo da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e máis a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. 

Esta peza de teatro de obxectos dirixida preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que él lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o "Archivo de la Palabra". Os textos desta entrevista mestúranse en "Tras os vieiros de Florencio" cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista....

leer más
11/05/2022

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle dúas representacións teatrais esta semana: venres 13 e sábado 14 de maio. Serán ás 20:30 horas

O venres 13 Náufratos teatro presenta Karelu, incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes. É unha representación de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 70 minutos. Os autores son Ismael G. Candal e Gustavo del Río, que tamén é o director. Os actores son Denis Gómez e Santi Cuquejo.

Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

E o sábado 14 Condetrespés en coprodución co Centro Dramático Galego presenta Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. É unha obra de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 90 minutos. O director é Lois Blanco e o elenco artístico está...

leer más
Etiquetas:
03/05/2022

Este sábado, 7 de maio, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, Deste Xeito Producións porá en escena a obra Feminíssimas. A representación dará comezo ás 20:30 horas.

A historia discorre nun congreso feminista na cidade de Vigo onde se atopan tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven e que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo. A peza presenta altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza, dende a comedia, de que maneira as mulleres conviven neste novo mundo feminista. Baixo a dirección de Xavier Castiñeira e dramaturxia de Esther Carrodeguas, o elenco está composto por Stephy Llaryora, Esther Carrodeguas e Noelia Blanco.

 

Etiquetas:
03/05/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. 

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.

Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
03/05/2022

Será este venres, 6 de maio, ás nove da noite no auditorio municipal. O prezo das entradas, que están á venda en ataquilla.com é de 9 euros. 

SINOPSE:
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.

Etiquetas:
27/04/2022

Teatro do Atlántico representa este sábado, 30 de abril, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, a obra Libre coma os paxaros. A función dará comezo ás 20:30 horas.

Trátase dunha adaptación de Xulio Lago, quen dirixe a obra, de textos de Rosalía de Castro engarzados con outros materiais que contextualizan unha vía pola que transita o pensamento da nosa autora, ademais do seu compromiso diante dos acontecementos e conflitos protagonistas na sociedade do seu tempo e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian. Unha muller, interpretada por María Barcala, toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade, declara o seu amor pola literatura e lingua do seu país e a súa admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e denuncia o espolio do patrimonio forestal e a traxedia da emigración. 

 

Etiquetas:
21/04/2022

O Concello de Ribadeo organiza o concerto José Suárez. Suite para unha vida que se celebrará este sábado, 23 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval. O prezo da entrada é de 5 euros e 3€ a reducida.

Este proxecto nace coa idea de homenaxear a vida e a obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente. José Suárez é un fotógrafo singular dentro da fotografía histórica galega e as súas imaxes teñen unhas características moi definidas que lle dan un claro carácter de autor.

A obra consiste nun concerto de música orixinal escrita para guitarra eléctrica, arpa e teclado, e mentres é executado realízase unha vídeo creación en vivo con fotografía orixinal dixitalizada así como fragmentos de 8mm tamén dixitalizados para a ocasión. Conta coa dirección artística do músico Rafael...

leer más