Teatro

15/12/2020

No salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro este sábado, día 19 de decembro, ás 19:00 horas o grupo de teatro da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais, representará a obra “O aeroporto da Valiña”.

É unha obra do autor Javier González González enmarcada no xénero da comedia física e satírica, unha representación en clave de humor para todos os públicos.

O aforo do salón de actos está limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e os que queiran poden reservar o seu sitio chamando ao 982.57.15.16.

Esta actividade está dentro do programa Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

09/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 12 de decembro, a actuación de Sarabela Teatro que porá en escena Crónicas do Paraíso. A representación dará comezo ás 20:30 horas.

A historia conta como unha carroza, cargada de maletas, está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza, a un sochantre asustado. Queren que toque todas as exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición. Nestas historias xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais.

Trátase dunha adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro, de Goncalo Guerreiro que tamén dirixe a obra. O...

leer más
Etiquetas:
01/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a actuación de Pinocús Teatro, o vindeiro sábado, 5 de decembro, ás 18:00 horas.

Conta a historia dun día calquera na estación de tren de Aquimesmo, onde unha billeteira ven e vai, un viaxeiro está decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo, outro viaxeiro non sabe moi ben a onde ir e unha viaxeira quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.

A obra é escrita e dirixida por José Campanari, e o elenco está composto por Ana Carreira, Carlos Rebolo, Carlos Coria e Marga Portomeñe.

A entrada será de balde e a reserva debe facerse no teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es

... leer más
Etiquetas:
27/11/2020

O grupo teatral A Mariña presentará en Ribadeo A maxia dos sentimentos. Será o domingo, 29 de novembro, no Teatro. A obra está destinada ao público infantil. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “a través do ciclo de teatro afeccionado As táboas da emoción, organizado pola Deputación de Lugo, está previsto que actúen en Ribadeo o grupo  Os Palimoquiños  e o que leva o nome da comarca, A Mariña”.

A edil dixo que “A Mariña presenta destinada a público infantil a función de 45’ de duración A maxia dos sentimentos, dirixida por María José Nóvoa.O grupo teatral A Mariña xurde en 2015 co fin de promover o desenvolvemento de actividades culturais que contribúan a mellorar a calidade de vida de persoas con enfermidade mental. Ata o de agora, as obras representadas foron O cazo de Sabela, A marabillosa mente de...

leer más
27/11/2020

A Concellería de Cultura programa a representación a cargo de Chévere Teatro de As fillas bravas e o mito de Casandra. A función terá lugar no Auditorio Municipal este sábado, 28 de novembro, ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 4 euros.

A obra ía ser presentada inicialmente no pasado mes de maio pero foi adiado debido á crise do covid-19. Con este novo espectáculo Chévere Treatro busca concienciar á poboación sobre o impacto do cambio climático e artellou esta peza que expresa con contundencia a preocupación polo planeta destas tres mulleres de aldea.

As Fillas Bravas son tres pandereteiras do lugar de Momán, no concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados. Usan as fontes do teatro grego e da música tradicional galega como ferramentas para a súa singular conversa cantada....

leer más
Etiquetas:
24/11/2020

Un bono apoiará a afluencia de público ás obras de entrada máis cara da programación cultural de Ribadeo do vindeiro mes de decembro. A concelleira Pilar Otero subliñou que “en concreto, serán dúas funcións, as dúas concibidas para que vaia ao auditorio municipal toda a familia. Unha de danza, aproveitando a afección que crea a alta matrícula na área de Danza da Escola de Música, e outra de circo. As persoas que compren entradas para os dous espectáculos verán reducido o importe nun 20%”.

A edil de Cultura sinalou que “Mucab Dans, compañía catalá que nace entre Barcelona e Girona presenta Bowling na ponte de decembro, concretamente o día 5, sábado. Trátase dun espectáculo visual, poético e innovador, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía nos convidan a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo. Pola súa banda, a compañía...

leer más
12/11/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 14 de novembro, a representación da obra O mozo da última fila, a cargo de Redrum Teatro. A función dará comezo ás 20:30 horas.

Trátase dunha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Conta a historia de Claudio, un estudante de Secundaria que senta na última fila, que non fala, non participa, non é problemático e non destaca salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que o profesor de Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso...

leer más
Etiquetas:
11/11/2020

O Concello de O Vicedo programa a representación da obra infantil "O vixilante dos soños", a cargo de Ubú Teatro. A función terá lugar este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura a partires das 16:45 horas, con entrada gratuíta.

Debido á normativa do covid, só poderán asistir un máximo de 60 persoas.

Colabora con esta actividade: Área de Cultura da Deputación de Lugo e o grupo Ubú Teatro.

 

Etiquetas:
10/11/2020

Continúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en escena este venres ás 20.30 na Sala Bahía a obra Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “é unha obra que retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca; e Víctor, un supervisor de supermercado”.

Con esta obra o Concello de Foz sigue co programa Foz fai Cultura, que busca, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, seguir achegando a cultura de forma segura.

O prezo desta actividade será de 5 euros. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número...

leer más
09/11/2020

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o 13 de novembro, venres, ás 20:00 horas a representación da obra de teatro familiar Rosalía, unha produción de Culturactiva. 

É unha hora de teatro para toda a familia na que os asistente poderán gozar do retrato da vida infantil da escritora Rosalía de Castro no momento en que ten que trasladarse desde a aldea á cidade. A obra ofrece unha imaxe da poetisa galega afastada do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras.

O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.