Teatro

24/06/2021

Dez compañías actuarán dentro do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola Vicepresidencia da Deputación en colaboración con concellos e asociacións.Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pínconús Teatro baixo da area e A compañía solitaria do Dr. Monifate xirarán polas comarcas da provincia con montaxes para distintos públicos. 

A programación ponse en marcha coa mesma fórmula que o ano pasado para facilitar que concellos e asociacións teñan marxe para cambios ou aprazamentos de datas, en función da situación sanitaria. 

Na presentacion do circuíto, acompañada por integrantes de Ubú Teatro, Pínconús e Ítaca Teatro, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que coa organización deste ciclo se “mantén o apoio á rede de...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

A axenda cultural desta fin de semana en Ribadeo inclúe música e teatro. 

Este sábado, 26 de xuño, proxectarase unha película de Alejandro  Gándara e Olaia Tubío, Una viaxe tralas voces do cancioneiro. O gaiteiro e pandereteiro da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo Xacobo Ares puxo en marcha este proxecto, chamado Tecedeira, tecendo a tradición, que recoñece o traballo da musicóloga Dorothé Shubarth así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d´Os Montes de Lugo. A actividade terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas con entrada de balde, aforo limitado e medidas covid. Ao remate da proxección haberá unha charla-coloquio coas directoras.

... leer más
Etiquetas:
10/06/2021

O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos, de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos”, de Guillermo Cancelo.

A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os...

leer más
Etiquetas:
07/06/2021

O venres, 11 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, o espectáculo de Carmen Conde “A Aldea das Mulleres” presentado por Tarabela Creativa.

A “Aldea das Mulleres” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que transcorre ao tempo que debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns", constrúe a aldea das mulleres con relatos das súas habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como único alimento para roer en tempos da fame. Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público...

leer más
Etiquetas:
03/06/2021

Este venres, 4 de xuño, ás 20:30 horas nos Cines de Ribadeo proxectarase a película Nación. O prezo da entrada é de 6 euros.

É unha película dirixida por Margarita Ledo Andión, que recibiu o Premio do Festival de Cine de Sevilla á Mellor Dirección, e que conta a historia da loita sindical das mulleres da fábrica A Pontesa.

E o domingo, 6 de xuño, o grupo Chévere Teatro porá en escena a obra As fillas bravas e o mito de Casandra. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:30 horas.

 

Etiquetas:
18/05/2021

O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.

Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
15/05/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.

En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.

O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.

 

Etiquetas:
10/05/2021

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.

Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.

Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

Etiquetas:
05/05/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.

 

Etiquetas:
28/04/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 2 de maio, a actuación de Talía Teatro que chega con Vida de cans. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 4 euros e 3€ para estudantes, desempregad@s e xubilad@s.

Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo nunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos representada por un dálmata novo e ben educado, un vello e sabio setter e un cruce fillo da diversidade.