Foz
O Concello de Foz, a través da Concellería de Sanidade, organiza durante o mes de novembro un novo ciclo de charlas médicas, unha iniciativa que ten como obxectivo achegar á veciñanza información de interese sobre diferentes cuestións relacionadas coa saúde, o benestar físico e emocional e a prevención, anuncia a concelleira de Sanidade de Foz, Kathy Navarro.
As charlas terán lugar na Casa da Cultura de Foz ás 20:00 horas e contarán coa participación de profesionais e especialistas que compartirán os seus coñecementos e experiencias sobre temas de actualidade.
A primeira cita será o mércores 4 de novembro, coa charla titulada As emocións e a aceptación tras a perda dun ser querido, que será impartida por Sonia Arias López, autora da curtametraxe Mudanza. “Esta produción foi recoñecida con...
leer másEste sábado, 24 de outubro, elixirase a raíña ou rei do Entroido 2027 de Foz nun acto que se celebrará na Sala Bahía ás 20.00 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o evento iniciarase co monólogo de Marcos Pereiro, coñecido polo seu papel de Nucha (das pandeireiteiras de Ardebullo) e por outros moitos no mundo cultural galego. A continuación coñeceremos as candidaturas presentadas a esta elección que nos contarán porque queren ser a maior representación do noso Entroido e despois da votación coñecerase quen será a raíña ou rei do Entroido 2027. Por suposto, contaremos con música, da orquestra Dinastía e Dj”.
“Agardamos que as veciñas e veciños nos acompañen neste evento tan especial no que se escolle a quen representará nos vindeiros meses ao Entroido de Foz, unha das festas máis...
leer másEste sábado, día 24 de outubro, o hotel Leytón, de Foz, acollerá ás 14:00 horas unha comida baile a beneficio da loita contra o cancro, que contará tamén cun sorteo de agasallos.
A organización deste evento explica que a entrada custa 40 euros, dos cales 15 euros se destinan á doazón.
As reservas poden realizarse ata este xoves, 22 de outubro, no propio hotel ou no teléfono 646.545.388.
Os días 23 e 24 de outubro, venres e sábado, celebrarase en Foz unha nova edición da Oktober Fest, que organiza AciaFozCCA. Na cita participarán dez locais hostaleiros: A Farola, A Funcional, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Leytón, Dandy, Happy Days, Marexada, Namarinos e O Muelle Bar.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 23 e 24 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a hostalería local e darlle a benvida ao frío, que acaba de chegar, e tamén ao outono”.
A Oktober Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA e...
leer másO Concello de Foz preparou para este outono unha programación cultural que ocupa todas as fins de semana dos meses de outubro e novembro. Está centrada no teatro e no cine.
“A finalización do verán non foi un punto e a parte para a nosa programación, foi un punto e seguido. Cambiamos os espazos exteriores polos interiores e houbo unha moi boa aceptación do público do programa de teatro afeccionado, que se levou a cabo por Pico do Castro e Fegatea, e o novo ciclo Domingos de cine en Foz, que organiza o concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Academia Galega do Audiovisual”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “outubro comezou co mellor teatro galego, coa obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, e continuamos este venres 9 ás 20.30 horas na Sala Bahía con As Gardiás...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 4 de outubro, domingo, a ruta Camiño Vello de Aldosende, no municipio lucense de Paradela. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 60 euros para socios federados, 65 euros para socios non federados e 70 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata este domingo, 27 de setembro, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A FCAM (A Mariña Federación) organiza este xoves, 24 de setembro, unha mesa redonda para facer balance turístico do verán. O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no Cenima, en Foz.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “queremos pulsar a opinión de persoas e de empresas que están a pé de rúa en contacto cos milleiros de turistas que ano tras ano pasan por esta comarca durante o verán e entre todos facer unha reflexión. Esta será a segunda edición desta mesa redonda na que faremos balance do verán que despedimos hoxe”.
Cruzado Iglesias indica tamén que “é importante saber o que pensa o sector do que está a acontecer na Mariña, onde cada vez recibimos máis visitantes. Somos refuxio climático e iso vai a máis. Hai moitas preguntas no aire ¿estamos preparados? ¿hai que poñerlle freo dalgún xeito? ¿que impacto...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora un ano máis co proxecto de intercambio cultural a través do teatro Camiño Escena Norte, que programa representacións de 18 compañías de Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi, Nafarroa e La Rioja polo norte peninsular. O apoio da área de Cultura ao proxecto trae este ciclo teatral, titulado Itinerario Constelacións, a escenarios lucenses. A Sala Bahía, de Foz, e o Auditorio Hernán Naval de Ribadeo acollerán cadansúa representación os días 26 de setembro e 25 de outubro respectivamente.
Nueve Lunas Teatro, da Rioxa, levará a Foz a obra Juana I de Castilla, unha peza que aborda con humor, música e ironía a violencia sufrida polas mulleres e a saúde mental. E Ribadeo acollerá dúas función do espectáculo de ilusionismo inmersivo titulado 3 elementos da...
leer másFoz acollerá este sábado, día 19 de setembro, a última cita de XOGAL 2026, o ciclo de escape rooms ao aire libre que percorreu este verán dez concellos galegos. Baixo o título Coñece Foz a través dos seus murais, a proposta “converterá o paseo marítimo nun gran taboleiro de xogo no que as persoas participantes descubrirán os murais, as esculturas e a memoria mariñeira do municipio mentres resolven enigmas e superan retos. A actividade arrancará ás 11:00 horas no mural Rente ao Mar”, explica a organización deste evento, que engade que “o fío condutor da aventura son as propias figuras do paseo: as que levan anos contando quen é Foz quedaron sen voz, e os equipos deberán devolverlla da man de Kei, a mascota que guía todos os circuítos de XOGAL. O percorrido é circular, de preto de 2,4 quilómetros e trece probas”.
Tamén indican que “...
leer másDentro do ciclo de cinema galego Mestre Mateo 2026 serán proxectadas na Casa da Cultura de Foz catro curtas de animación galegas: Lucus, Nuno, O corpo de Cristo e O mesmo. Será este domingo, día 13 de setembro, desde as 18:30 horas.
Anúnciao o Concello de Foz: “este domingo temos unha nova cita co cinema galego cunha sesión dedicada ás curtametraxes de animación. Unha nova oportunidade para achegarnos e desfrutar do talento do noso audiovisual”.












